INFORMACIÓN DO COMEDOR ESCOLAR
COMUNICACIÓN IMPORTANTE DA @ANPA EUME
APERTURA DE PRAZO PARA INSCRCIÓN NO COMEDOR ESCOLAR 2020-2021
Estimadas familias:
Ábrese o prazo para a inscrición das vosas fillas e dos vosos fillos no comedor para o
vindeiro curso 2020-2021.
O prazo permanecerá aberto ata o 4 de setembro de 2020.
A empresa Jardanay enviounos unha circular e un díptico informativo, que e necesario
que teñades en conta e que encontraredes colgado da nosa páxina.
EN CASO DE LÍMITE DE PRAZAS, POR APLICACIÓN DO PROTOCOLO
APROBADO POLA XUNTA, A PRIORIDADE ESTABLECERASE POR ORDE DE
INSCRICIÓN.
Incidir en que a xunta directiva da ANPA estamos facendo o esforzo de sacar adiante o
servizo de comedor porque somos conscientes da importancia que este servizo ten para
a conciliación familiar e laboral, pero tamén é verdade que teremos que estar seguras de
que non implica unha responsabilidade xurídica que non podamos asumir. Nese suposto
non nos veríamos coa capacidade de seguir xestionando o servizo.
Para facer uso do comedor é necesario pagar unha matrícula de 15€ por persoa usuaria e
ano.
As familias socias da ANPA están exentas do pago desta matrícula. CUOTA DA ANPA
(12 € POR FAMILIA E ANO)*. Contaremos como facerse familia socia ao inicio do
curso. Grazas!!
* A ANPA agradécevos enormemente que elixades esta alternativa porque é a ANPA
quen xestiona o comedor e porque cun pouquiño de cada familia podemos aportarlle
moito a todo o Cole.
ALTA NO COMEDOR CURSO 2020-2021
A través da páxina web da empresa Jardanay.
Tede a man:
• Nº de conta para que vos pasen o pago mensual do comedor.
• DNI do nai, pai ou tutor ou tutora legar
• DNI da nena ou do neno que vai facer uso do comedor. Se non ten DNI cúbrese co
voso.
Tedes que cubrir un formulario por cada fillo ou filla que vaia facer uso do comedor.
Usuario: couceiro
Contrasinal: comedores2020
Unha vez dentro, ides cubrindo todos os campos e para confirmar que rematachedes a
inscrición con éxito, debe de chegarvos ao voso correo electrónico (o que indicáchedes
no formulario) un mail de confirmación.
En caso contrario, poñédevos en contacto coa empresa no tlf 981 12 66 27
Tedes que repetir este procedemento por cada neno o nena que vaia facer uso do
comedor.
Atentamente a Directiva da Anpa Eume