SIMULACRO DE EVACUACIÓN

Hoxe fixemos un exercicio de simulacro de incendio no noso cole.
Foi un éxito pois logramos evacuar en pouco máis de catro minutos a todos os ocupantes do centro, entre eles máis de cen alumnos de infantil.

Fíxose nun clima de tranquilidade e colaboración. 
Un responsable dos Bombeiros do Parque Comarcal do Eume foi controlando todas as nosas actuacións indicándonos ao remate aqueles aspectos a mellorar.

Mentres Protección Civil extinguía o incendio, persoal sanitario do Centro de Saúde de Pontedeume atendía con profesionalidade e cariño a alumnos e alumnas que simularon resultar feridos.
Actuacións como estas sírvennos para educar ao alumnado en prevención e seguridade, comprobar o axeitado funcionamento dos medios humanos e materiais previstos para situacións de emerxencia, valorar a resposta e participación dos ocupantes e cuantificar o tempo empregado.


Temos que agradecer a colaboración da Policía Local de Pontedeume, dos Bombeiros do Parque Comarcal do Eume, do persoal sanitario do Centro de Saúde de Pontedeume e especialmente da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Pontedeume que se volcou na formación, desenvolvemento e valoración de todo o proceso.