BENVIDOS ! CURSO 2016-2017
As clases comezarán o 12 de setembro.O horario lectivo será o habitual de 8.45 a 13.45. Funcionará o servicio de Madrugadores e o comedor. O transporte escolar fará o percorrido habitual.
As familias de infantil lembrade que estades convocadas a unha reunión o día 6, martes, ás 12.00 horas. Será a presentación do equipo de infantil e a reunión coas titoras de cada nivel.
Tamén están convocadas as familias do alumnado do 1º curso de primaria a unha reunión o día 7, mércores, ás 11.00 horas. (Estaba prevista para as 11.30 pero modifícase por mor do comezo das festas). Prégase traer o material do curso co nome do alumno/a. |
LISTAS DEFINITIVAS DO FONDO SOLIDARIO
A listaxe definitiva de admitidos no fondo solidario e a do alumnado excluído está nos seguintes arquivos adxuntos.
NOTA IMPORTANTE. COMO TEMOS LIBROS DO CURSO ANTERIOR E ALGÚNS MÁIS QUE DEIXARON AS FAMILIAS. O ALUMNADO DE 3º E 4º DE PRIMARIA NON TERÁ QUE COMPRAR NINGÚN LIBRO, SALVO AQUELAS FAMILIAS CON FILLOS/AS QUE PASAN PARA 4º E NON DEIXARON OS LIBROS DE 3º. (En terceiro temos os libros moi xustos pois este curso é máis numeroso que o do curso pasado) RESUMINDO: SÓ COMPRARÁN LIBROS O ALUMNADO DE 1º E 2º PRIMARIA. INFANTIL: ...........................Non compran libros e a listaxe de material darase en setembro. 1º PRIMARIA: ............................................................................................. Compran libros e material. 2º PRIMARIA: ............................................................................................. Compran libros e material. 3º PRIMARIA: ................................................................... Non compran libros e compran material. 4º PRIMARIA: ................................................................... Non compran libros e compran material. 5º PRIMARIA: Non compran libros (utilizarán libros dixitais gratuítos) e compran material. Atención: comprarán o Activity book de inglés e o caderno de plástica bilingüe que figuran na listaxe de libros de texto (Ollo que o caderno de plástica bilingüe é o de sexto porque está previsto que o utilicen este curso e o seguinte) 6º PRIMARIA: Non compran libros (utilizarán libros dixitais gratuítos) e compran material. Atención: comprarán o Activity book de inglés e o caderno de plástica bilingüe que figura na listaxe de libros de texto. IMPORTANTE: Vale o material en bo estado do curso anterior.
|
LISTAS PROVISIONAIS DO FONDO SOLIDARIO
LISTADO PROVISIONAL DO FONDO SOLIDARIO(3º e 4º de primaria)O listado provisional do alumnado NON ADMITIDO no fondo solidario, encóntrase no arquivo adxunto.Todas as demais solicitudes están admitidas. O día 11 de xullo publicaremos o listado definitivo, no que constarán os libros adxudicados a cada un. PRAZO DE RECLAMACIÓN PARA OS NON ADMITIDOS Os días 7 e 8 de xullo.
|
LISTADO DE MATERIAL ESCOLAR 2016-17
CURSOS DE PRIMARIA:
A relación de material escolar de infantil darémola en setembro |
MATRÍCULA 2016-2017
Documentación que hai que presentar do 20 ao 30 de xuño para a matrícula do novo alumnado A documentación pódese descargar ou pedir en secretaría |
|
Cubrir anexo III1
|
AXUDAS PARA LIBROS E MATERIAL ESCOLAR E FONDO SOLIDARIO DE LIBROS.
|
ÁLBUM BILINGÜE
We are here again, and it's the sixth time, to have a great time all together with our team game the bilingual album.This year we are going to lern about "The Ocean" Dende hai xa uns días todo o alumnado e profesorado do CEIP Couceiro Freijomil comezamos unha nova edición do Álbum Bilingüe que este ano está adicado ao Océano.
Se queres saber máis sobre esta actividade visita o noso blogue!!! |
DINAMIZACIÓN NA BIBLIOTECA
Nestas últimas datas hai moita actividade na nosa biblioteca... Visitounos María Canosa, autora do libro "Druídas" que está a ler o alumnado de 5º no clube de lectura. Patri e Alex, os contacontos de Kalandraka, achegáronnos as súas fantásticas historias. Recibimos a Érica Esmorís, premio Merlín de literatura infantil e autora de "Nena e o mar", obra á que o alumnado de 6º adicou este ano o clube de lectura. E aínda tiveron tempo para organizar o VIII Certame de Poesía Couceiro Freijomil. Buff... Non Paran!
Visita o blogue da biblioteca: http://bibliocouceiro.blogspot.com.es/ |
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 26
- 27
- 28
- 29
- 30
- 31
- 32
- 33
- 34
- …
- seguinte ›
- última »