DÍA DO LIBRO #euquedonacasalendo

 

Por ser o 23 de abril o Día do Libro imos facer un momento especial do noso tempo de lectura.

Ímonos fotografar e enviar a foto para que Güino faga a videomontaxe #euquedonacasalendo

 ao correo de Güino que é:  bibliocouceiro@gmail.com

Para facer fotos ben orixinais botádelle imaxinación, pensade que:
 
  • Podemos estar sós ou lendo en familia., mellor se saímos todos na foto, non é?
  • Escollemos o libro que máis nos gusta, o máis novo, o que estamos a ler nestes días...
  • Podemos poñervos preto dos nosos libros no noso cuarto, na sala, na ventá...
  • E tamén podemos facer construcións cos nosos libros e facer a foto lendo ao seu carón!
 
O 24 queremos empezar xa a montaxe fotográfica #euquedonacasalendo.
 
Enviade as vosas fotos segundo as fagades para que todos e todas axiña podamos vernos
 
compartindo as nosas lecturas  do Día do Libro!