PROXECTO LÓVA

 

PROXECTO  LÓVA

 

Este curso o noso colexio debuta neste innovador proxecto. As clases das Formiguiñas e dos Caracois (6ºEI) xa crearon a súa compañía de ópera.

Elixiron de nome Compañía Purpurina!!!

Facer  LÓVA (A ópera como vehículo de aprendizaxe) é propoñer a unha clase converterse nunha compañía que crea a súa propia ópera. A compañía organízase por profesións. Nenos e nenas fano todo: escriben o libreto, deseñan a escenografía, compoñen a música, confeccionan o vestiario, realizan a campaña de prensa, recadan fondos, deseñan e fabrican decorados, crean a iluminación, etc. Ao final, estrean a súa ópera sen axuda de adultos. O obxectivo non é facer unha ópera. O obxectivo é crecer e construír o futuro nun ambiente de confianza, colaboración, esforzo e aprendizaxe.