MOCHILAS VIAXEIRAS

 

MOCHILAS VIAXEIRAS

A mochila viaxeira permite á biblioteca escolar o contacto coas familias nunha actividade que pretende a súa colaboración na formación dos lectores e lectoras máis novos. Nenas e nenos son os embaixadores da biblioteca nas súas casas e comparten cos seus, grandes e pequenos, os libros, as revistas, a música cos que a mochila vai cargada.

As familias poden realizar suxestións ou contar a experiencia de lectura compartida no caderno que achegamos en cada mochila.

O equipo do "Xardín do Pasatempo" escolleu os libros máis novidosos, aqueles que coidamos poden mellor acompañar o lecer das familias que len xuntas. Libros con música, de produción propia, de realidade aumentada... Libros en galego, mais tamén en castelán, francés e inglés. 

 A NOSA MASCOTA