Admisión Alumnado
Listaxe definitiva de admitidos para o curso 2024-25
Enviado por admin o 14 Maio, 2024 - 23:11Anunciamos a publicación das listaxes DEFINITIVAS de admitidos no noso centro para o Curso 2024/2025.
Non hai modificacións respecto ás listaxes provisionais.
Lembramos que TODOS os admitidos teñen obrigatoriamente que FORMALIZAR a MATRÍCULA entre o 20 de xuño e o 1 de xullo.
O alumnado que xa estivo matriculado no curso 2023-24 NON ten que realizar matrícula. Permanece automáticamente no centro.
Listaxe Provisional de Admitidos 2024-25
Enviado por admin o 25 Abril, 2024 - 08:32Anunciamos a publicación das listaxes PROVISIONAIS de admitidos no noso centro para o Curso 2024/2025.
Debido á Lei Orgánica de Protección de Datos as listaxes so se poden consultar nos taboleiros interiores do Centro, ou ben chamando ao noso teléfono (988 - 783060 ) indicando o DNI dalgún dos proxenitores e o número que aparece na fotocopia da instancia no rexistro de entrada.
Tamén é posible consultar as listaxes na propia aplicación da Consellería:
https://edu.xunta.es/admisionalumnado/
Se as familias dispoñen de Certificado Dixital, DNI electrónico ou Chave365 poden acceder a todos os datos da súa solicitude.
Anuncio de apertura de prazo para a presentación da documentación xustificativa dos criterios do baremo (do 2 de abril ao 15 de abril)
Enviado por admin o 22 Marzo, 2024 - 09:39Dada a insuficiencia de postos escolares dispoñibles para as solicitudes de admisión presentadas en 2º, 3º, 4º, 5º e 6º de Primaria para o curso 2024/2025 e de conformidade co disposto no artigo 30.2 da Orde de 21 de outubro de 2022, ábrese un prazo de 10 días hábiles para a presentación, de forma presencial, da documentación xustificativa dos criterios de baremo alegados para realizar a valoración e establecer a orde de prelación das solicitudes que se relacionan. Así mesmo, está publicado no taboleiro do centro o número aleatorio que lle corresponde a cada solicitude para poder aplicar, de ser o caso, o criterio de desempate regulado no artigo 34.2 da devandita Orde.
DEBE PRESENTAR A DOCUMENTACIÓN DO 2 DE ABRIL AO 15 DE ABRIL DE 9:00 A 14:00 NA SECRETARÍA DO CENTRO ÚNICAMENTE O ALUMNADO QUE SOLICITA ADMISIÓN NOS SEGUINTES CURSOS:
5º PRIMARIA
Fin de prazo de admisión
Enviado por admin o 21 Marzo, 2024 - 12:15Rematado o prazo de admisión para o curso 2024-25 informamos que nos cursos onde tiñamos vacantes non se superou o número de solicitudes e polo tanto non hai que baremar.
Nos cursos nos que non temos vacantes pero SI solicitudes, temos que baremar igualmente, según marca a normativa. Porémonos en contacto coas familias correspondentes.
As listaxes provisionais sairán publicadas o 25 de abril. Nese momento tamén confirmaremos se o alumnado de 3 anos terá praza en Greco ou Rampa de Sas segundo as súas preferencias.
Despois das listaxes provisionais haberá un período de reclamación e posteriormente en maio serán publicadas as listaxes definitivas.
Proceso de Admisión de Alumnado para o curso 2024-25
Enviado por admin o 28 Febreiro, 2024 - 21:33Entre os días 1 e 20 de marzo estará aberto o prazo de admisión nos centros escolares para o vindeiro curso 2024/25
Este procedemento vai dirixido a todo o alumnado que entra por primeira vez no sistema educativo, así como os de Infantil, Primaria, ESO e de Bacharelato que desexan cambiar de centro escolar, sempre que haxa prazas dispoñibles
Os trámites poden realizarse vía telemática na aplicación informática:https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado
*VACANTES NO CEIP "O COUTO" CURSO 2024/2025
*Vacantes provisionais a febreiro de 2024
Cursos |
Unidades |
Postos escolares |
Vacantes ofertadas |
NEEAE |
4º Infantil |
2 |
40 |
40 |
6 |
5º Infantil |
2 |
50 |
8 |
0 |
6º Infantil |
2 |
50 |
9 |
0 |
1º Primaria |
2 |
50 |
16 |
6 |
2º Primaria |
2 |
50 |
0 |
0 |
3º Primaria |
2 |
50 |
0 |
0 |
4º Primaria |
2 |
50 |
0 |
0 |
5º Primaria |
2 |
50 |
0 |
0 |
6º Primaria |
2 |
50 |
0 |
0 |
CALENDARIO ADMISIÓN CURSO 2024/2025
Normativa Básica:
Decreto 13/2022, do 3 de febreiro
Orde do 21 de outubro de 2022 pola que se desenvolve o decreto 13/2022
Prazos:
Do 1 ao 20 de marzo de 2024, ambos incluídos.
Modos de presentación da solicitude
A solicitude pode presentarse de 3 maneiras
a) Cubrindo o modelo Anexo II - ED550B, que podes descargar ou cubrir no centro en horario de 9h a 14h
b) Entrando na aplicación, https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado, cubrir a instancia e presentar copia e documentos no centro, en horario de 9h a 14h
c) Entrando na aplicación, https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado e acceder con Certificado Dixital, Chave365 ou calquera outro medio de acreditación. Neste caso non hai que acudir ao centro, salvo para correxir erros.
Documentación que se debe presentar
Máis información en-> Sede Electrónica - Procedemento ED550B
1- Solicitude - Anexo II e II bis --> Modelo de solicitude de admisión
2- Fotocopia do DNI do solicitante e dos membros computables da unidade familiar (só cando estes deneguen a súa consulta)
3.- Fotocopia do Libro de familia
4.- Certificado de empadronamento para comprobar a unidade familiar.
5- Certificado de matrícula expedido polo centro no que cursa estudos actualmente.
6- Convenio regulador ou resolución xudicial de separación xudicial ou divorcio, onde conste a custodia do menor, se é o caso.
Outras informacións:
O IPREM en 2024 non está actualizado ata que se aproben os orzamentos do Estado. De momento mantense como en 2023: 20€/día ou ben 600€/mes
Máis info en iprem.com.es
DESEMPATE :
En caso de empate nunha baremación terase en conta a seguinte resolución do 27 de febreiro de 2024:
Criterio complementario:
1 punto por ter algún irmán no CEIP O Couto. (Aprobado en Consello Escolar en marzo de 2013).
Acreditarase presentado orixinal e copia (de todas as páxinas escritas) do libro de familia.
Calendario:
Do 27 de marzo ao 6 de abril de 2024, ambos inclusive (sempre que a demanda supere a oferta de prazas):
O 25 de marzo, nesta mesma páxina, indicaranse aqueles cursos nos que se superou a demanda.
As persoas que reciban o aviso de tal circunstancia, poderán achegar, voluntariamente, a documentación acreditativa dos criterios de baremo que indicaron na solicitude de admisión (nos casos de renda, domicilio fiscal, familia numerosa ou discapacidade recoñecida pola Xunta de Galicia, só cando deneguen a súa consulta).
Antes do 25 de abril de 2024:
Publicarase no taboleiro de anuncios e nesta páxina web a resolución provisional do alumnado admitido e non admitido (as persoas interesadas no procedemento poderán consultar na secretaría do centro as puntuacións desagregadas dos criterios de baremo).
A resolución provisional poderá recorrerse perante o Consello Escolar no prazo de 5 días hábiles contados dende o día seguinte á publicación da resolución provisional
Antes do 15 de maio de 2024:
Publicarase no taboleiro de anuncios e nesta páxina web a resolución definitiva do alumnado admitido e non admitido .
Contra a resolución definitiva poderase interpór recurso de alzada ante o/a Xefe/a Territorial da Consellería de Cultura, Educación e Universidade de Ourense, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación.
Importante:
Cada alumno/a só pode presentar unha única solicitude no centro no que solicite praza en primeiro lugar. O incumprimento desta norma implicará a perda dos dereitos de prioridade que poidan corresponderlle.
O alumnado, matriculado noutro centro no curso 2023-24, e que presente solicitude de admisión neste CEIP O Couto, deberá comunicalo ao centro no que actualmente cursa estudos.
Área de influencia do centro:
Comprende a Estrada Madrid-Vigo dende o río Miño ata a altura da rúa da Menta, rúa da Menta, rúa das Meigas, camino do Lobishome, avda. de Portugal ata confluencia coa rúa Irmáns Xesta, rúa Irmáns Xesta, marxe esquerda do río Barbaña dende a rúa irmáns Xesta ata avenida de Prdo de Cela, avda. de Pardo de Cela ata a Ponte , avda. da Ribeira Sacra dende avda. Pardo de Cela ata confluencia coa estrada Madrid-Vigo. Todas as rúas interiores dentro deste límite.
Áreas limítrofes: as áreas de influencia do CEIP Vista Hermosa, CEIP Manuel Luis Acuña, CEIP As Mercedes, CEIP Curros Enríquez e CEIP A Ponte.
Servizos complementarios ofertados
Comedor e acollida temperá diarios ofertados e xestionados pola ANPA (anpacouto@yahoo.es)
Unha vez confirmada a admisión no noso centro,
o prazo de MATRÍCULA será:
do 20 de xuño ao 1 de xullo de 2024