UN NOVO BLOG NO COLEXIO

 

GRAZAS Á PROFE CRISTINA BOTOU A ANDAR O NOVO BLOG DE MÚSICA

NO COUCEIRO. PREMEDE NA IMAXE PARA ENTRAR EN "COUCEIRO

MUSICAL".

                                 

VISÍTANOS DAVID ARCAY

VISÍTANOS DAVID ARCAY

 

O alumnado de cuarto e quinto de primaria tivo a oportunidade de escoitar e dialogar con David Arcay, catro veces campión do mundo de pesca con mosca.

 

Falaron da importancia de conservar o medio ambiente e debatiron sobre a pesca sen morte da que David é fervente defensor. Posteriormente fixeron varias actividades, entre elas comprobar a dificultade que supón o lance  "cola de rata".

 

  

 

 

 

 

                  
                

COMEZO DAS CLASES

 

O vindeiro día 11 de setembro o horario será o habitual de 8.45

a 13.45. 

 

O transporte pasará no horario previsto e o comedor funcionará

con normalidade.


Aproveitamos para recordar que as familias de 1º e 2º de E.

Primaria están convocadas a unha reunión informativa o día 5 de

setembro ás 9:30, mentres que a reunión para as familias de E.

Infantil será o día 6 de setembro ás 12.00.

LISTAXE DEFINITVA FONDOLIBROS 2019-20

A listaxe definitiva de admitidos no fondo solidario e a do alumnado excluído está nos seguintes arquivos adxuntos.

Admitidos                          Excluídos 

 

 IMPORTANTE.   O ALUMNADO  DE 3º E 4º DE PRIMARIA QUE NON OBTIVO LIBROS DO FONDO SOLIDARIO, COA MATRÍCULA QUE TEMOS A DÍA DE HOXE, TAMÉN PODERÁ DISPOR DE LIBROS GRATUÍTOS QUE PROPORCIONARÁ O CENTRO. 

 

RESUMINDO:

 

INFANTIL:  ...........................Non compran libros e a listaxe de material darase en setembro.

1º PRIMARIA: ............................................................................................. Compran libros e material.

O activity book que figura na lista de libros de texto é un caderno, non un libro.

2º PRIMARIA: ............................................................................................. Compran libros e material.

O activity book que figura na lista de libros de texto é un caderno, non un libro.

3º PRIMARIA:.......................................................................Non compran libros e compran material.

Compran o activity book que figura na lista de libros de texto.

4º PRIMARIA:.......................................................................Non compran libros e compran material.

Compran o activity book que figura na lista de libros de texto. 

5º PRIMARIA:   Non compran libros (utilizarán libros dixitais gratuítos) e compran material.

Atención: comprarán  o caderno de plástica bilingüe que figura na listaxe de libros de texto (Ollo que o caderno de plástica bilingüe é o de sexto porque está previsto que o utilicen este curso e o seguinte)

6º PRIMARIA:   Non compran libros (utilizarán libros dixitais gratuítos) e compran material.

 

  CONVOCATORIA DE REUNIÓN.

Convócase a todos os pais e nais do alumnado de 1º e 2º de primaria a unha reunión que terá lugar o xoves, 5 de setembro ás 9:30 horas, nas aulas correspondentes, para tratar aspectos relativos ao inicio de curso. Ese día traerase todo o material escolar co nome do alumno/a para deixalo na aula.

Asimesmo as familias do alumnado de educación infantil terán a presentación e información do novo curso escolar o venres,  día 6, ás 12:00 horas. 

FONDOLIBROS 3º-4º PRIMARIA 2019-2020

LISTADO PROVISIONAL DO FONDO SOLIDARIO

(3º e 4º de primaria)

 

 

O listado provisional do alumnado  ADMITIDO e NON ADMITIDO no fondo solidario encóntrase nos arquivos adxuntos.

O día 10 de xullo publicaremos o listado definitivo, no que constará os libros adxudicados a cada un.

Sin embargo, independentemente do que figure nestas listas e coa matrícula actual, temos libros no fondo para  todo o alumnado de 3º e 4º de primaria. Polo que, nestas condicións, ningún alumno/a destes cursos terá que comprar os libros de  texto.

 PRAZO DE RECLAMACIÓN: Os días 8 e 9 de xullo.        ADMITIDOS         EXCLUÍDOS  

LISTADO DE MATERIAL 2019-2020

 

CURSOS DE PRIMARIA:

 

 

                    

 

 

             A relación de material escolar  de  

             infantil darémola en setembro     

 

ACTUACIÓN FIN DE CURSO 6º PRIMARIA

 

Neste vídeo podedes ver a actuación do alumnado de sexto o día da súa graduación. Noraboa a todo o alumnado e ao seu profe Rober porque con esforzo e traballo lograron poñer un remate perfecto á súa estancia no Couceiro. Ata sempre!!! 

FIN DE CURSO NA BIBLIOTECA

Celebramos un acto de valoración e agradecemneto pola participación nas actividades da biblioteca.

Entregamos diplomas e pequenos agasallos aos "Axudantes de Güino", á participación nos "Clubs de Lectura" e ao neno e á nena "Máis Lector e Lectora".

 Tamén presentamos as "Recomendacións Lectoras " que realizaron en formato de" Booktraile" a rapazada dos clubs de lectura de 6º. 

Distribuir contido