JORGE PENA
Jorge Pena, quen atravesou o Atlántico a remo e foi o primeiro español en rematar con éxito a Talisker Whisky Atlantic Challenge, unha das probas máis duras do mundo, acompañounos este venres explicando e respondendo ás preguntas do alumnado. Foi moi interesante porque falamos de xeografía, ecoloxía, tenacidade...
http://bibliocouceiro.blogspot.com.es/2018/04/visitanos-jorge-pena.html
|
DÍA DA POESÍA E DO TEATRO
DÍA DA POESÍA E DO TEATRO Como remate do 2º trimestre realizamos un Festival onde puidemos asistir a dúas obras de teatro representadas polo alumnado de 2ºA e de 5º. Houbo tamén un recitado de poesías a cargo de 3º e 4º
http://bibliocouceiro.blogspot.com.es/2018/03/dia-do-teatro-e-da-poesia.html |
ANTONIO GARCÍA TEIJEIRO
O pasado luns, 19 de marzo, o alumnado de 3º e 4º que estivo a traballar a poesía co libro "Poemar o mar", recibiu no noso "Xardín do Pasatempo" ao Premio Nacional de Narrativa Infantil e Xuvenil 2017, ANTONIO GARCÍA TEIJEIRO.
http://bibliocouceiro.blogspot.com.es/2018/03/antonio-garcia-teijeiro-visita-o-noso.html
|
DÍA INTERNACIONAL DO MAR
A Organización Consultiva Marítima Intergobernamental das Nacións Unidas, con sede en Londres, decidiu en 1978 que o día 17 de marzo de cada ano se celebre o Día Internacional do Mar. O venres 16, relacionando a data co noso proxecto de centro "Alén do mar", realizamos un pequeno acto festivo onde cantamos e recitamos poemas. http://bibliocouceiro.blogspot.com.es/2018/03/dia-internacional-del-mar.html
|
DÍA DE ROSALÍA
MATRÍCULA PARA O CURSO 2018-2019
CURSO 2018-2019
DO 1 AO 20 DE MARZO ÁBRESE O PRAZO PARA A PRESENTACIÓN DA SOLICITUDE DE ADMISIÓN.
Visitas guiadas para coñecer o noso centro: Martes 27 de febreiro, 6 e 13 de marzo Horario de 17.00 a 18.00 horas |
ÁLBUM BILINGÜE
|
|
Once more time we start the bilingual album 2018, this year about "The sea", full of great time, time sharing and good learning with our colleagues during the break time...Come and see how is it...! Unha vez máis comezamos o traballo do álbum bilingüe 2018, este ano adicado a "O mar". Este tempo está cheo de diversión tempo de aprendizaxe e tempo de compartir cos nosos amigos...Vide e botade unha ollada a como é isto nos tempos de lecer...! http://handmadecofre.blogspot.com.es/2018/02/bilingual-album-2018.html
|
DÍA DA PAZ
DÍA DA PAZ Un curso máis festexamos o DÍA DA PAZ E DA NON VIOLENCIA. Nestes días ensaiamos a cantiga e o baile, falamos da Paz na clase, na familia, na vila... no Mundo.
O alumnado de 1º e 2º de Primaria elaborou un gran mural: MERGÚLLATE NUN MAR DE PAZ que preside a entrada do noso cole. Escribimos en cada botella do mural a nosas arelas de Paz.
Máis información no blogues de aula, biblioteca ou de dinamización. |
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 21
- 22
- 23
- 24
- 25
- 26
- 27
- 28
- 29
- …
- seguinte ›
- última »