INFORMACIÓN IMPORTANTE SOBRE O INICIO DE CURSO

 


Debido á aplicación do protocolo de adaptación á situación Covid19 no curso 2020/21, quedan

ANULADAS todas as reunións presenciais programadas. A entrega do material de 1º e 2º EP

prevista para o 4 de setembro tamén queda cancelada. A través da páxina web. facebook, blogs

de aula e/ou Abalarmóbil xa se vos irá informando do material que teñen que traer o primeiro día de clase.

 

INICIO DAS CLASES:


As clases comezarán os días 11 e 14 de setembro en función do nivel educativo, por ser o 10 de setembro

festivo local.


- ALUMNADO DE 4º EI:


O alumnado de 4ºEI seguirá o plan de adaptación remitido por correo postal durante o verán. É obrigatorio

o uso de máscara, respectar a distancia de seguridade e que veña só un acompañante, que non sexa unha

persoa de risco, por alumno/a.


- RESTO DO ALUMNADO:


O día 11 de setembro empezará o alumnado de 5ºEI, 1ºEP, 2ºEP e 3º EP nos horarios que vos poñemos a

continuación. Os servizos de transporte e comedor funcionarán dentro das pautas desta "nova normalidade"

que vos pasaremos nos vindeiros días.


• Ás 9.30h incorporarase o alumnado de 3ºEP pola entrada principal do colexio. Agardaredes no peirao, fóra

do recinto ata que vos chamemos. É obrigatorio o uso de máscara, respectar a distancia de seguridade e que

veña só un acompañante, que non sexa unha persoa de risco, por alumno/a. A hora de saída pola porta principal

será ás 13.45h.


• Ás 10.30h incorporarase o alumnado de 2ºEP pola entrada principal do colexio. Agardaredes no peirao, fóra

do recinto ata que vos chamemos. É obrigatorio o uso de máscara, respectar a distancia de seguridade e só

un acompañante, que non sexa unha persoa de risco, por alumno/a. A hora de saída será pola porta principal ás

13.40h.


• Ás 11.30h incorporarase o alumnado de 5ºEI pola entrada principal do colexio. Agardaredes no peirao, fóra do

recinto ata que vos chamemos. É obrigatorio o uso de máscara, respectar a distancia de seguridade e só un

acompañante, que non sexa unha persoa de risco, por alumno/a. A hora de saída será para 5ºIA ás 13.15h. e

para 5ºIB ás 13:20h.


• Ás 12.30h incorporarase o alumnado de 1ºEP pola entrada principal do colexio. Agardaredes no peirao, fóra

do recinto ata que vos chamemos. É obrigatorio o uso de máscara, respectar a distancia de seguridade e só

un acompañante, que non sexa unha persoa de risco, por alumno/a. A hora de saída será ás 13.35h. pola porta

principal.

 

 

AVISO IMPORTANTE:


Na páxina web, no Facebook, blogs de aula e través de Abalarmóbil, colgaremos un dossier coa información

correspondente a este inicio de curso. Nesa información irá incluída unha DECLARACIÓN conforme recibistes

a información pertinente, que cada familia deberá traer asinada ese primeiro día de curso. Aquelas familias que

non poidan imprimir esta declaración, terán o modelo impreso nunha mesa á entrada do recinto escolar nos

días anteriores ao inicio das clases.

 

O día 14 de setembro empezará o alumnado de 6ºEI, 4ºEP, 5ºEP e 6º EP nos horarios que vos poñemos a

continuación. Os servizos de transporte e comedor funcionarán dentro das pautas que vos pasaremos desta

"nova normalidade".


• Ás 9.30h incorporarse o alumnado de 6ºEP pola entrada que está ao lado do pavillón . Agardaredes no

peirao, fóra do recinto ata que vos chamemos. É obrigatorio o uso de máscara, respectar a distancia de

seguridade e só un acompañante, que non sexa unha persoa de risco, por alumno/a. A hora de saída será

ás 13.45h pola porta do lado do pavillón.


• Ás 10.30h incorporarase o alumnado de 5ºEP pola entrada que está do lado do pavillón. Agardaredes no

peirao, fóra do recinto ata que vos chamemos. É obrigatorio o uso de máscara, respectar a distancia de

seguridade e só un acompañante, que non sexa unha persoa de risco, por alumno/a. A hora de saída será

ás 13.40h pola porta do lado do pavillón.


• Ás 11.30h incorporarase o alumnado de 6ºEI pola entrada principal do colexio. Agardaredes no peirao, fóra

do recinto ata que vos chamemos. É obrigatorio o uso de máscara, respectar a distancia de seguridade e só

un acompañante, que non sexa unha persoa de risco, por alumno/a. A hora de saída será para 6ºIA ás 13.25h.

e para 6ºIB ás 13:30h.


• Ás 12.30h incorporarase o alumnado de 4ºEP pola entrada que está do lado do pavillón. Agardaredes no

peirao, fóra do recinto ata que vos chamemos. É obrigatorio o uso de máscara, respectar a distancia de

seguridade e só un acompañante, que non sexa unha persoa de risco, por alumno/a. A hora de saída será ás

13.35h. pola porta do lado do pavillón.

 

AVISO IMPORTANTE:

 

 

 

 

Na páxina web, no Facebook, blogs de aula e través de Abalarmóbil, colgaremos un dossier coa información

correspondente a este inicio de curso. Nesa información irá incluída unha DECLARACIÓN conforme recibistes

a información pertinente, que cada familia deberá traer asinada ese primeiro día de curso. Aquelas familias que

non poidan imprimir esta declaración, terán o modelo impreso nunha mesa á entrada do recinto escolar nos

días anteriores ao inicio das clases.

 

TRÁMITES ADMINISTRATIVOS

 

Estimadas familias,


Tendo en conta que será un inicio de curso complexo, os trámites administrativos

serán atendidos por vía telemática no email ceip.couceiro.freijomil@edu.xunta.es.

Indicade no email o nome do alumno/a e o que precisades e, en canto podamos, vos

daremos resposta.

 

 Grazas por colaborar!

INFORMACIÓN DO COMEDOR ESCOLAR

 

COMUNICACIÓN IMPORTANTE DA @ANPA EUME
APERTURA DE PRAZO PARA INSCRCIÓN NO COMEDOR ESCOLAR 2020-2021


Estimadas familias:

Ábrese o prazo para a inscrición das vosas fillas e dos vosos fillos no comedor para o
vindeiro curso 2020-2021.
O prazo permanecerá aberto ata o 4 de setembro de 2020.
A empresa Jardanay enviounos unha circular e un díptico informativo, que e necesario
que teñades en conta e que encontraredes colgado da nosa páxina.


EN CASO DE LÍMITE DE PRAZAS, POR APLICACIÓN DO PROTOCOLO
APROBADO POLA XUNTA, A PRIORIDADE ESTABLECERASE POR ORDE DE
INSCRICIÓN.


Incidir en que a xunta directiva da ANPA estamos facendo o esforzo de sacar adiante o
servizo de comedor porque somos conscientes da importancia que este servizo ten para
a conciliación familiar e laboral, pero tamén é verdade que teremos que estar seguras de
que non implica unha responsabilidade xurídica que non podamos asumir. Nese suposto
non nos veríamos coa capacidade de seguir xestionando o servizo.
Para facer uso do comedor é necesario pagar unha matrícula de 15€ por persoa usuaria e
ano.
As familias socias da ANPA están exentas do pago desta matrícula. CUOTA DA ANPA
(12 € POR FAMILIA E ANO)*. Contaremos como facerse familia socia ao inicio do
curso. Grazas!!
* A ANPA agradécevos enormemente que elixades esta alternativa porque é a ANPA
quen xestiona o comedor e porque cun pouquiño de cada familia podemos aportarlle
moito a todo o Cole.
ALTA NO COMEDOR CURSO 2020-2021
A través da páxina web da empresa Jardanay.
Tede a man:
• Nº de conta para que vos pasen o pago mensual do comedor.
• DNI do nai, pai ou tutor ou tutora legar
• DNI da nena ou do neno que vai facer uso do comedor. Se non ten DNI cúbrese co
voso.
Tedes que cubrir un formulario por cada fillo ou filla que vaia facer uso do comedor.
Usuario: couceiro
Contrasinal: comedores2020
Unha vez dentro, ides cubrindo todos os campos e para confirmar que rematachedes a
inscrición con éxito, debe de chegarvos ao voso correo electrónico (o que indicáchedes
no formulario) un mail de confirmación.
En caso contrario, poñédevos en contacto coa empresa no tlf 981 12 66 27
Tedes que repetir este procedemento por cada neno o nena que vaia facer uso do
comedor.


Atentamente a Directiva da Anpa Eume

INFORMACIÓN XERAL

 

INFANTIL:  ................................Non compran libros e a listaxe de material darase en setembro.

1º PRIMARIA: .................................................. Compran libros e material.

 

2º PRIMARIA: ...................................................Compran libros e material.

 

   3º PRIMARIA:................................................... Compran libros ( o alumnado que non obtivo axuda no fondo solidario) e material.                                  

Todo o alumnado compra o activity book que figura na lista de libros de texto.

 

4º PRIMARIA:...............................Non compran libros e compran material.

O alumnado de 4º que non obtivo libros do fondo solidario, coa matrícula que temos a día de hoxe, tamén poderá dispor de libros gratuítos que proporcionará o centro agás para inglés, que será preciso mercalos tanto o Pupil's book como o Activity book. De ser preciso mercar algún libro máis doutra materia en concreto informaremos en setembro.                                                                                       

 

5º PRIMARIA:......Non compran libros (utilizarán libros dixitais gratuítos) e compran material.

6º PRIMARIA:......Non compran libros (utilizarán libros dixitais gratuítos) e compran material. Traerán o caderno de plástica bilingüe do curso pasado.

 

  CONVOCATORIAS DE REUNIÓNS

Se as condicións sanitarias e a normativa do momento o permite, convócase a todos os pais e nais do alumnado dos seguintes cursos ás seguintes reunións:

- EDUCACIÓN INFANTIL

Día 4 de setembro, cos seguintes horarios:

3 anos: 12.00 horas.

4 anos: 12:30 horas.

5 anos: 13:00 horas.

-1º DE EDUCACIÓN PRIMARIA

Reunión ás 11:00 horas. Ese día traerase todo o material escolar identificado co nome do alumnado. Se a reunión non fose posible o material pódese traer igualmente seguindo as recomendacións sanitarias do momento. 

 -2º DE EDUCACIÓN PRIMARIA

Reunión ás 10:00 horas. Ese día traerase todo o material escolar identificado co nome do alumnado.                                           

 

LISTAXE DEFINITIVA DE FONDO LIBROS 2020-21

 

Xa tedes no taboleiro de anuncios do centro as listaxes definitivas

do fondo libros.

Cumprindo co artigo 13 bis da Orde do 12 de maio, as listaxes

publicaranse única e exclusivamente no taboleiro de anuncios

do centro. 

 

 

LIBROS DE TEXTO 2020-2021

 

LIBROS DE TEXTO 2020-21

 

 

LISTADO DE MATERIAL 2020-21

   

                                                              

 

TAMÉN ESTÁN Á VOSA DISPOSICIÓN OS LISTADOS DE

MATERIAL E LIBROS DE TEXTO NO ESPAZO FAMILIAS

DA PÁXINA WEB DO COLE.

 

                                                

RESOLUCIÓN PROVISIONAL DE FONDO LIBROS PARA O CURSO 2020-2021

 

A partir de mañá estarán dispoñibles as listaxes provisionais

de admitidos do FONDOLIBROS para o curso 2020-2021.

 

Cumprindo co artigo 13 bis da Orde do 12 de maio de 2020, as

listaxes publicaranse única e exclusivamente no taboleiro de

anuncios do centro. Tamén poden consultar as listaxes por

chamada telefónica.

 

O xoves 9 de xullo publicaranse as listaxes definitivas.

 

IMPRESO PARA A FORMALIZACIÓN DA MATRÍCULA 2020

 

PODEDES DESCARGAR O IMPRESO PARA A FORMALIZACIÓN DA

MATRÍCULA NO DOCUMENTO ADXUNTO QUE TEDES DEBAIXO.

 

 IMPRESO DE MATRÍCULA

DESPEDIDA DOS NENOS E NENAS DE 6º

 

ESTA É A NOSA PARTICULAR HOMENAXE A TODOS OS NENOS E NENAS DE 6º

QUE HOXE ABANDONAN O NOSO CENTRO.

UNHA APERTA MOI GRANDE A TODO O ALUMNADO DE 6º E AS SÚAS FAMILIAS. 

 

O COUCEIRO SEMPRE SERÁ A VOSA CASA!

 

          

MATRÍCULA 2020/2021

 

LISTAXES DE ALUMNADO ADMITIDO PARA O CURSO 2020-2021

 

CURSO: 4º DE EDUCACIÓN INFANTIL: está admitido todo o alumnado que presentou solicitude de admisión.

 

CURSO: 2º DE EDUCACIÓN PRIMARIA: está admitido todo o alumnado que presentou solicitude de admisión.

 

CURSO: 3º DE EDUCACIÓN PRIMARIA: está admitido todo o alumnado que presentou solicitude de admisión.

Distribuir contido