Ata sempre Julio!
Onte foi unha xornada moi triste para a familia
couceirista polo facelemento do noso compañeiro Julio
Pampín, quen fóra durante moitos anos xefe de estudos
do colexio.
A nosa biblioteca débelle moito.
Non hai palabras para describir a boa persoa que era e
o excelente profesional.
Deixa un baleiro enorme entre todas as persoas que o
coñeciamos.
Ata sempre Julio!
DISTRIBUCIÓN DE MÁSCARAS ENTRE O ALUMNADO
Estimadas familias
O próximo venres 26 de novembro remata o prazo para presentar as solicitudes para todo o alumnado que non foi beneficiario de axuda de material escolar no curso 2021-2022 e que cumpra algunha das seguintes condicións:
_ Que pertenza a unha familia cunha renda per cápita igual ou inferior a 6000euros
_ Alumnado matriculado en educaicón especial
_ Alumnado suxeito a tutela ou garda da Xunta de Galicia
_ Alumnado cun grao de discapacidade igual ou superior ao 65%
O alumnado beneficiario de axuda de material escolar no curso 2021-2022 non ten que presentar solicitude
Para máis información pinchade no seguinte enlace:
ANEXOS PARA A SOLICITUDE
CIRCULACIÓN DE CAMIÓNS MAÑÁ XOVES 18/10/21
Estimadas familias:
Ao longo da mañá do xoves 18 de novembro do 2021, circularán camións de forma continuada por diante das entradas principais do centro educativo. Polo que pedimos precaución durante a entrada e saída do colexio pola seguridade dos nosos/as fillos/as.
Un saúdo e grazas pola vosa colaboración.
O equipo directivo
RELACIÓN DE PRESENTACIÓN DE CANDIDATURAS NO SECTOR DE PAIS E NAIS DE ALUMNADO
Unha vez finalizado o prazo de presentación de candidaturas para a elección dos representantes de nais e pais do alumnado no CONSELLO ESCOLAR do centro, a XUNTA ELECTORAL deste colexio fai pública a relación de nomes das persoas candidatas que se presentan á referida elección, segundo se indica de seguido por orde alfabética de apelidos:
1.- Cuiña Riveiro, Mª Fernanda
2.- Juíz Río, Sandra Mª
3.- Urango Muelas, Emma
Segundo o establecido no Artigo 41 do Decreto 374/1996, do 17 de outubro (DOG do 21) correspóndelle elixir no presente proceso electoral a dous pais/nais, dun total de cinco que debe ter o Consello Escolar. Outros tres representantes de pais/nais continúan como consecuencia da súa elección anterior no ano 2018 e un será designado pola ANPA.
A campaña electoral abranguerá desde o día 15 de novembro ata o día 21, ambos días inclusive.
O que se fai público para xeral coñecemento.
Pontedeume, 15 de novembro de 2021
A directora /Xefa de estudos e presidenta da Xunta Electoral
Rosalía Iglesias Carrillo
Celebramos o Magosto e o día do Peón
O xoves pasado foi un día de celebración no Couceiro Freijomil, aquí vos deixamos un vídeo onde podedes ver o ben que o pasamos.
PORTACASTAÑAS
MAGOSTO NO COUCEIRO:
Como facemos un PORTACASTAÑAS?
OLLADE!
Grazas pola vosa colaboración!
TRÁNSITO DE CAMIÓNS NO PEIRAO
PRECAUCIÓN!
CIRCULACIÓN DE CAMIÓNS!
Ao longo da mañá do próximo luns 08 de novembro a empresa encargada das obras do peirao comunica que: Co fin de adiantar as obras deberán circular camións, de forma continuada, por diante das entradas principais do colexio.
POLO QUE DEBEREMOS DE SER CAUTOS/AS!
Será importante que todos e todas colaboremos e estemos moi atentos/as ao tráfico que poida haber no momento de entrar e saír pola seguridade dos nosos fillos e fillas.
Un saúdo
Equipo Directivo
ELECCIÓN DOS REPRESENTANTES DE NAIS, PAIS E TITORES LEGAIS AO CONSELLO ESCOLAR
ELECCIÓN DOS REPRESENTANTES DE NAIS, PAIS E TITORES LEGAIS AO CONSELLO ESCOLAR
CONVOCATORIA
De acordo coa Resolución do 20 de setembro de 2021 da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional pola que se establece e calendario para a celebración de eleccións de membros dos consellos escolares de centros docentes sostidos con fondos públicos (DOG do 29 de setembro), a Xunta Electoral deste centro, en virtude das atribucións que lle son conferidas pola lexislación vixente, dispón a convocatoria de eleccións ao Consello Escolar, SECTOR DE PAIS E NAIS DO ALUMNADO, segundo as seguintes normas:
1.- De acordo co disposto no Artigo 41 do Decreto 374/1996, do 17 de outubro (DOG do 21), redactado conforme ao establecido na disposición adicional terceira 1 do Decreto 7/1999, do 7 de xaneiro (DOG do 26), corresponde elixir no presente proceso electoral a 2 pais/nais dun total de cinco que debe ter o Consello Escolar.
2.- Son electores todos os pais e nais ou, se é o caso, os titores legais do alumnado matriculado no centro e incluídos no censo correspondente que a partir do día 2 de novembro estará exposto no taboleiro de anuncios. As reclamacións ao referido censo realizaranse mediante escrito razoado dirixido á Xunta Electoral, ata as 13.45 horas do día 11 de novembro.
3.- Son elixibles os pais e nais ou, se é o caso, os titores legais, que formulen a súa candidatura oficial segundo o modelo que se facilitará na secretaría do colexio. As candidaturas poderán ser presentadas desde o día 4 de novembro ata as 14.00 horas do 11 de novembro.
4.- O sorteo dos membros da mesa electoral realizarase en acto público, entre os pais e nais que non se presenten como candidatos/as, o día 15 de novembro, ás 09:00 horas. A dita mesa electoral estará composta pola directora en funcións/xefa de estudos do centro, que actuará como presidenta, e catro pais/nais ou titores legais, actuando de secretario/a o/a de menor idade.
5.- A campaña electoral comprenderá desde o 16 ao 21 de novembro, ambos días inclusive. As dependencias e servizos do centro estarán a disposición das persoas candidatas, previa petición á presidenta da Xunta Electoral, sempre que o seu uso non altere o normal funcionamento educativo do colexio. O día 22 de novembro, véspera das votacións, non se poderá facer campaña electoral.
6.- Poderán actuar como supervisores/as da votación os/as pais/nais ou titores/as legais do alumnado matriculado no centro que sexan propostos/as pola ANPA ou, no seu defecto, que estean avalados/as cando menos pola firma de 10 electores/as.
7.- As votacións realizaranse neste colexio público o día 23 de novembro, de 17.00 a 19.00 horas. A mesa electoral será constituída o mesmo día, en acto público, ás 16.45 horas.
8.- Na papeleta de votación cada elector/a fará constar un máximo de 1 nome dos candidatos/as presentados/as, debendo acreditar a súa personalidade á hora de votar, mediante exhibición do DNI ou documento similar. O voto será directo, secreto e non delegable e non se admitirá o voto por correo.
9.- Teñen dereito ao voto o pai e a nai, se é o caso, o/a titor/a legal do alumnado.
10.- Finalizada a votación procederase ao escrutinio dos votos, que será público, e unha vez realizado, levantarase acta para o seu envío á Xunta Electoral do centro.
11.- A Xunta Electoral do centro resolverá as dúbidas e reclamacións que se poidan formular.
Pontedeume, a 2 de novembro de 2021
A presidenta da Xunta Electoral
Rosalía Iglesias Carrillo
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- 13
- …
- seguinte ›
- última »