Skip to Content

Comisión de Actividades Complementarias

TRABALLOS DE MÚSICA REALIZADOS DURANTE O CURSO

FESTIVAL DE FIN DE CURSO 2020/2021

ENTROIDO 2021

ORDES DO MECO

Este ano por mor da pandemia non podemos celebrar o entroido que era costume no Centro. Inda así mantéñense ás tradicionais Ordes do Meco.Comezaremos o vindeiro luns día 8 de febreiro e acabaremos o venres 12 de febreiro.

             
 
As ordes  non serán acumulativas. O venres 12 de febreiro  poderán vir coas catro propostas acumuladas. 


Dende o equipo de actividades complementarias e  extraescolares agradecémoslles a súa colaboración e animámolos a participar nestas propostas en cuxa redacción participou  o alumnado de sexto de primaria.


O equipo de actividades complementarias

ACTUACIÓNS DE NADAL 2020

Tras un ano complicado e diferente non queremos deixar de desexarvos un  bo Nadal e un próspero ano 2021.

Esperamos que vos gusten as postais virtuais que fixeron os vosos fillos e fillas con moito esforzo e agarimo.

Podedes poñer a presentación en pantalla completa pinchando nos tres puntiños (abaixo a dereita)

ACTIVIDADES DO SAMAÍN

                                       

Este ano o alumnado do Chano  creou, polo Samaín unha morea de historias terroríficas.

 

Para que todos e todas as poidades disfrutar. Pincha nas imaxes para comezar a tremer de medo.....

Historias do alumnado de 3ºA

Historias do alumnado de 3ºB

 

Historias do alumando de 3ºC

Historias do alumnado de 5º de Primaria

 

Historia do alumnado de 6ºB

 

 

 

ORDES DA MECA

Comeza o Entroido 2020

Este ano chegou ó Chano unha meca moi viaxada, ben se nota na súa vestimenta que ven de  percorrer medio mundo. 

Dona Meca  quere que desfrutemos do entroido durante esta semana e deixou estas ordes, para pasalo ben  e rir xuntos  e xuntas.

 

O luns chichos ou diademas debes levar,

para no colexio poder deslumbrar

 

O martes os beizos deberás pintar,

para no cole poder destacar.

 

Se o mércores ben te queres ver,

zapatos de distinta cor has de traer.

 

O xoves deberás vir,

coa bata ou pixama de durmir.

 

DEIXAMOS Á VONTADE DO ALUMNADO E FAMILIAS O CARÁCTER ACUMULATIVO DESTAS ORDES.

DÍA DA PAZ

O DÍA 30 DE XANEIRO CELEBRAMOS O DÍA DA PAZ E DA NON VIOLENCIA.

ENTRE TODOS CONSTRUIMOS UN PRECIOSO MURAL

 

TAMÉN ESTE ANO ANIMÁMONOS CUNHA CANCIÓN EN INGLÉS. TODOS UNIDOS CANTAMOS E BAILAMOS.

SAMAÍN

                                                              

Estimadas familias:

 

A vindeira semana vaise festexar no centro o SAMAÍN, realizaranse diversas actividades: xogos de pistas “PÁNICO NO CHANO”, O TRAGAMEDOS, EXPOSICIÓN DE CABAZAS E OBRADOIROS TEMÁTICOS.

Para a exposición de cabazas necesitamos a vosa colaboración, os alumnos/as poderán aportar cabazas xa decoradas de xeito voluntario. As cabazas deberán vir decoradas e xa rematadas o luns 24 ou martes 25 de outubro, non esquezades poñerlle o nome do alumno/a e o curso ao que que pertence.

Aquelas familias que queiran levar para a casa a súa cabaza poderán pasar a recollela o mércores día 26 de outubro en horario de 16:00 a 18:00 horas.

 

A exposición de cabazas abrirase para as familias o martes día 25 de Outubro de 16:30 a 17:30 horas.

 

O Día 28 de Outubro os nenos/as de infantil poderán vir disfrazados e os de primaria poderán asistir con algún complemento ( maquillaxe, gorro de bruxa, careta, perruca, etc) relacionado co medo, non disfrazados.

Moitas grazas anticipadamente e animádevos a participar.

 

 

                                O Equipo de Actividades Complementarias.

 

Día de Europa

 

9 DE MAIO DÍA DE EUROPA      

 

A Unión Europea celebra o DÍA DE EUROPA, unha data que simboliza o éxito da Unión Europea, como o euro, a bandeira ou o seu himno. É un día para celebrar a paz, a estabilidade e a cidadanía europea.

 

Deixamos algunas actividades sobre esta celebración, pincha na imaxe.

                   

                                                    

Saída ó teatro e ao Parque de Castrelos

O pasado día 6 de abril, os nenos/as de quinto e sexto de primaria foron ao Teatro Afundación. Á saída os nenos/as de quinto visitaron o Casco Vello de Vigo e o Parque de Castrelos. Os nenos/as de sexto realizaron un obradoiro no Museo Marco.

 

Pincha na imaxe para ver algunhas fotos da saída.

 

                                   

 

 

 

 

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut