VISITA DO INSTITUTO ESPAÑOL DE OCEANOGRAFÍA

Enmarcado no Proxecto Documental Integrado que desenvolvemos no centro sobre o Mar, o  Centro Oceanográfico de A Coruña, dentro da súa campaña de divulgación científica, acercou as ciencias mariñas ao noso colexio mediante tres obradoiros:

A vida ao microscopio, onde visualizaron organismos mariños microscópicos presentes na auga do mar que integran o zooplancton. 

Investigando os peixes, alí observaron os métodos de obtención de datos, a anatomía, a idade dos peixes mediante a lectura de otolitos e a selectividade das artes de pesca.

O corazón do Planeta, mediante experimentos comprenderon mareas, temperatura, acidificación, salinidade e correntes nos océanos.

        

Máis información  clicando na foto superior