Skip to Content

RETOMAMOS AS SAÍDAS, IMOS DE MAGOSTO

               Finde-Celebración del Magosto y Samaín en la zona norte – Galicia Ártabra  Digital

            

                       MAGOSTO EN CHAN DA LAGOA (BAIONA)

 

A principal finalidade desta saída é achegar ao alumnado ás festas máis populares da cultura galega, neste caso o Magosto. Ao celebralo ao aire libre, os nenos e nenas poden ter contacto directo co medio que os rodea, observar, manipular, descubrir cousas novas e desenvolver a súa imaxinación. Estas saídas tamén posibilitan traballar valores como o respecto  e o coidado do medio ambiente e a educación viaria.

A participación nunha saída axuda tamén ao proceso de socialización, posto que desenvolven actitudes de cooperación, axudan a aceptación de normas de convivencia e incita a xerar novos vínculos afectivos entre iguais e cos adultos que os rodean (mestres/as)

OBXECTIVOS DIDÁCTICOS:

  • Identificar o magosto como festa tradicional galega.
  • Recoñecer o vocabulario básico relacionado con esta festa.
  • Situar de xeito cronolóxico  a festa do magosto na estación do ano correspondente, tendo en conta as súas características.
  • Identificar os alimentos que degustamos na festa do Magosto.
  • Valorar a importancia de conservar e transmitir o sentido das nosas festas tradicionais.

              A TER EN CONTA

 A MERENDA DEBEN TRAELA NUNHA BOLSA PEQUENA PECHADA CO SEU NOME.

DEBEN TRAER CALZADO AXEITADO PARA ANDAR NO MONTE  E ROUPA CÓMODA.

TODO O ALUMNADO TRAERÁ UN PUÑADO DE CASTAÑAS PICADAS É UN POUCO DE LEÑA PARA A FOGUEIRA O MESMO DÍA DO MAGOSTO.

A PARTIR DE TERCEIRO DE PRIMARIA OS NENOS/AS REALIZARÁN UNHA ANDAINA DENDE O COLEXIO DE BELESAR ATA O MERENDEIRO DE CHAN DA LAGOA . A  ANDAINA FARASE POR UNHA PISTA FORESTAL E TEN UNHA DURACIÓN APROXIMADA DUNHA HORA. 

TODOS OS NENOS/AS QUE VAN FACER A ANDAINA  DEBEN TRAER O  XANTAR NUNHA BOLSA PECHADA CO SEU NOME, POSTO QUE  IRÁN POR GRUPOS NOS AUTOCARES.  SE QUEREN PARA O CAMIÑO PODEN LEVAR UNHA MOCHILA PEQUENA CON AUGA E  MERENDA.

O ALUMNADO DE 3º, 4º, 5º E 6º REGRESARÁN AO CENTRO ARREDOR DAS 16:30 E SERÁN RECOLLIDOS POLAS FAMILIAS.

 

AUTORIZACIÓN DE INFANTIL

AUTORIZACIÓN DE PRIMARIA

 



page | by Dr. Radut