EXPOSICIÓN ILLA FANTASÍA

 

Ademáis de rematar o curso tamén estamos a finalizar os proxectos levados a cabo dende setembro, como é o caso de Illa Fantasía que por segundo ano consecutivo fixo gozar a pequenos e maiores coas súas actividades de animación á lectura e que, nesta ocasión, achegounos aos indios Lakota e a súa cultura.

 

Máis información da exposición do proxecto nos diferentes blogues de aula.

 

La imagen puede contener: textoLa imagen puede contener: una o varias personas e interiorLa imagen puede contener: planta, árbol y exterior

 

 

SAÍDA Á ESCOLA DE HOSTALERÍA NO IES FRAGA DO EUME

Unha mañá superdivertida onde traballamos os conceptos aprendidos na clase: A elaboración de masa para chegar a ser unha pizza deliciosa!!! Uuuummm!

 

Moitísimas grazas aos profes e alumnos/as do IES FRAGA DO EUME por estar con nós amasando e explicándonos todo o proceso de elaboración e polas mesas que nos tiñades preparadas para despois degustar a pizza e unha bebida que nos gustou moito!!

 

VISÍTANOS HÉCTOR CAJARAVILLE

O alumnado de 6º A e B, que vén de ler "Kusuma" recibiu no club de lectura ao autor Héctor Cajaraville,  premio Merlín 2018.

Foi unha sesión diferente. Tivemos tempo a escoitar e a conversar con el sobre a súa labor como escritor, a súa obra, as personaxes, os valores traballados na súa fábula, etc.

Grazas Héctor!!!        

 

PONLLE AS PILAS AO TEU BOCATA!

PONLLE AS PILAS AO TEU BOCATA é o obradoiro que realizou o alumnado de 3º que forma parte do Plan Proxecta: Aliméntate ben.

Ter unha dieta rica e equilibrada é fundamental. Levar unha alimentación adecuada, completa e variada dá a enerxía necesaria para facer o que che gusta durante todo o día.

Neste obradoiro aprendimos que os nosos bocadillos poden ser moi diferentes se xunto cunha gran variedade de alimentos vexetais, lácteos, .. tamén incluímos especies mariñas en conserva (mexillón, caballa, atún, ...)

                                                                    

FILOSOFAMOS CON GOYA

Moi interesantes foron as actividades que levou a cabo o alumnado de 4º de primaria de "Filosofía para nenos/as"  que remataron este mes de maio.

Todo o proceso desta innovadora experiencia está no blogue  

  Resultado de imaxes para niños treaoando arbol de goya

FONDO SOLIDARIO E AXUDAS DE LIBROS E MATERIAL ESCOLAR

 

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS E AXUDAS DE LIBROS E DE MATERIAL ESCOLAR

PARA O CURSO 2019-2020 

No DOG do 20 de maio de 2019  convócanse axudas para adquirir libros de texto e material escolar  e regúlase a participación no fondo solidario de libros de texto. 

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO: Destinado ao alumnado de 3º e 4º de Primaria e ESO.

AXUDAS PARA ADQUISICIÓN DE LIBROS DE TEXTO: Destinado ao alumnado de 1º e 2º de Primaria. Para rendas per cápita do ano 2017 inferiores a 9.000 €.

AXUDAS PARA MATERIAL ESCOLAR: Destinado ao alumnado de 1º, 2º, 3º 4º, 5º e 6º  Primaria e ESO.  Para rendas per cápita do ano 2017 inferiores a 5.400 €.

Prazo de presentación das solicitudes: ata o 21 de xuño

Impreso de solicitude...    Imagen relacionada

 

LETRAS GALEGAS

A celebración das Letras Galegas veu chea de actividades...

A rapazada de 6º achegounos  ao persoeiro ao que está adicado este ano o Día da Letras Galegas, Antonio Fraguas Fraguas.

 Entrega de premios do XI Certame de Poesía CEIP Couceiro Freijomil .

Este curso todas as poesías fálannos das comidas, dende o almorzo ata a cea pasando pola parva do recreo; das froitas, do peixe, da carne e tamén das larpeiradas.

Entregáronse tamén os premios do Álbum Bilingüe.

Apadriñamentos lectores: Aínda que hai anos que temos a actividade de "Ler aos máis pequenos" hoxe fíxose extensiva a toda a escola. 

Para rematar a festa nada mellor que bailar. O alumnado de 4º de Primaria aprendeunos a danza que compartiron hai uns días nunha fermosa actividade "UN MAR DE MUIÑEIRAS" con outros colexios de Ferrolterra.

 

http://bibliocouceiro.blogspot.com/2019/05/letras-galegas.html   

http://normalizacioncouceiro.blogspot.com/2019/05/letras-galegas-2019.html 

 

DÍA NON LECTIVO

LEMBRADE QUE O VINDEIRO MÉRCORES, 8 DE MAIO, É DÍA NON LECTIVO E NON HABERÁ CLASES.

COUCEIRO ORIENTA

Non queremos deixar que pase máis tempo sen dispoñer no noso cole dun blogue do Departamento de Orientación. 
Queremos que este blogue ademáis de dar a coñecer o noso Departamento, invite a descobrir e reflexionar sobre a diversidade nas nosas aulas.
O noso obxectivo principal e facer que a comunidade educativa do noso centro sexa un lugar onde a tolerancia, inclusión e diversidade sexan unha realidade.

Visitade o noso blogue........

Distribuir contido