AVALIACIÓN 2º TRIMESTRE

AVALIACION

Seguindo instrucións do 27 de marzo recibidas da Consellería de Educación,  dirixidas aos centros de ensino non universitario sobre a concreción de medidas a adoptar en relación coa avaliación do segundo trimestre, informamos ás familias do seguinte:

 

-   Procederase a avaliación do alumnado, correspondente a este segundo trimestre , tendo en conta que só se avalían os traballos realizados con anterioridade a situación do estado de alarma.

 

Tendo en conta a situación de carácter excepcional na cal estamos nestes momentos, os equipos docentes de cada curso xunto coa orientadora e equipo directivo, estableceron criterios de avaliación específicos en relación ao traballo realizado polo alumnado.

Todos nós, somos conscientes da situación dos nosos nenos e nenas, así como das familias, aos que queremos nesta avaliación dar un merecidísimo 10, por como están xestionando estes momentos, sodes uns campións nenos e nenas, este 10, vai por todos vos, que o tedes ben merecido. NORABOA!

 

  • As notas serán informadas ás familias a través da aplicación Abalar Mobil

No seguinte enlace, podedes descargar a aplicación Abalar , é importante que a teñades descargada para poder ver as notas o día 3 de Abril.

https://www.edu.xunta.es/espazoAbalar/sites/espazoAbalar/files/guia-mobil-familias-castellano.pdf

 

Calquera consulta ou dúbida, seguimos á vosa disposición:

Agradecemos polo seu interese, a difusión entre as familias de esta información ,na medida que vos sexa posible

Un saúdo e moito ánimo!

Iniciar sesión: Acceso

Profesorado

Pais/Nais

  

Álbum de Fotos

Calendario Escolar

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Blog de Ed.Física

Eventos

« Setembro 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
1
2345678
9101112131415
16171819202122
23242526272829
30