Vacacións

Hoxe, 3 de abril, dan comezo as vacacións.

Aínda que estamos nun momento especial, continuan sendo vacacións, e aproveitaremos para na medida do posible tomarnos un descanso.

Esperamos que todos, nenos, nenas e familias continuedes ben. É o noso maior desexo nestes momentos.

Ata o regreso das vacacións, non se subirán tarefas novas na web, e somentes se publicará algunha noticia que fose estritamente necesario pola súa relevancia.

Queremos mantervos informados de todo o referente á educación dos vosos fillos e fillas.

Deixemos a un lado as tarefas e demos paso, nestas vacacións a actividades en familia para poder desfrutar, entre todos , deses momentos de encontro que tan necesarios se fan nestes días. Pelis en familia, lecturas xuntos, música...

Recordade que na web tedes un sinfín de recursos para poder realizalas.

Non vos esquezades de achegarvos á nosa biblioteca, onde tedes un sinfín de propostas de lectura moi interesantes para todos os níveis.

Tamén dicirvos que se amplía o reto “Debuxa o teu arco da vella”  proposto dende a área de relixión.

E se gustades de ver algunha película nestes días, aquí vos deixamos algunhas propostas

 Cine:

https://www.youtube.com/playlist?list=PLNq2eaZvd5PsV1JBCbij0U6igns0HnXew

                                                             

ANIMOOOOOO    SOMOS UN EQUIPO ESTUPENDO!!!

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 https://youtu.be/Y5bX8ZVfEH8

Iniciar sesión: Acceso

Profesorado

Pais/Nais

  

Álbum de Fotos

Calendario Escolar

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Blog de Ed.Física

Eventos

« Outubro 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
28293031