#NoCouceiroQuedamosNaCasa (definitivo)
O VÍDEO DEFINITIVO DE #NOCOUCEIROQUEDAMOSNACASA COAS
NOVAS APORTACIÓNS.
AVISO IMPORTANTE:
Segundo as Instruccións do 27 de marzo de 2020 enviadas pola
Consellería de Educación aos centros educativos, temos que realizar
a avaliación do 2º trimestre tendo en conta todo o traballo realizado
ata o momento no que se declarou o estado de alarma.
As familias que desexedes visualizar o boletín coa avaliación dos vosos
fillos e fillas poderedes facelo descargando a aplicación"Abalarmóbil"
no Google Play. Logo da descarga, pediravos o voso móbil e un código
que vos chega por SMS. A continuación teredes que establecer un
contrasinal. Se durante este proceso vos aparece unha mensaxe
indicando que non hai ningún teléfono vinculado, ou tedes algún
outro atranco, poñédevos en contacto co colexio a través do teléfono
881930480 ou no email ceip.couceiro.freijomil@edu.xunta.es
Saúdos,
A dirección
#NoCouceiroQuedamosNaCasa
ESTE VÍDEO ESTÁ DEDICADO A TODA A COMUNIDADE
EDUCATIVA DO CEIP COUCEIRO FREIJOMIL.
O SEU PRINCIPAL OBXECTIVO ERA DAR UN POUQUIÑO
DE ÁNIMO E SACAR UN SORRISO NESTE MOMENTO TAN
ESPECIAL QUE ESTAMOS PADECENDO.
UNHA APERTA MOI GRANDE!!!
ESPAZO FAMILIAS
ACABAMOS DE CREAR UNHA NOVA WEB PARA AS FAMILIAS
QUE ESTARÁ DISPOSTA A PARTIR DESTE MOMENTO. O SEU
NOME É ESPAZO FAMILIAS. A IDEA DA SÚA CREACIÓN FOI
CENTRALIZAR TODOS AQUELES CONTIDOS MÁIS
RELACIONADOS CON ASPECTOS ADMINISTRATIVOS, COMEDOR,
TRANSPORTE...
TAMÉN TEDES UN APARTADO RELACIONADO CO MOMENTO
ACTUAL (QUÉDATE NA CASA) CON ENLACES A PÁXINAS DE
ORGANISMOS OFICIAIS E A CONTIDOS EDUCATIVOS.
NO MARXE ESQUERDO DESTA WEB TEDES ACCESO AO NOVO
ESPAZO.
MOITO ÁNIMO E UNHA APERTA MOI FORTE A TODA A
COMUNIDADE EDUCATIVA.
#NoCouceiroQuedamosNaCasa
Ola familias!!! Antes de nada mandar unha aperta moi forte a
tod@s os compoñentes da nosa Comunidade Educativa
nestes momentos tan especiais.
Do cole xurdiu unha idea para intentar levantar un pouquiño o
ánimo e poder ver como levamos este encerro forzoso. De forma
voluntaria, cada familia mandará unha foto ou un video que non
supere os 10 seg. onde estén xogando, facendo exercicio ou
calquera actividade física (poden sair os nen@s solos ou coa
familia). Despois os xuntaremos e faremos un video que levara o
título de #NoCouceiroQuedamosNaCasa. Imos poñer de prazo ata
o vindeiro mércores 25.
O correo para enviar os videos será ceipcouceiro@gmail.com.
Ánimo e paciencia. Queda menos para volver.
INFORMACIÓN SOBRE O CORONAVIRUS
A XUNTA DE GALICIA ACABA DE INFORMAR DE QUE OS CENTROS
DE TODOS OS NIVEIS EDUCATIVOS PERMANECERÁN PECHADOS
DE FORMA OFICIAL A PARTIR DO LUNS 16
DE MARZO DURANTE 14 DÍAS.
RECOMÉNDASE QUE MAÑÁ VENRES 13 DE MARZO O ALUMNADO
NON ASISTA AOS CENTROS EDUCATIVOS A NON SER
QUE SEXA IMPRESCINDIBLE.
ESTADE ATENT@S ÁS NOSAS REDES SOCIAIS A TRAVÉS DAS QUE
SEGUIREMOS INFORMANDO.
ESTÁ A DISPOSICIÓN DAS FAMILIAS UN ENLACE Á PÁXINA WEB
DA CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN CON TODA A INFORMACIÓN
REFERENTE Ó CORONAVIRUS.
CALQUERA ACTUALIZACIÓN SOBRE ESTE TEMA APARECERÁ TAMÉN
NESTA PÁXINA.
http://www.edu.xunta.gal/portal/familiasealumnado/informacion-coronavirus
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 12
- 13
- 14
- 15
- 16
- 17
- 18
- 19
- 20
- …
- seguinte ›
- última »