FONDO SOLIDARIO E AXUDAS DE LIBROS E MATERIAL ESCOLAR PARA O CURSO 2020-2021

 

Comeza o proceso de presentación de solicitudes para a convocatoria

do fondo solidario de libros de texto e as axudas para adquirir libros de

texto e material escolar do presente curso.

 

O prazo vai do 20 de maio ao 19 de xuño.

 

CIRCULAR INFORMATIVA DO COLE 

* PARA PRESENTACIÓN PRESENCIALANEXOS I E II DA ORDE DE

   CONVOCATORIA

ADAPTACIÓNS DAS PROGRAMACIÓNS DIDÁCTICAS PARA O 3º TRIMESTRE

 

Seguindo as Instrucións do 27 de abril de 2020, xa están dispoñibles

as adaptacións das programacións didácticas para o 3º trimestre.

 

                                     4º EDUCACIÓN INFANTIL

                 5º EDUCACIÓN INFANTIL

                 6º EDUCACIÓN INFANTIL

                 1º EDUCACIÓN PRIMARIA

                 2º EDUCACIÓN PRIMARIA

                 3º EDUCACIÓN PRIMARIA

                 4º EDUCACIÓN PRIMARIA

                 5º EDUCACIÓN PRIMARIA

                 6º EDUCACIÓN PRIMARIA

                 PEDAGOXÍA TERAPÉUTICA

                 AUDICIÓN E LINGUAXE

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2020

NO BLOG DA NOSA BIBLIO TEDES VÍDEOS, CONTOS, RECURSOS

E UNHA SEMENTEIRA DE PALABRAS PARA CELEBRAR

ESTE DÍA TAN ESPECIAL! 

AVISO IMPORTANTE:ADMISIÓN E MATRÍCULA

 

O PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES DE ADMISIÓN

IRÁ DO 11 AO 18 DE MAIO, AMBOS OS DOUS DÍAS INCLUÍDOS.

 

EN CANTO Á PRESENTACIÓN DA DOCUMENTACIÓN ACREDITATIVA

DOS CRITERIOS DE BAREMO, A DATA MÁXIMA É O 26 DE MAIO.

 

AS LISTAXES PROVISIONAIS DO ALUMNADO ADMITIDO E EXCLUÍDO

PUBLICARANSE ANTES DO 9 DE XUÑO E AS DEFINITIVAS ATA O

26 DE XUÑO.

 

O PRAZO DE FORMALIZACIÓN DE MATRÍCULA IRÁ DO 1 AO 10 DE XULLO.

 

DADA A IMPORTANCIA DESTA INFORMACIÓN, AGRADECEMOS QUE NOS

AXUDEDES A DIFUNDILA.

 

DÍA DO LIBRO #euquedonacasalendo

 

Por ser o 23 de abril o Día do Libro imos facer un momento especial do noso tempo de lectura.

Ímonos fotografar e enviar a foto para que Güino faga a videomontaxe #euquedonacasalendo

 ao correo de Güino que é:  bibliocouceiro@gmail.com

Para facer fotos ben orixinais botádelle imaxinación, pensade que:
 
  • Podemos estar sós ou lendo en familia., mellor se saímos todos na foto, non é?
  • Escollemos o libro que máis nos gusta, o máis novo, o que estamos a ler nestes días...
  • Podemos poñervos preto dos nosos libros no noso cuarto, na sala, na ventá...
  • E tamén podemos facer construcións cos nosos libros e facer a foto lendo ao seu carón!
 
O 24 queremos empezar xa a montaxe fotográfica #euquedonacasalendo.
 
Enviade as vosas fotos segundo as fagades para que todos e todas axiña podamos vernos
 
compartindo as nosas lecturas  do Día do Libro!

AVISO SOBRE AS NOTAS

 

ÁS 14:00 HORAS PUBLICARANSE AS NOTAS.

PODEDES VISUALIZALAS A TRAVÉS DA APLICACIÓN

ABALARMÓBIL.

 

UN SAÚDO

Distribuir contido