ONDAS DE ILUSIÓNS

 

O CEIP Couceiro Freijomil é un dos oito centros que participan en "Ondas de Ilusións", un traballo de divulgación e sensibilización que complementa as actividades realizadas previamente nas aulas e o proxecto que este curso temos centrado no Mar.

ILLA FANTASÍA

O noso centro participa no proxecto de lecto-escritura

"Illa Fantasía"

 

 

Clica na imaxe para máis información

 

 

FONDO DE LIBROS E AXUDAS PARA LIBROS E MATERIAL ESCOLAR

 

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS E AXUDAS DE LIBROS E DE MATERIAL ESCOLAR

PARA O CURSO 2019-2020

No DOG do 20 de maio de 2019  convócanse axudas para adquirir libros de texto e material escolar  e regúlase a participación no fondo solidario de libros de texto. 

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO: Destinado ao alumnado de 3º e 4º de Primaria e ESO.

AXUDAS PARA ADQUISICIÓN DE LIBROS DE TEXTO: Destinado ao alumnado de 1º e 2º de Primaria. Para rendas per cápita do ano 2017 inferiores a 9.000 €.

AXUDAS PARA MATERIAL ESCOLAR: Destinado ao alumnado de 1º, 2º, 3º 4º, 5º e 6º  Primaria e ESO.  Para rendas per cápita do ano 2017 inferiores a 5.400 €.

Prazo de presentación das solicitudes: ata o 21 de xuño

Impreso de solicitude...    Imagen relacionada

 

VISITA DO INSTITUTO ESPAÑOL DE OCEANOGRAFÍA

Enmarcado no Proxecto Documental Integrado que desenvolvemos no centro sobre o Mar, o  Centro Oceanográfico de A Coruña, dentro da súa campaña de divulgación científica, acercou as ciencias mariñas ao noso colexio mediante tres obradoiros:

A vida ao microscopio, onde visualizaron organismos mariños microscópicos presentes na auga do mar que integran o zooplancton. 

Investigando os peixes, alí observaron os métodos de obtención de datos, a anatomía, a idade dos peixes mediante a lectura de otolitos e a selectividade das artes de pesca.

O corazón do Planeta, mediante experimentos comprenderon mareas, temperatura, acidificación, salinidade e correntes nos océanos.

        

Máis información  clicando na foto superior 

 

MAIO LITERARIO

 

LECTURAS COMPARTIDAS

Cada xoves o alumnado voluntario de 5º e 6º de Primaria vai ler contos ás aulas de E. Infantil e 1º de Primaria.

Os maiores encantados desenvolven mil estratexias que engaiolan aos pequenos: Preparan o texto, apóianse en debuxos, monicreques artesáns, teatriños...

 

 

VISÍTANOS... MARÍA CANOSA

María Canosa é autora de MURIEL o libro que está a ler o alumnado de sexto coa axuda das profes Lydia e Marina.

 

 

VISÍTANOS... ÉRICA ESMORÍS

 

Xa chegou o día en que o alumnado dos clubs de lectura de 5º coñeceron á autora de "Ulises e as cronoamigas".

 

 

IAGO LÓPEZ 

 

O alumnado dos primeiros cursos de primaria recibiu a Iago López, un contacontos ben querido e coñecido  pola rapazada de 1º e 2º

 

 

AVALIACIÓN INDIVIDUALIZADA 3º PRIMARIA

Os días 23 e 24 de maio desenvolverase a avaliación individualizada de terceiro curso de educación primaria nos centros docentes de Galicia.

Estas probas, nas que se avaliará a competencia lingüística e a competencia matemática, terán carácter orientativo e informador non tendo efecto no expediente académico.

Obterase un informe individual de cada alumno/a  e outro do centro.

Máis información ...   Imagen relacionada

 

 

 

MAIOS 2018

 

 Como todos os primeiros de maio, unha invasión de
cores e olores chegou ao Couceiro. Unha fermosa
mestura de traballo colaborativo de alumnado, familias e
profesorado, deu vida e continuación a unha das
tradicións máis característica da nosa vila, a festa dos
Maios.
Nun ambiente lúdico identificamos, clasificamos e
debuxamos plantas e flores, cantamos e fomentamos
actitudes de axuda e colaboración ao tempo que
participamos da cultura popular de Pontedeume.
Un ano máis... grazas familias pola vosa colaboración !!!

 

EUMEOLIMPIADAS 2018

 

 

                    EUMEOLIMPIADAS 2018

    Alumnos e alumnas de terceiro a sexto de primaria dos centros educativos eumeses, reuníronse ao longo desta semana para participar nas tradicionais Eumeolimpiadas.

​    Estas xornadas, que se levan celebrando dende hai máis de vinte anos, teñen como función principal a convivencia a través do xogo entre o alumnado dos diversos centros do Concello de Pontedeume.

    Máis información e  imáxenes aquí:

      http://celecofre.blogspot.com.es/2018/04/eumeolimpiadas-2018.html

    

 

MATRÍCULA

No taboleiro de anuncios do noso centro está a listaxe de alummnado admitido/non admitido para o curso 2018-2019.

TODAS AS SOLICITUDES FORON ADMITIDAS.

 

ACTIVIDADES

 

Nos diferentes blogues tedes información de actividades realizadas estes días pasados.

 

   Un obradoiro de poesía con José Luís Graña Muíño.

http://bibliocouceiro.blogspot.com.es/2018/04/obradoiro-de-poesia.html.

    A excursión ao buque oceanográfico Ramón Margalef.

http://bibliocouceiro.blogspot.com.es/2018/04/alen-do-mar-embarca-nun-buque.html

   Visita didáctica do alumnado de infantil ao supermercado     Gadis para traballar a alimentación saudable.

http://cousasdepequenosmaiores.blogspot.com.es/2018/04/saida-ao-gadis.html

    Outra visita dos máis pequenos á lonxa e ao peirao.

http://picarosdocouceiro.blogspot.com.es/2018/03/visita-ao-peirao.html

http://pequenoseumeses.blogspot.com.es/2018/03/conecendo-as-artes-de-pesca.html 

 

Distribuir contido