LETRAS GALEGAS

A celebración das Letras Galegas veu chea de actividades...

A rapazada de 6º achegounos  ao persoeiro ao que está adicado este ano o Día da Letras Galegas, Antonio Fraguas Fraguas.

 Entrega de premios do XI Certame de Poesía CEIP Couceiro Freijomil .

Este curso todas as poesías fálannos das comidas, dende o almorzo ata a cea pasando pola parva do recreo; das froitas, do peixe, da carne e tamén das larpeiradas.

Entregáronse tamén os premios do Álbum Bilingüe.

Apadriñamentos lectores: Aínda que hai anos que temos a actividade de "Ler aos máis pequenos" hoxe fíxose extensiva a toda a escola. 

Para rematar a festa nada mellor que bailar. O alumnado de 4º de Primaria aprendeunos a danza que compartiron hai uns días nunha fermosa actividade "UN MAR DE MUIÑEIRAS" con outros colexios de Ferrolterra.

 

http://bibliocouceiro.blogspot.com/2019/05/letras-galegas.html   

http://normalizacioncouceiro.blogspot.com/2019/05/letras-galegas-2019.html