Skip to Content

SAMAÍN

                                                              

Estimadas familias:

 

A vindeira semana vaise festexar no centro o SAMAÍN, realizaranse diversas actividades: xogos de pistas “PÁNICO NO CHANO”, O TRAGAMEDOS, EXPOSICIÓN DE CABAZAS E OBRADOIROS TEMÁTICOS.

Para a exposición de cabazas necesitamos a vosa colaboración, os alumnos/as poderán aportar cabazas xa decoradas de xeito voluntario. As cabazas deberán vir decoradas e xa rematadas o luns 24 ou martes 25 de outubro, non esquezades poñerlle o nome do alumno/a e o curso ao que que pertence.

Aquelas familias que queiran levar para a casa a súa cabaza poderán pasar a recollela o mércores día 26 de outubro en horario de 16:00 a 18:00 horas.

 

A exposición de cabazas abrirase para as familias o martes día 25 de Outubro de 16:30 a 17:30 horas.

 

O Día 28 de Outubro os nenos/as de infantil poderán vir disfrazados e os de primaria poderán asistir con algún complemento ( maquillaxe, gorro de bruxa, careta, perruca, etc) relacionado co medo, non disfrazados.

Moitas grazas anticipadamente e animádevos a participar.

 

 

                                O Equipo de Actividades Complementarias.

 



page | by Dr. Radut