MAGOSTO - DÍA DO PEÓN

 

Un curso máis celebramos o Magosto e o Día do Peón combinando tradición e xogos populares.

Sentimos que as desfavorables condicións metereolóxicas impediran compartir coas familias este día festivo.

     

 

SIMULACRO DE EVACUACIÓN 2017

SIMULACRO DE EVACUACIÓN 2017

O martes pasado realizamos un exercicio de simulacro de incendio no noso cole.

Foi un éxito pois logramos evacuar en pouco máis de tres minutos a todos os ocupantes do centro con tranquilidade e colaboración.

Mentres Protección Civil extinguía o incendio, persoal sanitario atendía con profesionalidade e cariño a alumnos que simularon resultar feridos.

Un responsable dos Bombeiros do Parque Comarcal do Eume foi controlando todas as nosas actuacións indicándonos ao remate aqueles aspectos a mellorar.

Actuacións como estas sírvennos para educar ao alumnado en prevención e seguridade, comprobar o axeitado funcionamento dos medios humanos e materiais previstos para situacións de emerxencia, valorar a resposta e participación dos ocupantes e cuantificar o tempo empregado.

Unha vez máis agradecemos a colaboración da Policía Local de Pontedeume, dos Bombeiros do Parque Comarcal do Eume, do persoal sanitario do Centro de Saúde de Pontedeume e da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Pontedeume que se volcou na formación, desenvolvemento e valoración de todo o proceso.

Un resumo podedes velo no programa da TVG "Galicia Viva".

(Empeza no minuto 55)

 

 

 

Samaín 2017

 

   Un curso máis no Couceiro festexamos o Samaín. Entre outras  actividades adicamos un tempo para a lectura ás escuras e decoramos o colexio con horripilantes cabazas. Podes buscar a túa no vídeo.

  Máis información das actividades do Samaín... no blogue da biblioteca

 

 

                          

SIMULACRO DE EVACUACIÓN

 

 

AVISO IMPORTANTE


 Respondendo á necesidade de seguridade nos centros

escolares, e como parte das prácticas pedagóxicas habituais neste campo, vaise

realizar un simulacro de evacuación no colexio, durante a semana do 6 ao 10 de

novembro.

Non se indican día nin hora exactos para non restar efectividade ao mesmo, pero

informamos para evitar que cundan alarmas innecesarias ante a posible presenza

de bombeiros, ambulancias, protección civil, policía, etc.


Como sempre, grazas pola vosa colaboración.

COAS TÚAS MANS SALVAS VIDAS

Coa vista posta nun próximo simulacro de evacuación e como vén sendo habitual nestes últimos anos, Protección Civil de Pontedeume estivo recordando a alumnado e profesorado como actuar en caso de emerxencia.

Este curso tomou especial relevancia a introdución á reanimación cardiopulmonar (RCP). 
No caso do alumnado, non se trataba de que fosen capaces de realizar unha manobra de reanimación, senón de proporcionar pequenos coñecementos coa perspectiva de lograr unha maior destreza cando sexan adolescentes ou adultos. Cando se explica a chamada ao 112, a posición lateral de seguridade, ou as compresións torácicas estanse introducindo temas que o alumnado comentará e amplificará na familia convertíndose de xeito indirecto en excepcionais axentes de transformación dos adultos.

Moitas grazas a Fran e a Sara pola seu traballo.

         

 

TEATRO COA TROPA DE TRAPO

Dentro do proxecto "Ti tamén contas" impulsado polo Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, visitou o noso centro "Tropa de Trapo" logrando, mediante música, contos e un obradoiro participativo, que o alumnado pasara un tempo de diversión pero tamén de reflexión.
Máis información no blogue da nosa biblioteca.

La imagen puede contener: una o varias personas y multitud             La imagen puede contener: una persona, en el escenario, de pie e interior  

VOLUNTARIADO NA BIBLIOTECA E MOCHILAS VIAXEIRAS

VOLUNTARIADO NA BIBLIOTECA

Co obxectivo de involucrar ao alumnado na colaboración, na organización e xestión da biblioteca escolar e despois de explicarlles en que vai consistir o seu traballo, acceden con ilusión e entusiasmo a esta actividade colaborativa tan necesaria para a biblioteca pero desenvolvida dun xeito lúdico.O equipo de mantemento da biblioteca será este curso  o alumnado de quinto de Primaria.

MOCHILAS VIAXEIRAS

A comezos de outubro, como cada curso, comezan as Mochilas a súa visita ás casas de todos os nenos e nenas do cole.
Os primeiros afortunados baixaron á biblio e Güino fíxolles entrega das mesmas coa axuda das mestras do Equipo da Biblioteca.

    




ILLA FANTASÍA

A coordinadora de "Isla Fantasía", Esperanza Arias, estivo o pasado 3 de outubro co profesorado do noso cole presentando este proxecto de animación á lectoescritura do que formaremos parte este curso. O obxectivo principal é mellorar a competencia en comunicación lingüística do alumnado a través do fomento da imaxinación, a fantasía e o pensamento creativo.
http://bibliocouceiro.blogspot.com.es/…/illa-fantasia-escol…

  

Pinocho

Alumnado do noso centro participou interactivamente na exposición que, sobre Pinocho, móstrase estes días na Casa da Cultura.
A embaixadora ambulante de Pinocho, Catarina Capim, pretende achegar aos nenos e nenas ás ensinanzas da famosa fábula escrita polo italiano Carlo Collodi a finais do século XIX.
Máis información no blogue da biblioteca.

    

Proxecto Documental Integrado

Así como ao longo do curso pasado o traballo do noso colexio xirou en torno ás Fragas do Eume, este curso o Proxecto Documental Integrado (PDI) estará centrado no Mar.
Dende a Biblioteca convídannos a aprender a pensar a través de contos, poesías, teatro, tradición oral ou lecturas científicas que teñan como referente o MAR.
ZARPAMOS!!!

Máis información no blogue da biblioteca

Distribuir contido