Prazo de matrícula aberto do 20 ao 30 de xuño

Está aberto o prazo de matrícula desde o 20 ao 30 de xuño de 2023. Este prazo de matrícula vai dirixido EXCLUSIVAMENTE a aquel alumnado que xa está admitido, especialmente a aquel alumnado nacido en 2020 e que entra no 4º curso de Educación Infantil.

Deben pasar pola oficina administrativa do Edificio de Rampa de Sas (en horario de 9 h a 14 h) para presentar a documentación pertinente. 

Se non se formaliza a matrícula no período indicado non se pode garantir o dereito de praza e quedaría pendente de que non houbera outras instancias que optasen a ditas prazas. 

Remate prazo Fondo Libros e datas de publicación da resolución

Lembramos que o prazo para solicitude de axudas para material e para libros de préstamo do Fondo de Libros remata o 21 de xuño. Non é prorrogable.

A listaxe provisional de axudas será publicada o 5 de xullo nos taboleiros interiores do edificio de Rampa de Sas e na sede electrónica (consultable con certificados dixitais e chave 365). Tamén podedes chamar ao colexio no número 988 78 30 60

O período de reclamación a estas listas será os días 6 e 7 de xullo.

A listaxe definitiva e entrega de vales será a partir da semana do 10 de xullo.

Fondo Solidario de Libros e Axudas para Material 2023-24

Ábrese o prazo desde o 20 de maio ao 21 de xuño para solicitar a participación no Fondo Solidario de Libros e nas Axudas para adquirir libros de texto e material escolar. 

As axudas para material escolar son para os cursos 1º a 6º de Primaria.

As axudas para compra de libros son para os cursos de 1º e 2º de Primaria.

A solicitude de préstamo de libros é para os cursos 3º, 4º, 5º e 6º. 

Consulta completa no DOG de 19 de maio de 2023

Pódese participar desde www.edu.xunta.gal/fondolibros, na sede electrónica ou ben cubrindo e entregando a solicitude nas oficinas administrativas en Rampa de Sas (horario de 9 h. a 14 h.) 

CENTRO DE REFERENCIA DIGICRAFT

Hai uns anos que os nosos profesores, Jorge e Miguel, puxeron en marcha nas súas aulas un programa educativo chamado Digicraft que ten como obxectivo formar a nenas e nenos nas competencias dixitais. Grazas a isto somos Centro de Referencia Digicraft.

Cada ano vanse sumando novos mestres a esta iniciativa e esperamos que aos poucos chegue a máis alumnado.

Onte viñeron ao cole para entrevistarnos e coñecer a nosa valoración acerca das actividades que realizamos e en xeral, foi moi positiva.

Grazas Ana pola túa visita!

Excursión 6º de Primaria 2023

Os alumnos e alumnas de 6º marchamos de excursión na vindeira primavera. Queremos agradecer a colaboración de todos que mercachedes as nosas rifas. 

Lembrade!

O sorteo será o 16 de decembro de 2023

O agraciado/a deberá presentar a rifa premiada nunha oficina de Halcón Viajes

Poderá disfrutar do premio en calquera data (temporada baixa) do ano 2024. 

Información para alumnado de 6º Primaria

O I.E.S. "O Couto" informa de que todo o alumnado do CEIP "O Couto" que solicitou reserva de praza no período indicado para iso, nos meses de xaneiro e febreiro, ten garantida esta praza para o curso 2023-24.

Lémbrase que todo o alumnado que supere a etapa de Educación Primaria ten que facer a matrícula correspondente nos Centros de Educación Secundaria no mes de xuño de 2023.

Aquel alumnado que non reservou praza no IES O Couto, ten que solicitar praza noutro centro entre o 1 de marzo e o 20 de marzo. 

Xornada de portas abertas - 15 de febreiro

O vindeiro mércores 15 de febreiro teremos a Xornada de Portas Abertas no noso centro. Convidámosvos a que coñezades a nosa oferta, as nosas instalacións, a nosa metodoloxía...

No edificio de Rampa de Sas ás 17 horas

Felices Festas!

Resultados eleccións Consello Escolar

A Xunta Electoral reuniuse o 30 de novembro para revisar as actas dos escrutinios e aprobar os seus resultados.

Polo sector do profesorado había 2 vacantes que cubrir e os candidatos con máis votos foron: Inés Losada Alonso e Aránzazu Rodríguez Blanco.

Polo sector de nais/pais/titores legais había 3 vacantes que cubrir e as candidatas seleccionadas foron (por orde de votos): Patricia Suárez Rodicio, Esmeralda Vázquez Deus e Lourdes Díaz Díaz.

A representante da ANPA, Chiara María Lazzaretto confirmou a súa continuidade no Consello, ao igual que a representante do Concello, Delfina Lage Fernández.

A Xunta Electoral dá traslado das copias das actas á Xefatura Territorial da Consellería en Ourense.

Nos vindeiros días, a dirección do centro convocará a todo o Consello Escolar para a pertinente reunión de constitución. 

A acta completa da reunión está aquí adxunta: 

Ampliación da axuda para adquisición de material escolar

As persoas que xa foron beneficiarias da axuda para adquirir material escolar por importe de 50 €, ao abeiro da Orde do 29 de abril de 2022, recibirán agora unha axuda adicional de 25 €

Os vales serán entregados ás familias a partir do martes 18 de outubro en horario de oficina en Rampa de Sas (de 9h a 14h). Este vale debe ser utilizado nas librerías preferentemente antes do 1 de decembro de 2022.

Máis info no DOGA do 14 de outubro de 2022. 

Distribuir contido
Iniciar sesión: Acceso

Profesorado

Pais/Nais

  

Álbum de Fotos

Calendario Escolar

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Blog de Ed.Física

Eventos

« Agosto 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728293031