FONDOLIBROS 3º 4º PRIMARIA 2018-2019

LISTADO PROVISIONAL DO FONDO SOLIDARIO

(3º e 4º de primaria)

 

O listado provisional do alumnado  ADMITIDO e NON ADMITIDO no fondo solidario encóntrase nos arquivos adxuntos.

O día 11 de xullo publicaremos o listado definitivo, no que constará os libros adxudicados a cada un.

Sin embargo, independentemente do que figure nestas listas e coa matrícula actual, temos libros no fondo para  todo o alumnado de 3º e 4º de primaria. Polo que, nestas condicións, ningún alumno/a destes cursos terá que comprar os libros de  texto.

 PRAZO DE RECLAMACIÓN: Os días 9 e 10 de xullo.        ADMITIDOS         EXCLUÍDOS  

Kumananá, danza de Illa Fantasía.

Cumpríronse as predicións meteorolóxicas e choveu pero, seguindo o dito de "a mal tempo boa cara", o alumnado que participaba no proxecto Illa Fantasía bailou a danza "Kumananá" despois de escoitar a carta que YouYouTu lles enviou.

Finalmente repartimos as variñas máxicas protectoras de soños e un pequeno agasallo para cada un dos alumnos e alumnas que participaron neste proxecto de fomento da lectura.

Todos estamos moi apenados por non poder rematar como estaba previsto en Gandarío, xunto cos outros centros participantes, pero agardamos que máis ca unha suspensión sexa un aprazamento ata setembro.

    

AXUDAS MATERIAL ESCOLAR

As/Os solicitantes deben cumprimentar as cinco páxinas da solicitude en tódolos seus apartados e asinalas.

A documentación obrigatoria que se debe achegar coa solicitude é a seguinte:

Fotocopias do D.N.I. do/da solicitante, cónxuxe/parella e fillo/a.

Fotocopia do Libro de Familia (completo).

Fotocopia da Declaración do IRPF do exercicio 2016 (completa) do/da solicitante e cónxuxe/parella, ou no caso de non presentala, Certificado de imputacións expedido pola Axencia Tributaria.

Certificación da conta bancaria do/da solicitante.

Copia de matrícula do presente curso.

DOCUMENTOS E MÁIS INFORMACIÓN NA PÁXINA DO CONCELLO...      http://www.pontedeume.gal/ 

"ALÉN DO MAR"... OS BARCOS

    O alumnado de 5º e 6º está investigando o uso dos barcos na actualidade. Primeiro informáronse dos barcos deportivos e de investigación, agora tocoulle o turno aos barcos militares, mercantes e de pesca.

                      Clicade nas imáxenes para obter máis información.

Manolo, Patrón Maior da Cofraría de Pescadores de Pontedeume, informou dos barcos de pesca.  
Guillermo Aneiros  falou dos barcos mercantes e dos rescates marítimos.   
Alberto Barral explicou os diferentes tipos de barcos que forman parte da Armada  

ONDAS DE ILUSIÓNS

 

O CEIP Couceiro Freijomil é un dos oito centros que participan en "Ondas de Ilusións", un traballo de divulgación e sensibilización que complementa as actividades realizadas previamente nas aulas e o proxecto que este curso temos centrado no Mar.

ILLA FANTASÍA

O noso centro participa no proxecto de lecto-escritura

"Illa Fantasía"

 

 

Clica na imaxe para máis información

 

 

FONDO DE LIBROS E AXUDAS PARA LIBROS E MATERIAL ESCOLAR

 

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS E AXUDAS DE LIBROS E DE MATERIAL ESCOLAR

PARA O CURSO 2019-2020

No DOG do 20 de maio de 2019  convócanse axudas para adquirir libros de texto e material escolar  e regúlase a participación no fondo solidario de libros de texto. 

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO: Destinado ao alumnado de 3º e 4º de Primaria e ESO.

AXUDAS PARA ADQUISICIÓN DE LIBROS DE TEXTO: Destinado ao alumnado de 1º e 2º de Primaria. Para rendas per cápita do ano 2017 inferiores a 9.000 €.

AXUDAS PARA MATERIAL ESCOLAR: Destinado ao alumnado de 1º, 2º, 3º 4º, 5º e 6º  Primaria e ESO.  Para rendas per cápita do ano 2017 inferiores a 5.400 €.

Prazo de presentación das solicitudes: ata o 21 de xuño

Impreso de solicitude...    Imagen relacionada

 

VISITA DO INSTITUTO ESPAÑOL DE OCEANOGRAFÍA

Enmarcado no Proxecto Documental Integrado que desenvolvemos no centro sobre o Mar, o  Centro Oceanográfico de A Coruña, dentro da súa campaña de divulgación científica, acercou as ciencias mariñas ao noso colexio mediante tres obradoiros:

A vida ao microscopio, onde visualizaron organismos mariños microscópicos presentes na auga do mar que integran o zooplancton. 

Investigando os peixes, alí observaron os métodos de obtención de datos, a anatomía, a idade dos peixes mediante a lectura de otolitos e a selectividade das artes de pesca.

O corazón do Planeta, mediante experimentos comprenderon mareas, temperatura, acidificación, salinidade e correntes nos océanos.

        

Máis información  clicando na foto superior 

 

MAIO LITERARIO

 

LECTURAS COMPARTIDAS

Cada xoves o alumnado voluntario de 5º e 6º de Primaria vai ler contos ás aulas de E. Infantil e 1º de Primaria.

Os maiores encantados desenvolven mil estratexias que engaiolan aos pequenos: Preparan o texto, apóianse en debuxos, monicreques artesáns, teatriños...

 

 

VISÍTANOS... MARÍA CANOSA

María Canosa é autora de MURIEL o libro que está a ler o alumnado de sexto coa axuda das profes Lydia e Marina.

 

 

VISÍTANOS... ÉRICA ESMORÍS

 

Xa chegou o día en que o alumnado dos clubs de lectura de 5º coñeceron á autora de "Ulises e as cronoamigas".

 

 

IAGO LÓPEZ 

 

O alumnado dos primeiros cursos de primaria recibiu a Iago López, un contacontos ben querido e coñecido  pola rapazada de 1º e 2º

 

 

Distribuir contido