SIMULACRO DE EVACUACIÓN 2017

SIMULACRO DE EVACUACIÓN 2017

O martes pasado realizamos un exercicio de simulacro de incendio no noso cole.

Foi un éxito pois logramos evacuar en pouco máis de tres minutos a todos os ocupantes do centro con tranquilidade e colaboración.

Mentres Protección Civil extinguía o incendio, persoal sanitario atendía con profesionalidade e cariño a alumnos que simularon resultar feridos.

Un responsable dos Bombeiros do Parque Comarcal do Eume foi controlando todas as nosas actuacións indicándonos ao remate aqueles aspectos a mellorar.

Actuacións como estas sírvennos para educar ao alumnado en prevención e seguridade, comprobar o axeitado funcionamento dos medios humanos e materiais previstos para situacións de emerxencia, valorar a resposta e participación dos ocupantes e cuantificar o tempo empregado.

Unha vez máis agradecemos a colaboración da Policía Local de Pontedeume, dos Bombeiros do Parque Comarcal do Eume, do persoal sanitario do Centro de Saúde de Pontedeume e da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Pontedeume que se volcou na formación, desenvolvemento e valoración de todo o proceso.

Un resumo podedes velo no programa da TVG "Galicia Viva".

(Empeza no minuto 55)