VISÍTANOS IAGO LÓPEZ

 

 

Un ano máis Iago López visita o noso centro, nesta ocasión para presentar o seu conto "O cociñeiro Martiño e as cenorias desaparecidas" ao alumnado de primeiro ciclo de primaria.

 

Máis información no blogue da biblioteca

HORTO ESCOLAR

 Estes días colaboramos coa ANPA na construción dunha primeira fase do noso horto escolar, que se enmarca no Proxecto Documental Integrado deste curso "Bo Proveito!" centrado na alimentación.

Nestes días comezará a plantación...

 

DÍA DA POESÍA E DO TEATRO

O alumnado de 6º B e 5º B recitou versos de Rosalía de Castro, de Manuel María, Paula Carballeira e Edita Nogueira. Escolléronos  ademais de pola súa beleza pola súa temática, a alimentación, dentro do PDI deste curso. 

Nenos e nenas de 5ºA presentaron "A revolución das verduras" e o alumnado de 6ºA  "Farsa e xustiza do Correxidor".

(Máis información no blogue da biblioteca)

ENTROIDO 2019


 Un ano máis celebramos o Entroido con moitas actividades: 

 

degustacións, desfile polas rúas de Pontedeume e actuacións das

 

comparsas no Pavillón da Casqueira.

 

Grazas pola vosa colaboración.

 

 

 

 

DÍA DE ROSALÍA

Aquí vos compartimos a actividade organizada polo Equipo de Dinamización da Lingua Galega do noso colexio, que realizamos este curso para o Día de Rosalía e no que participou todo o alumnado, o profesorado e o persoal do noso centro escolar.

"EU SON ROSALÍA" forma parte do Proxecto de Dinamización Plurianual: "O Galego nas Nosas Mans", que este ano unimos co PDI do colexio: Bo Proveito!!!

As poesías seleccionadas de Rosalía, están vinculadas á comida e a fame e participaron na elaboración dos traballos desde 4º de Educación de Infantil ata 6º de Educación Primaria.

Parabéns a todas e todos pola vosa participación!!!!

 

MATRÍCULA 2019-2020

                    Do 1 ao 20 de marzo estará aberto o prazo para

presentar as solicitudes de admisión de novo alumnado para o

curso 2019-2020.     

               Haberá visitas guiadas os martes 19 e 26 de febreiro e

o 12 de marzo en horario de 17:00 a 18:00 horas.

                    Máis información...     Resultado de imagen de gif documento

 

                       No hay ninguna descripción de la foto disponible.

CONTACONTOS

Un ano máis Sara e Álex, os nosos amigos da fábrica de contos Kalandraka, viñeron ao

noso cole a contarnos e cantarnos uns fermosos contos. 

Tamén incorporamos unha nova remesa de "mangas" nos andeis da biblioteca. 

 

   

Distribuir contido