CONCERTO DIDÁCTICO

 Novamente gozamos con artistas que temos no cole.

As profesoras do Conservatorio Profesional de Música  de Ferrol, Emma Urango, Alma Cendán, (nais de alumnado do centro) e Iria Rico deron un concerto didáctico. Primeiro mostraron e explicaron os instrumentos musicais. Logo, a través de películas e cancións moi coñecidas, fixeron que viaxáramos percorrendo emocións, sentimentos e valores que estas cancións representaban.

Moitas grazas e que se repita pronto!!!

Máis info nestes blogues....     XOANIÑAS        CICLISTAS