INFORMACIÓN IMPORTANTE SOBRE O INICIO DE CURSO
Debido á aplicación do protocolo de adaptación á situación Covid19 no curso 2020/21, quedan
ANULADAS todas as reunións presenciais programadas. A entrega do material de 1º e 2º EP
prevista para o 4 de setembro tamén queda cancelada. A través da páxina web. facebook, blogs
de aula e/ou Abalarmóbil xa se vos irá informando do material que teñen que traer o primeiro día de clase.
INICIO DAS CLASES:
As clases comezarán os días 11 e 14 de setembro en función do nivel educativo, por ser o 10 de setembro
festivo local.
- ALUMNADO DE 4º EI:
O alumnado de 4ºEI seguirá o plan de adaptación remitido por correo postal durante o verán. É obrigatorio
o uso de máscara, respectar a distancia de seguridade e que veña só un acompañante, que non sexa unha
persoa de risco, por alumno/a.
- RESTO DO ALUMNADO:
O día 11 de setembro empezará o alumnado de 5ºEI, 1ºEP, 2ºEP e 3º EP nos horarios que vos poñemos a
continuación. Os servizos de transporte e comedor funcionarán dentro das pautas desta "nova normalidade"
que vos pasaremos nos vindeiros días.
• Ás 9.30h incorporarase o alumnado de 3ºEP pola entrada principal do colexio. Agardaredes no peirao, fóra
do recinto ata que vos chamemos. É obrigatorio o uso de máscara, respectar a distancia de seguridade e que
veña só un acompañante, que non sexa unha persoa de risco, por alumno/a. A hora de saída pola porta principal
será ás 13.45h.
• Ás 10.30h incorporarase o alumnado de 2ºEP pola entrada principal do colexio. Agardaredes no peirao, fóra
do recinto ata que vos chamemos. É obrigatorio o uso de máscara, respectar a distancia de seguridade e só
un acompañante, que non sexa unha persoa de risco, por alumno/a. A hora de saída será pola porta principal ás
13.40h.
• Ás 11.30h incorporarase o alumnado de 5ºEI pola entrada principal do colexio. Agardaredes no peirao, fóra do
recinto ata que vos chamemos. É obrigatorio o uso de máscara, respectar a distancia de seguridade e só un
acompañante, que non sexa unha persoa de risco, por alumno/a. A hora de saída será para 5ºIA ás 13.15h. e
para 5ºIB ás 13:20h.
• Ás 12.30h incorporarase o alumnado de 1ºEP pola entrada principal do colexio. Agardaredes no peirao, fóra
do recinto ata que vos chamemos. É obrigatorio o uso de máscara, respectar a distancia de seguridade e só
un acompañante, que non sexa unha persoa de risco, por alumno/a. A hora de saída será ás 13.35h. pola porta
principal.
AVISO IMPORTANTE:
Na páxina web, no Facebook, blogs de aula e través de Abalarmóbil, colgaremos un dossier coa información
correspondente a este inicio de curso. Nesa información irá incluída unha DECLARACIÓN conforme recibistes
a información pertinente, que cada familia deberá traer asinada ese primeiro día de curso. Aquelas familias que
non poidan imprimir esta declaración, terán o modelo impreso nunha mesa á entrada do recinto escolar nos
días anteriores ao inicio das clases.
O día 14 de setembro empezará o alumnado de 6ºEI, 4ºEP, 5ºEP e 6º EP nos horarios que vos poñemos a
continuación. Os servizos de transporte e comedor funcionarán dentro das pautas que vos pasaremos desta
"nova normalidade".
• Ás 9.30h incorporarse o alumnado de 6ºEP pola entrada que está ao lado do pavillón . Agardaredes no
peirao, fóra do recinto ata que vos chamemos. É obrigatorio o uso de máscara, respectar a distancia de
seguridade e só un acompañante, que non sexa unha persoa de risco, por alumno/a. A hora de saída será
ás 13.45h pola porta do lado do pavillón.
• Ás 10.30h incorporarase o alumnado de 5ºEP pola entrada que está do lado do pavillón. Agardaredes no
peirao, fóra do recinto ata que vos chamemos. É obrigatorio o uso de máscara, respectar a distancia de
seguridade e só un acompañante, que non sexa unha persoa de risco, por alumno/a. A hora de saída será
ás 13.40h pola porta do lado do pavillón.
• Ás 11.30h incorporarase o alumnado de 6ºEI pola entrada principal do colexio. Agardaredes no peirao, fóra
do recinto ata que vos chamemos. É obrigatorio o uso de máscara, respectar a distancia de seguridade e só
un acompañante, que non sexa unha persoa de risco, por alumno/a. A hora de saída será para 6ºIA ás 13.25h.
e para 6ºIB ás 13:30h.
• Ás 12.30h incorporarase o alumnado de 4ºEP pola entrada que está do lado do pavillón. Agardaredes no
peirao, fóra do recinto ata que vos chamemos. É obrigatorio o uso de máscara, respectar a distancia de
seguridade e só un acompañante, que non sexa unha persoa de risco, por alumno/a. A hora de saída será ás
13.35h. pola porta do lado do pavillón.