PROXECTO DE CENTRO

Esta semana tivemos varias visitas relacionadas co proxecto que estamos a desenvolver sobre as Fragas do Eume.

En primeiro lugar visitounos o alumnado de bioloxía de 1º de bacharelato do IES Fraga do Eume, acompañado pola súa profesora Irene, para expoñer ao alumnado de sexto varios perigos para os hábitats naturais.

Logo acompañounos Paco, o biólogo do Parque Natural, para comentar diversos e interesantes aspectos da flora e da fauna.

Finalmente hoxe, un experto en reciclaxe e reutilización da empresa que xestiona o Punto Limpo Municipal, concienciounos da necesidade de separar os residuos para que a reciclaxe sexa efectiva.

     

Máis información no blogue da nosa BIBLIOTECA