MATRÍCULA 2017-2018
CURSO 2017-2018
DO 1 AO 20 DE MARZO ÁBRESE O PRAZO PARA A PRESENTACIÓN DA SOLICITUDE DE ADMISIÓN.
Visitas guiadas para coñecer o noso centro os martes 7 e 14 de marzo en horario de 17.00 a 18.00 horas |
Entroido 2017
Hoxe foi un día feliz para a comunidade escolar do noso centro. Centos de persoas acompañáronnos no percorrido pola vila e posterior actuación no Pavillón da Casqueira. A meteoroloxía permitiunos lucir todo o traballo feito nestas datas pasadas. Grazas a todos os que colaboraron no éxito deste Entroido 2017!
DÍA DA PAZ 2017
O luns, día 30, celebramos o Día da Paz. Como remate das actividades,todos xuntos no patio soltamos unhas pombas mentres o alumnado de 6º de primaria interpretaba coas frautas "Viva la vida" de Coldplay.
|
VISITA DE PACO NOGUEIRAS
Convidado por Güino, tivemos unha visita que nos encantou. Paco Nogueiras chegou ao noso cole para contarnos e cantarnos varios contos. Cantamos, bailamos e pasamos un rato moi divertido. Moitas grazas,Paco. Volve cando queiras!!!!
|
FORMACIÓN EN PROXECTOS
Esta semana pasada, visitáronnos Juan Caride e Carmen Cotovad, expertos en dinámicas de proxectos e traballo colaborativo. Esta actividade é unha das previstas ao longo deste curso para o profesorado do noso centro, implicado no desenvolvemento dun Proxecto Documental Integrado. Estes proxectos son actividades nas que o alumnado, aparte de investigar sobre un tema concreto, familiarízase cos mecanismos de busca de información e traballo intelectual utilizando unha metodoloxía activa e colaborativa, integrando aprendizaxes de diferentes materias e acercando o mundo escolar á vida de cada día.
|
MAGOSTO E DÍA DO PEÓN
Xa que este ano as condicións metereolóxicas non nos permitiron celebrar o Magosto e o Día do Peón coas familias, tal como desexabamos e tiñamos previsto, aquí tedes dous vídeos de cada celebración, para que os desfrutedes...
Nos blogues de aula atoparedes máis información |
SAMAÍN 2016
Busca a túa cabaza |
Este venres de Samaín o tempo que adicamos diariamente á lectura foi especial: coas aulas ás escuras iluminamos os libros con lanternas e candeas dentro das cabazas. Foi horripilantemente divertido. |
Nos blogues de aula e da biblioteca atoparedes máis información.
SAMAÍN 2016 on PhotoPeach
Protección Civil
Estes días Protección Civil de Pontedeume está recordando a alumnado e profesorado como actuar nunha emerxencia. Móstrannos os traxes e outro material que eles utilizan. Nenos e nenas pásanno en grande. Canto se parecen aos da Patrulla Canina!!
|
Festividade de Breamo
O xoves, 29 de Setembro, non haberá clases por ser festivo local
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 25
- 26
- 27
- 28
- 29
- 30
- 31
- 32
- 33
- …
- seguinte ›
- última »