POTENCIANDO A CONVIVENCIA

O día 27, ás 18.00 horas, terá lugar no colexio unha actividade dirixida ás familias de 4º, 5º e 6º de primaria do noso centro e organizada polo Departamento de Servicios Sociais do Concello.

Estará encamiñada a traballar a educación emocional e a potenciar o respecto, a tolerancia e a convivencia. 


Como se destaca na folla informativa enviada este venres, a vosa colaboración complementará e enriquecerá o traballo que estamos a facer cos vosos fillos e fillas.
Agardámosvos!!!

No hay texto alternativo automático disponible.