Skip to Content

Comisión de Actividades Complementarias

ORDES DA MECA RIGOBERTA

                           

SAÍDA " PLANTACIÓN NO PARQUE DAS ROSAS"

O vindeiro mércores día 26 de xaneiro,  con motivo do día Da Educación Ambiental, o alumnado de 2º de Educación Primaria colaborará co Concello de Gondomar na plantación de árbores  no Parque das Rosas.

Os nenos/as xa levan hoxe a autorización na mochila.

                                                    Siembra de la vida vector, gráfico vectorial, imágenes de Siembra de la  vida vectoriales de stock | Depositphotos®

                                    AUTORIZACIÓN PARA A SAÍDA

SAÍDA " DE PONTE A PONTE" DENTRO DO PROXECTO RÍOS

A partir de mañá realizaremos varias saídas co alumnado de Educación Infantil e Primaria. O centro está inmerso no Proxecto Ríos co cal aproveitaremos o bo tempo para facer unha actividade de observación, identificación de especies e recollida de mostras no río Miñor.

                                    

VENRES 14:  10:00 2º DE PRIMARIA

                      12:00 1º DE PRIMARIA

LUNS 17:       10:00 - 3º DE PRIMARIA

                      12:00 - 4º DE PRIMARIA

MARTES 18:  10:00 - 6º DE PRIMARIA

                       12:00 - 5º DE PRIMARIA

MÉRCORES 19: 10:00 - 5 ANOS

                          12:00 - 3 E 4 ANOS


Deixámosvos as diferentes autorizacións por se o alumnado non asistíu ao centro estos días.

Autorización de 3 e 4 anos

Autorización de 5 anos

Autorización de 1ºP

Autorización de 2ºP

Autorización de 3ºP

Autorización de 4ºP

Autorización de 5ºP

Autorización de 6ºP

 

O CHANO DI NON Á VIOLENCIA DE XÉNERO

 
O ámbito educativo é un escenario esencial para avanzar na prevención da violencia de xénero e para establecer un modelo educativo igualitario que poida romper estereotipos e prácticas discriminatorias respecto ao xénero.
 
Educamos en igualdade, liberdade e respecto!
 
 
 
 
                                                                 

25 de Novembro DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

                                            25 de novembro, Día Internacional contra a Violencia de Xénero |  Consellería de Cultura, Educación e Universidade

Esta semana conmemórase o Día Internacional Contra a Violencia de Xénero, dende as comisións a proposta é a seguinte.

Realizarase unha actividade na pista (ou no pavillón se chove) no que participará todo o alumnado o xoves 25 de novembro ás 12:30horas.

Cada grupo escribirá unha palabra ou frase en galego relacionada coa violencia de xénero na cartolina xa entregada a cada titora ou titor.

De cada clase escolleranse dous representantes que serán os encargados de colgar o cartel nunha porta violeta feita de cartón que estará na parede da pista.

Mentres cada parella colga o seu cartel escoitaremos e cantaremos a canción de Rozalén.

 

         

VÍDEO ACTIVIDADE DÍA DA DISCAPACIDADE

Día Internacional das Personas con Discapacidade – Colexio Plurilingüe  Abrente

 

 

DEIXÁMOSVOS O VÍDEO PARA ENSAIAR A COREOGRAFÍA PARA O DÍA DA DISCAPACIDADE QUE ESTE ANO OS NENOS E NENAS DE 3º, 4º ,5º E 6º REALIZARÁN EN COLABORACIÓN CON OUTROS CENTROS DO VAL MIÑOR E CO CENTRO DE EDUCACIÓN ESPECIAL JUAN MARÍA.

 

 

 

 

FOTOS DO MAGOSTO

RETOMAMOS AS SAÍDAS, IMOS DE MAGOSTO

               Finde-Celebración del Magosto y Samaín en la zona norte – Galicia Ártabra  Digital

            

                       MAGOSTO EN CHAN DA LAGOA (BAIONA)

 

A principal finalidade desta saída é achegar ao alumnado ás festas máis populares da cultura galega, neste caso o Magosto. Ao celebralo ao aire libre, os nenos e nenas poden ter contacto directo co medio que os rodea, observar, manipular, descubrir cousas novas e desenvolver a súa imaxinación. Estas saídas tamén posibilitan traballar valores como o respecto  e o coidado do medio ambiente e a educación viaria.

A participación nunha saída axuda tamén ao proceso de socialización, posto que desenvolven actitudes de cooperación, axudan a aceptación de normas de convivencia e incita a xerar novos vínculos afectivos entre iguais e cos adultos que os rodean (mestres/as)

OBXECTIVOS DIDÁCTICOS:

  • Identificar o magosto como festa tradicional galega.
  • Recoñecer o vocabulario básico relacionado con esta festa.
  • Situar de xeito cronolóxico  a festa do magosto na estación do ano correspondente, tendo en conta as súas características.
  • Identificar os alimentos que degustamos na festa do Magosto.
  • Valorar a importancia de conservar e transmitir o sentido das nosas festas tradicionais.

              A TER EN CONTA

 A MERENDA DEBEN TRAELA NUNHA BOLSA PEQUENA PECHADA CO SEU NOME.

DEBEN TRAER CALZADO AXEITADO PARA ANDAR NO MONTE  E ROUPA CÓMODA.

TODO O ALUMNADO TRAERÁ UN PUÑADO DE CASTAÑAS PICADAS É UN POUCO DE LEÑA PARA A FOGUEIRA O MESMO DÍA DO MAGOSTO.

A PARTIR DE TERCEIRO DE PRIMARIA OS NENOS/AS REALIZARÁN UNHA ANDAINA DENDE O COLEXIO DE BELESAR ATA O MERENDEIRO DE CHAN DA LAGOA . A  ANDAINA FARASE POR UNHA PISTA FORESTAL E TEN UNHA DURACIÓN APROXIMADA DUNHA HORA. 

TODOS OS NENOS/AS QUE VAN FACER A ANDAINA  DEBEN TRAER O  XANTAR NUNHA BOLSA PECHADA CO SEU NOME, POSTO QUE  IRÁN POR GRUPOS NOS AUTOCARES.  SE QUEREN PARA O CAMIÑO PODEN LEVAR UNHA MOCHILA PEQUENA CON AUGA E  MERENDA.

O ALUMNADO DE 3º, 4º, 5º E 6º REGRESARÁN AO CENTRO ARREDOR DAS 16:30 E SERÁN RECOLLIDOS POLAS FAMILIAS.

 

AUTORIZACIÓN DE INFANTIL

AUTORIZACIÓN DE PRIMARIA

 

PREPARANDO O SAMAÍN 2021

                    

SYMBALOO MAGOSTO-SAMAÍN

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut