REGRESO

Estimadas familias, queridos nenos e nenas, estamos de volta do período vacacional, esperamos que continuedes todos ben, e encantados de seguir xuntos de novo neste proceso.

A día de hoxe, estamos á espera de instrucións por parte da Consellería de Educación, referentes a este terceiro trimestre, para tomar decisións sobre como levar a cabo a nosa tarefa conxunta.

Ditas instrucións, que esperemos ter ao longo desta semana, definirán as tarefas a levar a cabo co noso alumnado.

Poremos toda a información a través de esta páxina Web.

Nestes momentos de incertidume, apelamos á calma, á comprensión e ao entendemento de todos nós, como foi até o de agora, asegurándonos así un bo camiño para continuar xuntos e seguir adiante.

Dende o centro, aunaremos esforzos, na medida das nosas posibilidades e medios, para procurar a igualdade entre todo o alumnado, facilitando, segundo as instrucións que nos sexan dadas, os recursos necesarios para que esa sexa posible.

Continuamos a vosa disposición no teléfono do centro en horario de 10:00h a 13:00h de luns a venres

Teléfono:  988783060

E na nosa dirección de correo electrónico:   ceip.couto@edu.xunta.es

Á espera de novas instrucións, seguimos cos recursos da nosa páxina web : enlaces de interese, biblioteca, actividades cursos...

Ánimo e gracias!

Iniciar sesión: Acceso

Profesorado

Pais/Nais

  

Álbum de Fotos

Calendario Escolar

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Blog de Ed.Física

Eventos

« Setembro 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
1
2345678
9101112131415
16171819202122
23242526272829
30