MADRUGADORES

 

PROGRAMA 'MADRUGADORES: ESPAZO DE ALMORZOS SAUDABLES'

 Resultado de imaxes para gifs de niños comiendoResultado de imaxes para gifs de niños comiendo

Apertura do prazo de inscrición para os alumnos e alumnas do CEIP Couceiro Freijomil que desexen apuntarse ao programa 'Madrugadores: espazo de almorzos saudables'

            O prazo será entre o 28 de agosto e o 5 de setembro.

O trámite pode realizarse no departamento de Servizos Sociais do Concello (Tlf. 981 433 288).

O programa vai dirixido ao alumnado deste centro e será realizado diariamente dende o mes de setembro de 2016 ata o mes de xuño de 2017, coincidindo co calendario escolar de 7:30 a 8:30 h.

O programa 'Madrugadores' é a resposta á necesidade de conciliar a vida persoal, familiar e laboral de moitas familias eumesas. Consistirá nun espazo saudable e lúdico á vez no propio centro escolar para que as nenas e nenos almorcen .

 

LISTAXE DEFINITIVA FONDO SOLIDARIO

 

A listaxe definitiva de admitidos no fondo solidario e a do alumnado excluído está nos seguintes arquivos adxuntos.

Admitidos                          Excluídos 

 

 IMPORTANTE.   O ALUMNADO  DE 3º E 4º DE PRIMARIA QUE NON OBTIVO LIBROS DO FONDO SOLIDARIO TAMÉN PODERÁ DISPOR DALGÚN LIBRO GRATUÍTO QUE PROPORCIONARÁ O CENTRO. PERO O AUMENTO DE ALUMNADO NESES CURSOS FAI IMPOSIBLE PROPORCIONAR A TOTALIDADE DOS LIBROS.  POLO TANTO FIXEMOS UN REPARTO INDIVIDUALIZADO E CADA FAMILIA COMPRARÁ OS LIBROS QUE PROPOÑEMOS NA LISTAXE ADXUNTA.

LISTA DE ADQUISICIÓN DE LIBROS POR ALUMNO/A EN 3º E 4º DE PRIMARIA

( Esta é a lista dos libros que realmente ten que comprar cada alumno/a,

o resto dos libros daráselles o primeiro día de curso. O alumnado de 3º que recibiu CATRO  libros

de Fondolibros comprará o libro de Matemáticas, tal como pon a lista.)

 

Lista libros 3º/4º por alumno/a 

 

RESUMINDO:

 

INFANTIL:  ...........................Non compran libros e a listaxe de material darase en setembro.

1º PRIMARIA: ............................................................................................. Compran libros e material.

2º PRIMARIA: ............................................................................................. Compran libros e material.

3º PRIMARIA:....Algunhas familias compran algún libro (ver lista arriba) e compran material.

4º PRIMARIA:....Algunhas familias compran algún libro (ver lista arriba) e compran material.

O activity book que figura de último na lista de libros de texto é un caderno, non un libro. 

5º PRIMARIA:   Non compran libros (utilizarán libros dixitais gratuítos) e compran material.

Atención: comprarán  o caderno de plástica bilingüe que figuran na listaxe de libros de texto (Ollo que o caderno de plástica bilingüe é o de sexto porque está previsto que o utilicen este curso e o seguinte)

6º PRIMARIA:   Non compran libros (utilizarán libros dixitais gratuítos) e compran material.

 

  CONVOCATORIA DE REUNIÓN.

Convócase a todos os pais e nais do alumnado de 1º e 2º de primaria a unha reunión que terá lugar o mércores 6 de setembro ás 10:30 horas, nas aulas correspondentes, para tratar aspectos relativos ao inicio de curso. Ese día traerase todo o material escolar co nome do alumno/a para deixalo na aula.

Asimesmo as familias do alumnado de educación infantil terán a presentación e información do novo curso escolar o mesmo día ás 12:00 horas. 

FONDOLIBROS 3º - 4º DE PRIMARIA

LISTADO PROVISIONAL DO FONDO SOLIDARIO

(3º e 4º de primaria)

O listado provisional do alumnado  ADMITIDO e NON ADMITIDO no fondo solidario encóntrase nos arquivos adxuntos.

O día 10 de xullo publicaremos o listado definitivo, no que constarán os libros adxudicados a cada un.

 PRAZO DE RECLAMACIÓN: Os días 6 e 7 de xullo.        ADMITIDOS         EXCLUÍDOS  

LISTADO DE MATERIAL 2017-2018

CURSOS DE PRIMARIA:

 

 

                    

 

 

             A relación de material escolar  de  

                infantil darémola en setembro              

GRADUACIÓN DE INFANTIL E SEXTOS DE PRIMARIA

 

GRADUACIÓNS DE INFANTIL E PRIMARIA

 

Este 23 de xuño foi un día especialmente emotivo no Couceiro. Primeiro foi a graduación do alumnado de infantil. Xoaniñas e Ciclistas, xa preparados para dar o salto a primaria, foron recoller os diplomas de graduación cos seus birretes.

 

Máis información da graduación de infantil nestes blogues:

http://aclasedegeni.blogspot.com.es/2017/06/a-nosa-graduacion.html

http://cousasdepequenosmaiores.blogspot.com.es/2017/06/graduacion-das-xoaninas.html

 

 

Máis tarde foi a graduación do alumnado de 6º de primaria que, despois de recibir os seus diplomas, realizou unha vistosa serie de exercicios de baile, acrobacias e coordinación. Logo interpretaron unha coreografía que eles prepararan pola súa conta.

Pero a sorpresa apareceu ao final. Nais e pais de alumnado de 6º tiñan preparado un flashmob sorpresa para os seus fillos e fillas.

Foi espectacular e todos rematamos emocionados.

Grazas, e ata sempre!

 

Máis información da graduación de primaria:

 

  

AXUDAS LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR

AXUDAS PARA LIBROS DE TEXTO

 

AXUDAS PARA ADQUISICIÓN DE LIBROS DE TEXTO: Alumnado de 1º e 2º de primaria. Para rendas per cápita inferiores a 9.000 euros.

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO: Alumnado de 3º e 4º de primaria. 

AXUDAS PARA MATERIAL ESCOLAR: Todo o alumnado de primaria. Para rentas per cápita inferiores a 5.400 euros.

PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES ATA O 23 DE XUÑO.

Máis información .... Resultado de imaxes para imagen descargar documentos                    DOG.....Resultado de imaxes para imagen descargar documentos 

 

CONCERTO DIDÁCTICO

 Novamente gozamos con artistas que temos no cole.

As profesoras do Conservatorio Profesional de Música  de Ferrol, Emma Urango, Alma Cendán, (nais de alumnado do centro) e Iria Rico deron un concerto didáctico. Primeiro mostraron e explicaron os instrumentos musicais. Logo, a través de películas e cancións moi coñecidas, fixeron que viaxáramos percorrendo emocións, sentimentos e valores que estas cancións representaban.

Moitas grazas e que se repita pronto!!!

Máis info nestes blogues....     XOANIÑAS        CICLISTAS

       

EUMEOLIMPIADAS

 

                    EUMEOLIMPIADAS 2017

    Alumnos e alumnas de terceiro a sexto de primaria do CEIP de Andrade e do CEIP Couceiro Freijomil, reuníronse ao longo desta semana para participar nas tradicionais Eumeolimpiadas.

​    Estas xornadas, que se levan celebrando dende hai máis de vinte anos, teñen como función principal a convivencia a través do xogo entre o alumnado dos diversos centros do Concello de Pontedeume.

    Máis información e  imáxenes aquí:

      http://ceipcouceiro.wixsite.com/eumeolimpiadas2017

    

 

AXUDAS PARA MATERIAL ESCOLAR

Dende Servizos Sociais do Concello de Pontedeume informan que, do 10 ao 31 de maio, está aberto o prazo para solicitar axudas para a adquisición de material escolar para o curso 2016-2017. (Educación infantil, primaria e ESO).

O modelo de solicitude pode recollerse en Servizos Sociais, no rexistro xeral ou descargalo na páxina web do Concello.

Distribuir contido