DÍA INTERNACIONAL DA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA A MULLER

 

ESTE LUNS, 25 DE NOVEMBRO, CELEBRAMOS NO NOSO CENTRO O DÍA INTERNACIONAL

DA ELIMNICACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA A MULLER. DECORAMOS O CORREDOR DA

ENTRADA CUN GRAN CABO VIOLETA CHEO DE PALABRAS CONTRA A VIOLENCIA DE

XÉNERO QUE UNIRÁ iSÓTITA CO NOSO COLE DURANTE TODO O CURSO.

 

AS PROFES DÁMARIS E LIDIA PREPARARON UNHA SORPRESA PARA CADA AULA: DÚAS

BURBULLAS CHEAS DE FOTOS DE TODOS E TODAS OS/AS ALUMNOS/AS CO FIN DE

RECORDAR O RESPECTO QUE DEBE UNIRNOS SEMPRE.

 

 

REMATAMOS CUN GRAN BAILE DE TODO O COLE, PARA O CAL UTILIZAMOS A CANCIÓN

"VIVIR" DE ROZALÉN CON ESTOPA.

 

 

               

VISITA DE DAVID MOURIZ

 
ESTE 25 DE NOVEMBRO RECIBIMOS A VISITA DE DAVID MOURIZ, BIDAIDEAK (BILBAO) E DA SELECCIÓN ESPAÑOLA DE BALONCESTO EN SILLA DE RODAS.
GAÑADOR DE MOITOS TROFEOS E MEDALLAS, DESTACANDO O SEGUNDO POSTO NOS XOGOS
PARALÍMPICOS DE RÍO DE JANEIRO 2016.
CONTOU NUMEROSAS ANÉCDOTAS AOS NOSOS NENOS E NENAS DAS SÚAS ANDAINAS NO
DEPORTE E DA SÚA FORZA DE VONTADE PARA REPOÑERSE A UN ACCIDENTE CON 14 ANOS.
 
 
MOITAS GRAZAS POLA TÚA VISITA DAVID E MOITA SORTE NOS VINDEIROS XOGOS DE TOKIO.
 
 
             

MAGOSTO 2019

                                                                      MAGOSTO 2019

Sentimos comunicarvos que as condicións meteorolóxicas destes días e as pistas onde sentaría o alumnado molladas, obrígannos a cambiar a organización e a modificar a celebración do Magosto e do Día do Peón que seguiremos festexando este luns, pero de forma interna en zonas cubertas e sen familias.

UN NOVO BLOG NO COLEXIO

 

GRAZAS Á PROFE CRISTINA BOTOU A ANDAR O NOVO BLOG DE MÚSICA

NO COUCEIRO. PREMEDE NA IMAXE PARA ENTRAR EN "COUCEIRO

MUSICAL".

                                 

VISÍTANOS DAVID ARCAY

VISÍTANOS DAVID ARCAY

 

O alumnado de cuarto e quinto de primaria tivo a oportunidade de escoitar e dialogar con David Arcay, catro veces campión do mundo de pesca con mosca.

 

Falaron da importancia de conservar o medio ambiente e debatiron sobre a pesca sen morte da que David é fervente defensor. Posteriormente fixeron varias actividades, entre elas comprobar a dificultade que supón o lance  "cola de rata".

 

  

 

 

 

 

                  
                

COMEZO DAS CLASES

 

O vindeiro día 11 de setembro o horario será o habitual de 8.45

a 13.45. 

 

O transporte pasará no horario previsto e o comedor funcionará

con normalidade.


Aproveitamos para recordar que as familias de 1º e 2º de E.

Primaria están convocadas a unha reunión informativa o día 5 de

setembro ás 9:30, mentres que a reunión para as familias de E.

Infantil será o día 6 de setembro ás 12.00.

LISTAXE DEFINITVA FONDOLIBROS 2019-20

A listaxe definitiva de admitidos no fondo solidario e a do alumnado excluído está nos seguintes arquivos adxuntos.

Admitidos                          Excluídos 

 

 IMPORTANTE.   O ALUMNADO  DE 3º E 4º DE PRIMARIA QUE NON OBTIVO LIBROS DO FONDO SOLIDARIO, COA MATRÍCULA QUE TEMOS A DÍA DE HOXE, TAMÉN PODERÁ DISPOR DE LIBROS GRATUÍTOS QUE PROPORCIONARÁ O CENTRO. 

 

RESUMINDO:

 

INFANTIL:  ...........................Non compran libros e a listaxe de material darase en setembro.

1º PRIMARIA: ............................................................................................. Compran libros e material.

O activity book que figura na lista de libros de texto é un caderno, non un libro.

2º PRIMARIA: ............................................................................................. Compran libros e material.

O activity book que figura na lista de libros de texto é un caderno, non un libro.

3º PRIMARIA:.......................................................................Non compran libros e compran material.

Compran o activity book que figura na lista de libros de texto.

4º PRIMARIA:.......................................................................Non compran libros e compran material.

Compran o activity book que figura na lista de libros de texto. 

5º PRIMARIA:   Non compran libros (utilizarán libros dixitais gratuítos) e compran material.

Atención: comprarán  o caderno de plástica bilingüe que figura na listaxe de libros de texto (Ollo que o caderno de plástica bilingüe é o de sexto porque está previsto que o utilicen este curso e o seguinte)

6º PRIMARIA:   Non compran libros (utilizarán libros dixitais gratuítos) e compran material.

 

  CONVOCATORIA DE REUNIÓN.

Convócase a todos os pais e nais do alumnado de 1º e 2º de primaria a unha reunión que terá lugar o xoves, 5 de setembro ás 9:30 horas, nas aulas correspondentes, para tratar aspectos relativos ao inicio de curso. Ese día traerase todo o material escolar co nome do alumno/a para deixalo na aula.

Asimesmo as familias do alumnado de educación infantil terán a presentación e información do novo curso escolar o venres,  día 6, ás 12:00 horas. 

Distribuir contido