Estimadas familias

Estimadas familias:

Como xa sabedes, a situación cambia cada instante, así como as novas instruccións, e as novas tomas de decisións en tódolos ámbitos da vida.

Desexamos con todo o noso corazón que estedes ben, que teñades moito ánimo para seguir día a día, e agradecemos os esforzos que estades a facer cos vosos nenos e nenas.

 Facedelles chegar un enorme abrazo de todos e todas nos.

Continuamos a utilizar os medios acordados segun titorias para o noso alumnado :páxina web, listas de difusión, plataformas dixitais.... para propor actividades para que os nenos e nenas fagan nestes dias, recordando sempre que nin son avaliables nin poden avanzar contidos tal e como figura na resolución do 12 de marzo de 2020 da Secretaría xeral técnica da conselleria de sanidade.

Estas propostas, entre outras ,teñen que ter en conta a realidade das familias, tanto en canto a posibilidade de achegamento as mesmas, como a realidade que cada familia esté a vivir nestes momentos tan difíciles.

 E sobre todo, serán actividades que aseguren a autonomía do alumnado e en ningún momento xeren desigualdades entre eles.

Nestes momentos as realidades son moi diferentes ,de tal maneira que as propostas que enviemos dende o centro serán para que as familias, en función da situacion de cada un, xestionen ditas actividades cos seus fillos e fillas da maneira que consideren mais adecuada en cada momento.

Dende o centro estamos a vosa enteira disposición, para calquera cousa, dúbida, que precisedes,

 a través do noso correo electrónico: ceip.couto @  edu.xunta.es 

e do noso número de teléfono :988703060.

Recordade as recomendacións para estes días,

 facer uso dos recursos que tedes na web

, e día a día faremos algunha proposta para os nosos nenos e nenas e como no ,tamén para todos.

 

Moito ánimo, un enorme abrazo

 

Recursos:

Hoxe, informamos da seguinte proposta do ministerio de educación:

 

El Ministerio de Educación y FP y RTVE lanzan 'Aprendemos en casa' para facilitar el aprendizaje de todo el alumnado durante la suspensión de clases presenciales

 

https://www.rtve.es/rtve/20200320/rtve-aprendemos-casa/2010489.shtml

 

Iniciar sesión: Acceso

Profesorado

Pais/Nais

  

Álbum de Fotos

Calendario Escolar

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Blog de Ed.Física

Eventos

« Outubro 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
28293031