GRADUACIÓN DE INFANTIL E SEXTOS DE PRIMARIA

 

GRADUACIÓNS DE INFANTIL E PRIMARIA

 

Este 23 de xuño foi un día especialmente emotivo no Couceiro. Primeiro foi a graduación do alumnado de infantil. Xoaniñas e Ciclistas, xa preparados para dar o salto a primaria, foron recoller os diplomas de graduación cos seus birretes.

 

Máis información da graduación de infantil nestes blogues:

http://aclasedegeni.blogspot.com.es/2017/06/a-nosa-graduacion.html

http://cousasdepequenosmaiores.blogspot.com.es/2017/06/graduacion-das-xoaninas.html

 

 

Máis tarde foi a graduación do alumnado de 6º de primaria que, despois de recibir os seus diplomas, realizou unha vistosa serie de exercicios de baile, acrobacias e coordinación. Logo interpretaron unha coreografía que eles prepararan pola súa conta.

Pero a sorpresa apareceu ao final. Nais e pais de alumnado de 6º tiñan preparado un flashmob sorpresa para os seus fillos e fillas.

Foi espectacular e todos rematamos emocionados.

Grazas, e ata sempre!

 

Máis información da graduación de primaria: