DÍA DA PAZ E DA NON VIOLENCIA
Día da Paz e Non Violencia"Non hai camiño para a Paz: a Paz é o camiño".
- Mahatma Ghandi -
Este día celébrase o 30 de xaneiro, dedicado a conmemorar nas escolas unha cultura de non violencia e paz.
Estamos a preparar as actividades artísticas, plásticas e musicais para participar xunto con toda a Comunidade Educativa nos actos centrais da Non Violencia e a Paz.
Imos cantar e bailar unha canción de Mamá Cabra, pero tamén imos traballar coa mestura de cores para procurar o branco que simboliza a PAZ. Para iso faremos un xoguete tradicional "o zumbador". Adoita facerse cun botón grande e xa zumba pero como nós ademais queremos facer a cor branca ollade neste vídeo como facelo e como funciona.
|
A ALIMENTACIÓN NA HISTORIA
Bo Proveito!: A alimentación na historia O alumnado de 5º e 6º ao longo do 1º trimestre estivo a investigar dentro do PDI a evolución da alimentación. Estiveron observando o reflexo da alimentación na pintura das diferentes épocas, dende a Prehistoria ata a Idade Contemporanea. Dende a arte das cavernas ata a pintura máis actual.
Logo de visitar o Museo de Belas Artes na Coruña, onde lles amosaron como observar un bodegón o un cadro costumista para observar a alimentación tanto das clases altas como das clases populares, pescudaron, na biblioteca e na rede principalmente, os cambios alimenticios da humanidade vendo a sua pegada na arte pictórica.
|
PROXECTO INTERCENTROS "O SISTEMA SOLAR"
Xa rematado o Nadal, voltamos ás aulas. Na escola esperaba aos nenos e nenas de 4º, 5º e 6º de primaria unha interesante proposta sobre o Sistema Solar |
NADAL 2018
Tras varios días de ensaios, este xoves e venres pasados puidemos gozar coas actuacións do festival de Nadal deste ano. Tanto traballo e ilusión foron recompensados cunha morea de aplausos por parte de alumnado e familias.
Aquí podedes ver un resumo das actuacións.
CLUB DE LECTURA DO PROFESORADO
Relacionado co proxecto deste curso, o primeiro libro do Club de Lectura do Profesorado deste curso foi "El banquete de los placeres"
Cando xa estamos a piques de rematar o trimestre a maioría dos participantes realizaron a última actividade arredor deste libro onde traballaron o perfil das personaxes ao tempo que degustaron unha marabillosa cea preparada e servida polo alumnado da Escola de Hostalaría do IES "Fraga do Eume".
O APALPADOR
O APALPADOR
Nas noites do 24 ou do 31 do decembro este home de barba rubia, de oficio carboeiro, que vive nas montañas, baixa as aldeas e cólase nas casas para apalpar as barriguiñas dos máis pequechos e ver si comen ben. Deixalles unha presa de castañas para que non pasen fame e un xoguete artesanal. O apalpador cólase na nosa escola para lembrarnos o valor dos agasallos que non se mercan con cartos e para desexarnos un bo ano cheo de felicidade e de fartura.
iLLA FANTASÍA
PROXECTO ILLA FANTASÍA
Os nenos e nenas de primeiro, segundo, terceiro e cuarto están participando, un curso máis, en Illa Fantasía. Trátase dun proxecto educativo creado para incentivar a lectura. Ao longo deste curso 2018-19 recibiremos cartas nas que os habitantes de Illa Fantasía poñerannos retos para converternos en Indios Lakota. Despois de facer un atrapasoños e unha chave violeta contra a violencia de xénero, agora temos un novo reto... Construir un tipi e aprender unha canción india. Infórmate da visita da Gran Xefa India Tatanka Ská...
|
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 17
- 18
- 19
- 20
- 21
- 22
- 23
- 24
- 25
- …
- seguinte ›
- última »