DÍA DA PAZ

 

RECOLLIDA DE ALIMENTOS NO NOSO COLE 

 

O día 29 de xaneiro celebraremos no colexio o “Día da Paz e non violencia” cunha recollida de alimentos, en colaboración co Banco de Alimentos Rías Altas (Zona Ferrol).

 

O ano 2020 foi un ano complicado e cheo de retos para todos/as, no que toda a comunidade educativa do Ceip Couceiro Freijomil se implicou e continúa a implicarse cada día con responsabilidade e compromiso na axuda e colaboración con toda a pobocación que o precise por diversos motivos relacionados coa pandemia.

 

O noso colexio dedice facer esta recollida de alimentos neste momento (Día da Paz) porque un dos valores que a nosa escola quere poñer en alza é o da solidariedade e compromiso coa comunidade.  

 

No ano 2020 o Comité do Premio Nobel da Paz entrega este premio ao  Programa Mundial de Alimentos das Nacións Unidas pola súa contribución para mellorar as condiciós para a paz en áreas afectadas por conflictos e por actuar con forza impulsora para previr o uso da fame como unha ferramenta para a guerra e o conflicto. Ademais, dito Programa Mundial de Alimentos leva loitando contra a pandemia dende o primeiro momento, facendo unha gran labor para mellorar a situación de millóns de persoas en todo o mundo.

 



COMO LEVAREMOS A CABO A RECOLLIDA DE ALIMENTOS?

 

O venres 29 de xaneiro haberá nas entradas do cole unhas caixas onde recolleremos os alimentos non perecedoiros e alimentos precociñados tales como lentellas, garavanzos, arroz, leite, galletas, aceite,... para o Bando de Alimentos Rías Altas de Ferrol. 

Todas as familias que desexen participar nesta recollida de alimentos deberán facelo por medio dos seus fillos/as, que os depositarán ao entrar na escola (as familias de Infantil poderán ser os adultos que acompañan aos nenos/as os que depositen os alimentos nas caixas).

 

Unha vez máis, grazas a todos/as pola vosa colaboración.

 

IMPORTANTE: CAMBIOS NOS HORARIOS DO CRIBADO DE MAÑÁ

 

Estimadas familias,

Coa experiencia de hoxe no cribado, que se

caracterizou pola súa rapidez, é preciso reorganizar

os horarios de mañá. Desta forma quedarían así:

 

3 ANOS: 8:45h

4 ANOS: 9:00h

5 ANOS: 9.30h

1º EP: 10:00h

2º EP: 10:30h

3ºB EP: 11:00h

 

Primeiro será chamado o alumnado  ou familiar

acompañante dos grupos A e logo os de B.

Desculpade as molestias.

Saúdos,

A dirección

REALIZACIÓN DUN CRIBADO NO NOSO CENTRO

 

Estimadas familias,

En primeiro lugar queremos agradecer a vosa participación no cribado que terá lugar o luns e martes. As persoas que veñan a acompañar ou ben que só traian ao/á neno/a a facer a proba deberá agardar fóra do colexio. Serán chamados/as polo/a nome/a do/a neno/a  pola porta do pavillón que dá ao peirao. Os tempos que marcamos son aproximados, pensade que nunca organizamos un cribado…

Unha vez feita a proba sairedes seguindo a sinalización, evitando quedar preto do pavillón para que poidamos garantizar distancias  e obter a maior seguridade para todos/as.

No seguinte enlace a Espazo Familias tedes a organización por días e cursos:

https://ceipcouceiro.wixsite.com/misitio-1

 

Tamén tedes a posibilidade de descargar un archivo con dita organización.

 GRAZAS POLA VOSA COLABORACIÓN!

PECHE DE AULA

 

Seguindo instrucións de Sanidade a aula de 6ºA de

Educación Infantil quedará pechada pola confirmación

dun caso positivo.

PECHE DE AULA

 

Seguindo instrucións de Sanidade a aula de 1ºA de

Educación Primaria quedará pechada pola confirmación

dun caso positivo.

PECHE DE AULA

 

Seguindo instrucións de Sanidade a aula de 1ºA 

quedará pechada pola confirmación dun caso positivo.

 

 

O OUTONO NO COUCEIRO

 

Dende o Equipo de Dinamización da Lingua Galega impulsáronse diferentes

actividades relacionadas con tres festas e celebracións con moita tradición

no noso centro.

Os rapaces e rapazas realizaron traballos sobre o Samaín, o Magosto e o

Día do Peón.

Aquí tedes nestes vídeos un pequeno resumo dos seus traballos.

 

Parabéns a todos e todas polo voso esforzo!!!

 

CONFIRMACIÓN DE BROTE E PECHE DE DÚAS AULAS NO CENTRO

 

Como xa notificamos anteriormente a través de

abalarMóbil, hoxe confirmouse a aparición dun

brote no noso centro educativo. Seguindo instrucións

de Sanidade as dúas aulas de 2º de Primaria

quedarán pechadas ata o final do seu confinamento.

 

 Un saúdo

PUBLICACIÓN DA ORDE PARA A DISTRIBUCIÓN DE MÁSCARAS ENTRE O ALUMNADO

Estimadas familias:

No DOG do 13/11/2020 publícase a Orde que regula o procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado.

Beneficiarios: Alumnado que recibiu a axuda de material escolar da Xunta de Galicia (está exento de presentar a solicitude) e aquel alumnado que pertenza a familias con RPC inferior a 6000 €. Cálculo da RPC: sumas das casillas 432 + 460 da declaración do 2018 dividido entre o número de membros da unidade familiar.

Prazo: 10 días hábiles desde o día 16/11

Documentación: Anexos I e II da Orde, libro de familia ou documento equivalente, sentencia de separación ou divorcio se é o caso, certificado do grao de discapacidade, se é o caso.

 

Orde da convocatoria

Anexos I e II

Distribuir contido