SAMAÍN 2018

SAMAÍN 2018

 

 Xa chegou o Samaín ao Couceiro!!!

Aquí tedes unha mostra dalgunhas das actividades deste curso.

Primeiro unha arrepiante exposición de cabazas, logo unha divertida activade de ritmo e coordinación que executou o alumnado de sexto na clase de música.

Finalmente veredes unha montaxe da "HORA DE LER ÁS ESCURAS" que a nosa mascota da biblioteca, Güino, recomendou.   

Noraboa ás familias, alumnado e profesorado que tanto se esmerou.    

  BUSCA A TÚA CABAZA

                     LECTURA ÁS ESCURAS

            A FAMILIA ADDAMS

(ACTIVIDADE NA CLASE DE MÚSICA)

Buscade máis  fotos e información nos blogues

VISÍTANOS DAVID ARCAY

VISÍTANOS DAVID ARCAY

 

Hoxe o alumnado de cuarto, quinto e sexto de primaria tivo a oportunidade de escoitar e dialogar con David Arcay, catro veces campión do mundo de pesca con mosca.

 

Falaron da importancia de conservar o medio ambiente e debatiron sobre a pesca sen morte da que David é fervente defensor. Posteriormente fixeron varias actividades, entre elas comprobar a dificultade que supón o lance  "cola de rata".

  La imagen puede contener: una o varias personas, personas sentadas e interior   La imagen puede contener: 3 personas, exterior    La imagen puede contener: una o varias personas, personas de pie e interior   

 

 

 

 

LEMOS AOS MÁIS PEQUENOS

 

Entre as tarefas destinadas a fomentar o amor á lectura, o equipo de Dinamización está desenvolvendo a actividade "Lemos aos máis pequenos" na que o alumnado de quinto e sexto de primaria achégase ao alumnado máis novo para narrarlles contos na hora de lectura.

La imagen puede contener: una o varias personas y personas de pie  La imagen puede contener: 4 personas, personas de pie

Aquí tedes máis información...    

 

PROXECTO LÓVA

 

PROXECTO  LÓVA

 

Este curso o noso colexio debuta neste innovador proxecto. As clases das Formiguiñas e dos Caracois (6ºEI) xa crearon a súa compañía de ópera.

Elixiron de nome Compañía Purpurina!!!

Facer  LÓVA (A ópera como vehículo de aprendizaxe) é propoñer a unha clase converterse nunha compañía que crea a súa propia ópera. A compañía organízase por profesións. Nenos e nenas fano todo: escriben o libreto, deseñan a escenografía, compoñen a música, confeccionan o vestiario, realizan a campaña de prensa, recadan fondos, deseñan e fabrican decorados, crean a iluminación, etc. Ao final, estrean a súa ópera sen axuda de adultos. O obxectivo non é facer unha ópera. O obxectivo é crecer e construír o futuro nun ambiente de confianza, colaboración, esforzo e aprendizaxe.

   

 

MOCHILAS VIAXEIRAS

 

MOCHILAS VIAXEIRAS

A mochila viaxeira permite á biblioteca escolar o contacto coas familias nunha actividade que pretende a súa colaboración na formación dos lectores e lectoras máis novos. Nenas e nenos son os embaixadores da biblioteca nas súas casas e comparten cos seus, grandes e pequenos, os libros, as revistas, a música cos que a mochila vai cargada.

As familias poden realizar suxestións ou contar a experiencia de lectura compartida no caderno que achegamos en cada mochila.

O equipo do "Xardín do Pasatempo" escolleu os libros máis novidosos, aqueles que coidamos poden mellor acompañar o lecer das familias que len xuntas. Libros con música, de produción propia, de realidade aumentada... Libros en galego, mais tamén en castelán, francés e inglés. 

 A NOSA MASCOTA

 

CHARLA SOBRE CELIAQUÍA

Este curso o tema do noso Proxecto Documental Integrado  ten como tema a ALIMENTACIÓN.

Enmarcada neste proxecto,  todo o profesorado do CEIP Couceiro Freijomil tivo hoxe pola tarde unha charla informativa sobre a celiaquía a cargo da Asociación de Celíacos de Ferrolterra.

Elena Carneiro, acompañada por Carmela, explicounos que é a enfermidade celíaca, proporcionounos información interesante e deunos importantes pautas de actuación.

La imagen puede contener: 2 personas  La imagen puede contener: una persona, sentada e interior 

 

 

REUNIÓNS DO 6 DE SETEMBRO

 

 CONVOCATORIA DE REUNIÓN.

Convócase a todos os pais e nais do alumnado de 1º  e de primaria a unha

reunión que terá lugar o xoves 6 de setembro ás 10:30 horas, nas aulas

correspondentes, para tratar aspectos relativos ao inicio de curso. Ese día

traerase todo o material escolar co nome do alumno/a para deixalo na aula.

 

Asimesmo as familias do alumnado de educación infantil terán a presentación

e información do novo curso escolar o mesmo día ás 12:00 horas. 

LISTAXE DEFINITIVA FONDOLIBROS

A listaxe definitiva de admitidos no fondo solidario e a do alumnado excluído está nos seguintes arquivos adxuntos.

Admitidos                          Excluídos 

 

 IMPORTANTE.   O ALUMNADO  DE 3º E 4º DE PRIMARIA QUE NON OBTIVO LIBROS DO FONDO SOLIDARIO, COA MATRÍCULA QUE TEMOS A DÍA DE HOXE, TAMÉN PODERÁ DISPOR DE LIBROS GRATUÍTOS QUE PROPORCIONARÁ O CENTRO. 

 

RESUMINDO:

 

INFANTIL:  ...........................Non compran libros e a listaxe de material darase en setembro.

1º PRIMARIA: ............................................................................................. Compran libros e material.

2º PRIMARIA: ............................................................................................. Compran libros e material.

3º PRIMARIA:.......................................................................Non compran libros e compran material.

4º PRIMARIA:.......................................................................Non compran libros e compran material.

O activity book que figura de último na lista de libros de texto é un caderno, non un libro. 

5º PRIMARIA:   Non compran libros (utilizarán libros dixitais gratuítos) e compran material.

Atención: comprarán  o caderno de plástica bilingüe que figuran na listaxe de libros de texto (Ollo que o caderno de plástica bilingüe é o de sexto porque está previsto que o utilicen este curso e o seguinte)

6º PRIMARIA:   Non compran libros (utilizarán libros dixitais gratuítos) e compran material.

 

  CONVOCATORIA DE REUNIÓN.

Convócase a todos os pais e nais do alumnado de 2º de primaria a unha reunión que terá lugar o xoves 6 de setembro ás 10:30 horas, nas aulas correspondentes, para tratar aspectos relativos ao inicio de curso. Ese día traerase todo o material escolar co nome do alumno/a para deixalo na aula.

Asimesmo as familias do alumnado de educación infantil terán a presentación e información do novo curso escolar o mesmo día ás 12:00 horas. 

 

Distribuir contido