GRADUACIÓN DE INFANTIL E SEXTOS DE PRIMARIA
GRADUACIÓNS DE INFANTIL E PRIMARIA
Este 23 de xuño foi un día especialmente emotivo no Couceiro. Primeiro foi a graduación do alumnado de infantil. Xoaniñas e Ciclistas, xa preparados para dar o salto a primaria, foron recoller os diplomas de graduación cos seus birretes. Máis información da graduación de infantil nestes blogues: http://aclasedegeni.blogspot.com.es/2017/06/a-nosa-graduacion.html http://cousasdepequenosmaiores.blogspot.com.es/2017/06/graduacion-das-xoaninas.html
Máis tarde foi a graduación do alumnado de 6º de primaria que, despois de recibir os seus diplomas, realizou unha vistosa serie de exercicios de baile, acrobacias e coordinación. Logo interpretaron unha coreografía que eles prepararan pola súa conta. Pero a sorpresa apareceu ao final. Nais e pais de alumnado de 6º tiñan preparado un flashmob sorpresa para os seus fillos e fillas. Foi espectacular e todos rematamos emocionados. Grazas, e ata sempre!
Máis información da graduación de primaria:
|
AXUDAS LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR
CONCERTO DIDÁCTICO
Novamente gozamos con artistas que temos no cole. As profesoras do Conservatorio Profesional de Música de Ferrol, Emma Urango, Alma Cendán, (nais de alumnado do centro) e Iria Rico deron un concerto didáctico. Primeiro mostraron e explicaron os instrumentos musicais. Logo, a través de películas e cancións moi coñecidas, fixeron que viaxáramos percorrendo emocións, sentimentos e valores que estas cancións representaban. Moitas grazas e que se repita pronto!!! Máis info nestes blogues.... XOANIÑAS CICLISTAS
|
EUMEOLIMPIADAS
EUMEOLIMPIADAS 2017 Alumnos e alumnas de terceiro a sexto de primaria do CEIP de Andrade e do CEIP Couceiro Freijomil, reuníronse ao longo desta semana para participar nas tradicionais Eumeolimpiadas. Estas xornadas, que se levan celebrando dende hai máis de vinte anos, teñen como función principal a convivencia a través do xogo entre o alumnado dos diversos centros do Concello de Pontedeume. Máis información e imáxenes aquí: http://ceipcouceiro.wixsite.com/eumeolimpiadas2017
|
AXUDAS PARA MATERIAL ESCOLAR
Dende Servizos Sociais do Concello de Pontedeume informan que, do 10 ao 31 de maio, está aberto o prazo para solicitar axudas para a adquisición de material escolar para o curso 2016-2017. (Educación infantil, primaria e ESO).
O modelo de solicitude pode recollerse en Servizos Sociais, no rexistro xeral ou descargalo na páxina web do Concello.
MAIOS 2017
MAIOS 2017 Un curso máis celebramos a festa dos Maios, o festa do reverdecer das prantas e do trunfo da primavera. Como en anos anteriores a colaboración de toda a comunidade escolar combinando imaxinativamente "verde", flores, laranxas e ovos, frutificou na creación de catro maios cos que o alumnado desfilou para logo rematar cantando as coplas que previamente ensaiaran.
|
DÍA DO TEATRO 2017
DÍA DO TEATRO E CONVOCATORIA DO IX CERTAME DE POESÍA "COUCEIRO FREIJOMIL" O alumnado de 1º, 4º e 5º de primaria estivo moi atarefado, preparando tres pezas teatrais. 5º de primaria representou a obra de Carlos Casares “As laranxas máis laranxas de todas as laranxas”. O de 1º contounos como se fai “A mellor sopa do mundo”. E, para rematar, o alumnado de 4ºA preparou “A estatua”. Güino, a mascota da biblioteca, aproveitou que estabamos familias, profesorado e alumnado para anunciar a convocatoria do IX Certame de Poesía "Couceiro Freijomil". (Máis información no blogue da biblioteca)
|
POTENCIANDO A CONVIVENCIA
O día 27, ás 18.00 horas, terá lugar no colexio unha actividade dirixida ás familias de 4º, 5º e 6º de primaria do noso centro e organizada polo Departamento de Servicios Sociais do Concello. Estará encamiñada a traballar a educación emocional e a potenciar o respecto, a tolerancia e a convivencia.
|
PROXECTO DE CENTRO
Esta semana tivemos varias visitas relacionadas co proxecto que estamos a desenvolver sobre as Fragas do Eume. En primeiro lugar visitounos o alumnado de bioloxía de 1º de bacharelato do IES Fraga do Eume, acompañado pola súa profesora Irene, para expoñer ao alumnado de sexto varios perigos para os hábitats naturais. Logo acompañounos Paco, o biólogo do Parque Natural, para comentar diversos e interesantes aspectos da flora e da fauna. Finalmente hoxe, un experto en reciclaxe e reutilización da empresa que xestiona o Punto Limpo Municipal, concienciounos da necesidade de separar os residuos para que a reciclaxe sexa efectiva.
Máis información no blogue da nosa BIBLIOTECA
|
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 24
- 25
- 26
- 27
- 28
- 29
- 30
- 31
- 32
- …
- seguinte ›
- última »