Skip to Content


Froitas e lacteos 22-23

O luns 23 de xaneiro comezamos co programa de Leite na Escola que durará ata o martes 28 de febreiro. Faremos chegar a todas as clases ao longo da mañá bricks de 200 ml con leite fresco coa denominación "galega 100%" para que o alumnado o consuma durante a merenda escolar. Para alumnado intolerante á lactosa tamén se entregarán bricks con leite sen lactosa.

Esta é unha iniciativa froito do "Programa de consumo de frutas, hortalizas y leche" da Unión Europea coa axuda económica da unión.

Máis información



Información COVID-19  

  • Desaparece a recomendación de distancia interpersonal, tamén nos comedores.

 

  • Os grupos de convivencia estable poden interaccionar con outros. 

 

  • A ventilación segue sendo recomendable en períodos alternos: 15 minutos ao inicio da xornada e 15 ao remate de cada xornada, mañá e tarde. Durante os recreos e durante as clases e entre estas sempre que as condicións climatolóxicas o permitan.

 

  • A máscara segue sendo obrigatoria no transporte escolar a partir de 6 anos polo de agora.

 

Instrucións conxuntas do 5 de setembro de 2022 ao respecto das recomendacións xerais para a xestión da COVID-19 no ámbito educativo no curso 2022-23

 



inicio curso 22-23

Benvidas e benvidos ao curso 2022-23 lembramos as familias que é imprescindible ler o Plan de Acollida de cara ao comezo de curso.

Horarios do centro dispoñibles no seguinte enlace

 

PLAN DE ACOLLIDA 22-23  
plan de acollida 22-23  

Deixamos tamén aquí documentos importantes que debedes imprimir, cubrir e enviar, a través das mochilas das vosas fillas e fillos, antes do 15 de setembro.

  • O alumnado de 5º e 6º de EP traballará con EDIXGAL levarán un consentimento de cesión de equipos en vindeiras semanas para traer tamén asinado.
  • Para alumnado de 3º e 4º de EP beneficiario de fondo libros, levará un modelo de compromiso de bo coidado e devolución dos libros de texto nas vindeiras semanas para traer tamén asinado.


EDUCACIÓN INFANTIL

 

NOTAS E MATERIAIS

NOTA INFORMATIVA EDUCACIÓN INFANTIL CURSO 2022-23
 
 

MATERIAIS 3 ANOS

3 anos

MATERIAIS 4 ANOS

4 anos

MATERIAIS 5 ANOS A

MATERIAIS 5 ANOS B

5 anos

OS LIBROS ESTÁN COLGADOS NA PAXINA WEB DO COLEXIO

 

Datas de entrega de material e libros de texto 

 

EI


  

As familias poden traer o material e libros ao centro do seguinte xeito:

  • En unhas ou dúas bolsas co nome e curso fóra (só nas bolsas non no material)
  • Entregaranse en conserxería, no caso de non estar o conserxe pode entregarse en dirección.
  • Data:
    • Luns19 de setembro: 6º de EI
    • Martes 20 de setembro: 5º de EI
    • Mércores 21 de setembro: 4º de EI


ganador concurso Santa Comba en cores

Parabéns ao noso alumno por ter sido gañador do concurso de pintura organizado pola Asociacións de Empresarios de Santa Comba entre os centros do municipio, CEIP Plurilingüe Barrié de la Maza, CPR Nuestra Señora Inmaculada e CEP Plurilingüe Pepe de Xan Baña. 

Deixamos o texto publicado nunha rede social da entidade organizadora dando a coñecer ao noso gañador.

(clic na imaxe para agrandar)

texto face



Resultados votación

Achegamos resultados da votación da xornada continuada

Censo: 328

Votos emitidos: 229

Votos a favor:174

Votos en contra: 53

Votos en branco: 1

Votos nulos: 1

podedes ver os resultados con detalle na imaxe que segue:

(clic na imaxe para ampliar)

resulados



 

 

Descarga a nosa revista facendo clic na imaxe que segue.

Revista escolar 21-22



bolsas neae 22-23

O prazo para solicita-las bolsas de axudas para alumnado con necesidades específicas de apoio educativo e remata do 30 de setembro de 2022.

 

Consulta toda a información na páxina do Ministerio de Educación e Formación Profesional

 

Outros enlaces de interese:

 



día mundial do medio ambiente

 

A Terra enfróntase a unha tripla emerxencia planetaria: o clima está quentando a un ritmo demasiado rápido para que as persoas e a natureza se adapten; a perda de hábitat e outras presións sobre a natureza levaron a que 1 millón de especies estean ameazadas de extinción; e a contaminación segue envelenando o noso aire, terra e auga.

 

Saír deste atolladoiro implica transformar as nosas economías e sociedades para facelas máis inclusivas, máis xustas e máis respectuosas coa natureza. Debemos pasar de danar o planeta a curalo. 

Unidade didáctica para 5ºe 6º de EP: enlace aquí

 

Recursos de SOGAMA

SOGAMA

 

  Para máis recursos podes consultar este Genially.

 

 

 

 

 



doazón ACNUR

O noso centro, CEIP Plurilingüe Barrié de la Maza, hoxe día 02 de xuño de 2022 vén de realizar a ACNUR a doazón de 2307,75€ recaudados grazas á carreira solidaria realizada no noso centro.

Grazas a todas as persoas que o fixeron posible.



Instrucións votación xornada continuada 21 -22

Moi boas familias, facendo clic na imaxe que segue podedes acceder á folla de información sobre a votación da xornada continuada.

Será preciso identificarse para poder votar (DNI, NIE, carnet de conducir, pasaporte etc...) 

NOTA: Lembrade que este dous últimos cursos académicos tivemos dúas quendas de comedor debido ao protocolo COVID. En condicións normais en calquera das dúas xornadas haberá unha única quenda de comedor.

(clic para descargar)

Instrucións votación xornada continuada 21-22

Descarga aquí a nota en castelán

Deixamos tamén a papeleta por se desexan traela xa da casa. De todas formas tamén se disporá de papeletas no centro educativo.

(clic na imaxe para descargar)

Papeleta votación



fondo libros

Publicouse no DOG do mércores 18 de maio de 2022 a orde para solicitar as axudas para libros do alumnado de 1º e 2º de Primaria, o fondo solidario de libros para o alumnado de 3º, 4º de Primaria e as axudas para material escolar do alumnado de toda primaria. Poden descargar o DOG pulsando aqui.

Para o curso 2022/2023 o alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria non teñen fondo de libros xa que están incluidos no proxecto E-dixgal e recibiran un ordenador ao principio de curso.

As solicitudes presentaranse preferentemente via telemática a través da aplicación Fondolibros.  O prazo de presentación de solicitudes é do 19 de maio ata o 22 de xuño ambos incluídos.  Tamén se pode entregar persoamente no centro. 

Poden descargar as follas informativas que realizou o colexio pulsando en cada unha delas:

 

Se preferides entregar en centro podedes descargar a solicitude aquí



Votación xornada continuada 21-22

Moi boas familias, facendo clic na imaxe que segue podedes acceder á folla de información sobre a votación da xornada continuada.

(clic para descargar)

Votación xornada continuada 21-22

 



Menú primavera 21-22

Estes menús entraron en vigor o 19 de abril  

Podes descargar o menú facendo clic na imaxe que segue

Menú primavera 21-22

 



 Día Mundial da Saúde 21-22

No ano 1948, a Asemblea Mundial da Saúde proclamou o 7 de abril como Día Mundial da Saúde. Esta data foi escollida en conmemoración á fundación da Organización Mundial da Saúde (OMS) e coa necesidade de crear conciencia sobre as enfermidades mortais mundiais e crear hábitos sans nas persoas.

 

Clic na imaxe para acceder á páxina oficial da OMS

Saúde 21-22

A celebración deste día leva a cabo desde o 7 de abril de 1950 e anualmente escóllese un tema que estea baseado nas necesidades e suxerencias que realizan os Estados membros.

Vídeos sobre saúde


 

A contaminación do aire afecta á nosa saúde e ao planeta  

  

O tabaco mata persoas e contamina o planeta

 

Aprende máis con este Genially


 

  



Día mundial autismo

dia mundial do autismo

   

O 2 de abril celébrase o Día Mundial do Autismo. O autismo é unha afección neurolóxica permanente que se manifesta na primeira infancia, independentemente do xénero, a raza ou a condición social e económica. O termo espectro  autístico refírese a unha serie de particularidades. Un apoio e unha contorna adecuada e a aceptación desta variación neurolóxica permiten a aquelas persoas que padecen trastornos do espectro  autístico gozar das mesmas oportunidades e participar de maneira plena e eficaz na sociedade.

 

Non te perdas o noso mural do Día Mundial do Austismo nin as nosas lecturas recomendadas.

(clic na imaxe para acceder á galería)

libros autismo

ár

APRENDE MÁIS CON ESTE GENIALLY  

 

 

O autismo caracterízase principalmente por peculiaridades na esfera da interacción social e dificultades en situacións comunicativas comúns, modos de aprendizaxe atípicos, especial interese por certos temas, predisposición a actividades de rutina e particularidades no procesamento da información sensorial.

  

O índice de autismo en todas as rexións do mundo é alto e a falta de comprensión produce fortes repercusións sobre as persoas, as súas familias e as comunidades.

 

Algúns recursos


 



Taller de debuxo e/ou redacción sobre o que significa ser feliz

 

 Xogos de mesa: por que usalos e recomendacións

 

Guía sobre o Autismo

 

Información recollida da páxina das Nacións Unidas

 Páxina oficial Día Mundial do Autismo



Ata sempre Pedro

Dende o CEIP Plurilingüe Barrié de la Maza queremos trasladar o noso máis sentido pésame á familia e amizades do actor Pedro Brandariz. Era xa un habitual en dinámicas educativas de xénero do noso centro.

Tamén o noso afecto para a comunidade escolar do CEIP A Igrexa de Calo.

Entre nenas, nenos e contos así te lembraremos sempre...

Ata sempre Pedro



Día Internacional da Educación

A educación é un dereito humano, un ben público e unha responsabilidade colectiva.

 A Asemblea Xeral das Nacións Unidas proclamou o 24 de xaneiro Día Internacional da Educación en celebración do papel que a educación desempeña na paz e o desenvolvemento.

 Sen unha educación de calidade, inclusiva e equitativa para todos e de oportunidades de aprendizaxe ao longo de toda a vida, os países non lograrán alcanzar a igualdade de xénero nin romper o ciclo de pobreza que deixa atrasados a millóns de nenos, novos e adultos.

Na actualidade, 262 millóns de nenos e mozos seguen sen estar escolarizados, 617 millóns de nenos e adolescentes non poden ler nin manexan os  rudimentos do cálculo; menos do 40 por cento das nenas do África Subsahariana completan os estudos de secundaria baixa e uns 4 millóns de nenos e novos refuxiados non poden asistir á escola. O dereito á educación destas persoas vese afectado e iso é inaceptable.

 

Aprende moito máis e descubre recursos con este Genially 

 

(texto recollido e traducido da páxina da UNESCO)

 



decalogo alimentación saudable

Xa podes descargar o decálogo de alimentacón saudable elaborado enmarcado no Proxecto de Vida Activa e Saudable

(clic na imaxe para descargar)

decalogo alimentación saudable



texto xerais

Parabéns a Ledicia Costas e Berta Dávila que veñen de gañar os Premios Xerais 2021.

Fai clic na foto dos premios para acceder á máis información.

Premios xerais



10 de decembro dereitos humanos

O Día dos Dereitos Humanos celébrase cada 10 de decembro, coincidindo coa data en que a Asemblea Xeral adoptou a Declaración Universal de Dereitos Humanos, en 1948. Trátase dun documento histórico que proclamou os dereitos  inalienables inherentes a todos os seres humanos, sen importar a súa raza, cor, relixión, sexo, idioma, opinións políticas ou doutra índole, orixe nacional ou social, propiedades, lugar de nacemento, nin ningunha outra condición. É o documento máis traducido do mundo e está dispoñible en máis de 500 idiomas.

Aprende máis con este Genially

 

 

Clic na imaxe para ver o documento orixinal 

 

Día dos Dereitos Humanos

 Aprende máis con este vídeo

 

 Clic na imaxe para ver unha versión ilustrada os dereitos.

Día dos Dereitos Humanos

 

Para máis información clic na imaxe para acceder á páxina da ONU 

ONU Dereitos Humanos

 



thanksgiving

Dende a materia de Lingua Inglesa invíntannos a celebrar o Thanksgiving day ("día de acción de gracias"). Podedes aprender moito desta festividade consultado o documento elaborado.

(clic na imaxe para descargar)

thanksgiving 21-22



Menú de inverno

Estes menús entrarán en vigor o 29 de novembro.

Podes descargar o menú facendo clic na imaxe que segue

menú inverno 21-22



Reunións coas familias 21-22

Moi boas familias deixamos aquí unha táboa cos horarios e enlaces a cada unha das reunións das aulas do noso centro.

No caso de EI infantil non se convocan reunións pois, xa se facilitou a información no documento de inicio de curso. De todos xeitos quedan aquí os enlaces das salas das titoras para futuras reunións de ser o caso. 

CURSO

DÍA E HORA DA REUNIÓN

ENLACE WEBEX

4º EI A

----

Victoria Tuñas Tomé

4º EI B

----

Aurora Baña Fuentes

5º EI A

----

María Carmen Busto Bouzas

5º EI B

----

María Carmen Mourelle Castro

6º EI A

----

Sandra Fraga Leis

6º EI B

----

Ana Mª Ríos Vilas

1º EP A

Mércores día 13 de outubro ás 18:00 h.

Mª Isabel Vázquez Golpe

1º EP B

Mércores día 13 de outubro ás 17:00 h.

María Josefa Maroño Outeiro

2º EP A

Luns día 4 de outubro ás 18:00 h.

Fernando González Bao

2º EP B

Martes día 5 de outubro ás 18:00 h.

Adrián Arias García

3º EP A

Mércores día 6 de outubro ás 18:00 h.

Mª Isabel Barrientos Romero

3º EP B

Mércores día 6 de outubro ás 18:00 h.

Tamara Abuelo Pombo

3º EP C

Mércores día 6 de outubro ás 18:00 h.

Noelia Cabanas Gómez

4º EP A

Mércores día 6 de outubro ás 18:00 h.

Mª Carmen García Espasandín

4º EP B

Mércores día 6 de outubro ás 18:00 h.

Mª José Lois Ortiz

5º EP A

 Xoves día 14 de outubro ás 17:00 h.

Beatriz Durán  Casanova

5º EP B

 Xoves día 14 de outubro ás 17:00 h.

Mª Dolores Pérez Cancela

6º EP A

 Mércores 13 de outubro ás 16:30 h.

Mª Dolores Gerpe Catro

6º EP B

Mércores 13 de outubro ás 17:00 h. 

Fernando Pintos Recarey



Colaboración comedor escolar curso 2021-22

Todas as familias interesadas en participar na colaboración de atención ao alumnado no comedor escolar para o vindeiro curso, poden achegarse á secretaría do centro para cubrir a solicitude de colaboración.

O prazo permanecerá aberto ata o 8 de setembro, podendo abrirse un novo prazo ata o 22 de decembro.

Coa solicitude acompañarase unha acreditación de non ter sido condenadas/os por delitos sexuais "certificación negativa do Rexistro Central de Delincuentes Sexuais".

 

Atención ao público de 10:00 a 12:30h na Secretaría do Centro.

Máis información na: Instrución 2/2021

instrución comedor



Xa está á disposición das familias o impreso de autodeclaración para comedor escolar do curso 2021-22.

Nos documentos tedes o modelo a cubrir e as aclaracións para o cálculo da renda anual familiar. 

Entregarse na secretaría do centro en horario de 10 a 12:30h.

O prazo remata o 7 de setembro

Modelo autodelcaración Aclaracións Instrución 2/2021
autodeclaración aclaracións comedor instrución comedor

 

 



Papeleta votación

Con motivo de axilizar o proceso de votación e previr os contactos debido á situación COVID-19 deixamos aquí a papeleta por se preferides descargala e traela cuberta dende a casa.

De todas formas tamén se disporá de papeletas no centro educativo.

(clic na imaxe para descargar)

Papeleta votación

 



Instrucións votación xornada continuada

Moi boas familias, facendo clic na imaxe que segue podedes acceder á folla de información sobre a votación da xornada continuada.

(clic para descargar)

Votación xornada continuada



Fondo libros

Publicouse no DOG do xoves 20 de maio de 2021 a orde para solicitar as axudas para libros do alumnado de 1º e 2º de Primaria, o fondo solidario de libros para o alumnado de 3º, 4º de Primaria e as axudas para material escolar do alumnado de toda primaria. Poden descargar o DOG pulsando aqui.

Para o curso 2021/2022 os alumnos de 5º e 6º de Educación Primaria non teñen fondo de libros xa que están incluidos no proxecto E-dixgal e recibiran un ordenador ao principio de curso.

As solicitudes presentaranse preferentemente via telemática a través da aplicación Fondolibros.  O plazo de presentación de solicitudes é do 21 de maio ata o 22 de xuño ambos incluidos. Se se presenta presencialmente por protocolo COVID ten que ser en horario reducido de 09:45 a 13:30.

Poden descargar as follas informativas que realizou o colexio pulsando en cada unha delas:



Votación xornada continuada

A continuación facilítase información sobre a votación da xornada continuada para o vindeiro curso 2021-22.

(clic na imaxe para descargar o documento)  

Foto documento xornada



solicitude comedor e / ou transporte

Deixamos documento para descargar de solicitude de comedor e/ou transporte para o vindeiro curso.  O alumnado entregarallo á mestra titora ou mestre titor antes do 31 de maio.

 

Descarga aquí o documento

 

 

 

 



Formación RCP e DESA

O profesorado do CEIP Pluirilingüe Barrié de la Maza contou cunha formación en centro sobre RCP e DESA.

(clic na imaxe para ampliar)

Formación RCP e DESA



Gañadora Diverticán

Parabéns para Venus Vila Forján de 2ºB que, co seu debuxo, foi a gañadora do concurso de Diverticán este curso académico.

Diverticán Venus

 



Proceso de admisión alumnado curso 2021-22

 PRAZOS


 

  •  Admisión novo alumnado: Do 1 ao 20 de marzo.

 

INFORMACIÓN E DOCUMENTOS


   

INSTRUCIÓNS XERAIS

ANEXO II - 

SOLICITUDE DE ADMISIÓN

AUTOCOMPLETABLE

CRITERIO COMPLEMENTARIO

BAREMO

INSTRUCIÓNS INSTRUCIÓNS Baremo
 Clic para descargar Clic para descargar  Clic para descargar
     

NORMATIVA DE REFERENCIA


 

  VACANTES PARA O PROCESO DE ADMISIÓN 

 

LISTAXES DEFINITIVAS 


 

Comunícase que están publicadas as listaxes definitivas de admitidas e admitidos como novo alumnado para o vindeiro curso 2021/22, no proceso de admisión.

Para a consulta das listaxes deberán facelo directamente nos taboleiros interiores do centro ou tamén na aplicación Admisión alumnado coa chave 365 ou certificado electrónico (pola Ley de Protección de datos non se poden publicar nesta web).

Todas as persoas están admitidas.

Todo o alumnado de nova incorporacion ao centro debera formalizar a matricula nas datas indicadas.

 

  • Infantil e Primaria: Do 20 ao 30 de xuño.

FORMALIZACIÓN DE MATRÍCULA 


 

Facilitamos aquí o documento Anexo III-1 para a formalización da matrícula. Podedes descargarlo facendo clic na imaxe que segue. 

 

As datas par a súa entrega serían do 20 ao 30 de xuño pero se alguén quere pasar a entregalo xa dende agora non hai inconveniente. 

 

(clic na imaxe para descargar)

Formalización de matrícula

 



Día Internacional da Muller e da Nena na Ciencia

 

A ciencia e a igualdade de xénero son vitais para alcanzar os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS). Nos últimos 15 anos, a comunidade internacional fixo un gran esforzo para inspirar e promover a participación das mulleres e as nenas na ciencia. Con todo, as mulleres seguen atopando obstáculos para desenvolverse no campo da ciencia.

  

A ciencia é unha disciplina colaborativa, pero tropeza co obstáculo da brecha de xénero.

 

Aquí tedes 11 mulleres que cambiaron a ciencia.

 

 

E aquí outras 26.

Mulleres de Ciencia

  

 

 

As nenas e os nenos obteñen os mesmos resultados en ciencias e matemáticas, pero só unha parte das estudantes opta por carreiras científicas na educación superior.

 

 

 Día Internacional da Muller e da Nena na Ciencia

 

Para estar á altura dos desafíos do século  XXI, necesitamos aproveitar todo o noso potencial. Ese esforzo esixe desmontar os estereotipos de xénero.

 

Hai que apoiar ás científicas e as investigadoras no exercicio da súa profesión. Aquí tedes algúns exemplos!

 

Esta científica axudou a acabar co Ébola.

 

 As mulleres fan que os equipo sexan máis fortes e creativos na NASA

 

  

 

Texto traducido da páxinas da Nacións Unidas



thanksgiving

We learned about. "Thanksgiving Day".

 

It is celebrated in the USA, every year, on the fourth Thursday of November. It is a National Holiday and it is considered one of the most popular and familiar Festival.

Clic to downlodad!

thanksgiving



Carta ás familias

Estimadas nais e pais:

 

A violencia non sempre se manifesta con agresións físicas, no colexio, os nenos e nenas son vítimas dunha violencia máis sutil que exercen entre eles e contra a que debemos loitar día a día.

 

Entre estas formas de violencia menos visibles atópanse as vinculadas aos estereotipos de xénero, e dicir, ao que nós como sociedade impoñemos como o que é de neno ou de nena.

 

Os estereotipos, prexuízos e demais preconceptos, fannos curtos/as de miras e pouco tolerantes. Ningún neno ou nena debería sufrir polos seus gustos ou preferencias cando non molestan a ninguén e, é por iso, que vos invitamos a que o día 25 de novembro, co gallo da celebración do día en contra da violencia de xénero, abrades posibilidades coa vestimenta dos vosos fillos e fillas. Os/as que queiran poden vir vestidos co que prefiran e tamén coas unllas pintadas ou maquillaxe. Pero ollo, non é un disfraz, e unha visibilización de que, indepentemente do sexo, non se fai mal a ninguén por levar un acondicionamento do vestido diferente ao establecido pola maioría. Porque,  que é normal? A normalidade é estatística e só se trata dunha cuestión de cantidade, a maioría. Pero a quen molestan as diferencias? Por qué teñen que sufrir violencia se non molestan a ninguén? É hora de evolucionar cara a diversidade en todos os sentidos posibles.

 

Parécenos que os xestos suman e é por iso que estendemos esta invitación.

 

Un saúdo.



Distribución de máscaras

A Consellería ven de publicar unha Orde onde establece os criterios e procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado.

VER DOG 13/11/2020 (Orde do 6 de novembro de 2020)

Alumnado destinatario:

  1. Alumnado beneficiario da axuda para adquirir material escolar neste curso. (NON TEN QUE PRESENTAR SOLICITUDE)

O alumnado que non teña sido beneficiario de axuda para adquirir material escolar podería solicitala se cumpre algún dos  seguintes critreios:

  1. Alumnado que non foi beneficiario (por distintas razóns) e pertence a unha familia con renda per cápita igual ou inferior a 6000 €. (PRESENTAR SOLICITUDE)
  2. Alumnado matriculado en EE, baixo tutela ou garda da Xunta de Galicia, ou teña unha discapacidade igual ou superior ao 65%. (PRESENTAR SOLICITUDE)

MODELO SOLICITUDE

Prazo de solicitude dende o 16 ata o 27 de novembro.



Autoriación imaxe

clic na imaxe para a descarga do documento

Autoriación imaxe

 



Día Internacional das Mulleres Rurais

O 15 de outubro celébrase o Día Internacional das Mulleres Rurais. Hoxe máis ca nunca as mulleres e as nenas están en desvantaxe nesta pandemia, un problema que se agrava máis aínda nas zonas rurais. As mulleres rurais xa enfrontaban, e enfróntanse, a batallas previas específicas na súa vida diaria a pesar dos seus roles crave na agricultura, a subministración alimentaria e a nutrición. Agora, desde o COVID-19 e as necesidades de saúde únicas en áreas remotas, élles menos probable ter acceso a servizos de saúde de calidade, medicamentos esenciais e vacinas. As normas sociais restritivas e os estereotipos de xénero tamén poden limitar a capacidade das mulleres rurais para acceder aos servizos de saúde.

 

 

Máis información

Información traducida da páxina das Nacións Unidas  



Entrega de Material

Esta semana farase a entrega de material e libros de texto 

 

EI, 1º e 2º de EP


  

As familias poden traer o material ao centro do seguinte xeito:

  • Todo o material co nome do neno/a.
  • En unhas ou dúas bolsas co nome e curso fóra.
  • Entregaranse en conserxería ou secretaría (no caso de non estar o conserxe.).
  • Datas:
    • Mércores 16 de setembro: 1º e 2º de EP.
    • Venres 18 de setembro: Educación Infantil.

 

De 3º  6º de EP


 

O alumnado traerá o propio material na mochila co nome.

Esta semana repartiránselle os libros de fondo.

Levarán un impreso de compromiso de recepción e bo uso dos textos e devolverano asinado ao centro.

 

Grazas pola colaboración, un saúdo.

 



Alerta Escolar

(clic na imaxe para descargar o documento)

Alerta Escolar

 



IMPORTANTE: INFORMACIÓNS DE INTERESE

Achegamos o documento "Informacións importantes - Fin de curso 2020" , moi útil para as familias á hora da organización do final deste curso e inicio do 2020/2021.



Avisos comedor escolar

Todo o alumnado que vaia facer uso do comedor escolar o vindeiro curso 2020-21 deberá entregar o impreso de autodeclaración de prezos públicos de comedor antes do 11 de setembro.

      Impreso autodeclaración

- Está aberto o prazo para inscribirse como colaboradores/as de comedor ata o 11 de setembro

       Ver anuncio



Día Mundial  do Mediambinte

5 de xuño

E

Día dos Océanos

8 de xuño

 

No marco do Día Mundial do Medio Ambiente, que se conmemorou o 5 de xuño, SOGAMA vén de lanzar unha campaña orientada a diminuír o exacerbado consumo de plásticos dun só uso.

Desplástifícate

Baixo o título “Desplastifícate: di NON aos plásticos de usar e tirar”, coa mesma pretendemos axudar aos cidadáns a retomar os bos hábitos previos á crise sanitaria do COVID-19 e ata a reforzalos para avanzar na senda da sostibilidade. Cabe recordar que, durante a etapa de confinamento, e debido á imperiosa necesidade de distanciar no tempo a compra de produtos básicos, priorizouse, por parte da poboación, a adquisición de artigos sobreenvasados co fin de garantir a súa correcta conservación. Podedes acceder ao documento de boas prácticas facendo clic aquí ou a na imaxe anterior.

 

Día Mundial dos océanos

Por outro lado, o 8 de xuño celébrase o Día dos Océanos e, con tal fin, SOGAMA vén de publicar, na súa plataforma educativa de “Caderno Verde”, cinco pezas audiovisuais protagonizadas pola Framilia Trebón e orientadas cara a unha temática común: un mar limpo. Son as seguintes:

Mapa do tesouro.

Animais en perigo polo plástico.

Protexendo as aves.

Os restos da merenda. 

 



 Día das Letras Galegas - Ricardo Carballo Calero 

AS PITAS BAIXO A CHOIVA

Ola familias!

Desde o Equipo de Dinamización da Lingua Galega traemos una nova proposta de actividade de cara a celebración das Letras Galegas 2020. Recordade que podedes consultar datos sobre a biografía e as obras de Carvalho Calero no blog do EDLG, mais esta vez a idea é afondar un pouco nunha das súas obras: As pitas baixo a choiva.

A actividade consiste no seguinte: subirase á páxina web do centro unha breve representación desta obra para que a partir da súa visualización o alumnado faga unha representación gráfica do conto, que pode ser un debuxo, a creación das personaxes con obxectos que teñan por casa, a representación dalgunha escena, un collage formando o título da obra e o nome do autor, etc.

Facendo clic na seguinte imaxe podedes ver o conto e as fotografías que vaiades enviando ao enderezo electrónico nerea.einfantil@gmail.com

Agueiro DLG

 

 

A continuación móstranse algúns exemplos que podedes ter en conta, pero lembrade que o importante é dar liberdade á vosa imaxinación.

Exemplo 4 Exemplo 3
Exemplo 2 Exemplo 1

 

Lembrade ademais, que facendo clic na imaxe inferior tedes acceso a moitos máis recursos.

Recursos DLG



Entrega diplomas

Diplomas eu son atleta contra o virus

 

Informamos de que xa se están entregando o diploma a todo o alumnado que cumpriu os retos.

Se alguén non o recibiu ou o nome está errado, que o notifique ao correo indicado para esa actividade.

Por outra banda, se alguén quere telo en formato dixital pode enviar tamén un correo co nome do alumno ou alumna.

Eu son atleta contra o virus



Que comen

Dende o PDC queremos poñer en coñecemento da Comunidade Educativa esta iniciativa que vai na liña dos obxectivos do noso programa

Que comen

Logo nutriciona

WEBINAR GRATUÍTO sobre ALIMENTACIÓN INFANTIL 

É o momento de intervir na alimentación dos máis pequenos, agora mesmo non temos eses factores que nos inflúen noutras ocasións. Non temos a  chocolatina da avoa, os  gusanitos que trae o  amiguiño ao parque ou o iogur  bebible con 100kg de azucre da merenda do cole.

 

Se queres saber máis sobre alimentación infantil, coñecer como facer que os máis peques adquiran bos hábitos alimentarios ANÓTATE! É totalmente gratuíto, e a nosa forma de afrontar positivamente esta corentena. Só necesitas acceso a internet, mandarémosche a ligazón para poder acceder ESPERÁMOSCHE!

 



A profe Guadi manda saúdos

A antiga profesora de Música do noso centro, Guadi Galego, lembrouse do seu antigo alumnado. Enviou un agarimoso saúdo en formato audiovisual e unha peza adicada a todo alumnado. 

Grazas Guadi! tamén nos lembramos de ti.

(clic na imaxe para acceder ao vídeo do seu saúdo)

A profe Guadi manda saúdos

 

E aquí a peza que canta con outros músicos de renome, do panorama musical galego.

(clic para acceder a peza musical)

 

 



Easter Day

Diego Valdivieso, auxiliar de conversa deste ano no noso centro e coñecido por todo o alumnado, manda "Greetings from USA".



O Concello de Santa Comba por en marcha a iniciativa "Eu imprimo por ti".

Eu imprimo por ti

Mediante esta proposta o consistorio ofrécese a imprimir os deberes do alumnado que non dispoña de como facelo.

 

Para beneficiarvos desta iniciativa só debedes contactar no email omixsantacomba@gmail.com indicando o nome, lugar e teléfono de contacto para que volos leven á casa.



Doazón a ASANOG 

Nestes días de confinamento unha boa nova sempre alegra a xornada. Acabamos de facer unha transferencia a ASANOG "Asociación de Axuda a Nenos e Nenas Oncolóxicos de Galicia" por un importe de 3412,52€.

ASANOG 

Esta cantidade é referente ao total das doazóns recaudadas na carreira saudable "NON MÁIS BARREIRAS – DEÁMOSLLE A VOLTA AO CANCRO INFANTIL” organizada polo noso centro.

 

Debido a que estes días teñen máis dificultades. Cando todo se normalice visitarán o noso centro para dar unha charla informativa e coñecer o noso centro".

 

TODO VAI SAÍR BEN



Eu son atleta contra o virus

 Diverticán na casa

  

 

Non te perdas a galería de imaxes de

 

trofeos e medallas

 

 Boas a todos os alumnos e alumnas do BARRIÉ:

 

Como sabedes estamos pasando por uns días complicados nas nosas vidas e comosabedes non se nos permite saír das nosas casas, a cousa é tan importante QUE NON PODEMOS NIN IR AO COLE! Algo que estou seguro que despois deste tempo na casa xa botamos en falta.

 

Seguramente moitos dos vosos profesores e profesoras xa vos mandaron tarefas para facer na casa de matemáticas, lingua, inglés, relixión, etc… Pero… que pasa con educación física?

 

Écerto que non podemos saír ao patio, coller a bicicleta, non podemos ir a actividades deportivas, nin volver ás clases de baile ou ao adestramento de balonmán como facíamos antes pero podemos facer moitas máis cousas divertidas das que credes.

 

#EuQuedoNaCasa

 

Non vos preocupedes porque moi pronto volveremos á nosa vida de antes e poderemos volver gozar co deporte e exercicio físico como antes faciamos cos demais nenos e nenas.

 

Dende o CEIP BARRIÉ DE LA MAZA de Santa Comba e incluído no Proxecto Deportivo de Centro, propoñémosvos a todos os nenos e nenas do Barrié, ou de calquera outro colexio, un reto de 10 días, ao que chamaremos: #EuSonAtletaContraOVirus

 

En que consiste? Como podo participar? Que premios hai? Cando empezamos?

 

En que consiste?


 

 

Consiste en que cada día e durante 10 días seguidos realizaremos un reto nas nosas casas. Podemos facelo sós, coa axuda doutro neno ou nena ou dalgunha persoa adulta.

 

   

Ademais dos retos diarios que debedes facer cada día propoñemos, a maiores, que cada quen poida inventar os seus propios xogos e exercicios motrices. Para realizar este exercicio publicamos este vídeo para que nos dea ideas dos exercicios que podemos facer a maiores. Podedes mandarnos imaxes dos exercicios.

 

 

Como podedes participar?


 

 

-   Tedes que cumprir os retos de forma diaria. Cada dous días colgaremos na páxina web do centro, e no blogue do Proxecto Deportivo de Centro, dous retos para os vindeiros dous días. Tedes que enviarnos ao seguinte correo electrónico fotos ou vídeos dos retos. Os vídeos e fotos que enviedes serán colgados na páxina web do centro e no blogue do proxecto. Os pais e nais ou titores legais deben xuntar tamén no correo un documento cos datos do neno ou nena, nome, apelidos, curso, colexio e lugar. Ademais de dar o consentimento expreso para poder publicar as imaxes dos menores (asinar a autorización e enviarnola ou copiar nun folio o texto, asinalo, sacarlle unha foto e enviárnolo).

 

Cando empezamos?


 

   

Os primeiros retos serán publicados o xoves 2 de abril.

 

Que premios hai?


 

 

Elaboraremos un premio para cada un dos participantes.

 

A dirección de correo electrónico onde se ten que enviar todo o material é cesarramos@edu.xunta.es

 

Para enviar vídeos utilizade a aplicación Wetransfer deixamos aquí un pequeno titorial. O correo da Xunta dá problemas con arquivos moi grandes

 

 

Moito ánimo a todos e todas!!

 

Aquí verás o restos diarios


 

Este é o primeiro reto para realizar mañá día xoves 2:

 

RETO 1-  Coller na cociña una cunca, enchela de auga e poñela enriba da mesa. Tes que transportar toda a auga da cunca ata o cuarto do baño sen a axuda de ningún obxecto nin recipiente, só coa auga que podemos tranportar na nosa boca. Deste xeito terás que facer varios percorridos ata o baño para soltar a auga na bañeira ou no inodoro. Cando baleires toda auga da cunca e seques axeitadamente todo o que poideras mollar verás superado o reto. 

 

 

 

MIRADE AQUÍ AS VOSAS PARTICIPACIÓNS NON RETO 1

 

 RETO 2-  Coller un pano de mesa pequeno de papel (servilleta) ou papel de cociña e facer unha bola de papel con ela (pequena, do tamaño dunha pelota de ping pong). Debe quedar unha bola de papel ben apretada. Coa axuda dunha cana de refresco (palliña) , sen tocar a pelota coas mans e soprando debes transportar a bolita 20 metros. O percorrido pode ser no corredor de casa, no pallal, no comedor ou onde ti queiras, facendo idas e voltas. Lembra que o percorrido ten que ser de 20 pasos longos. Se no tes unha  palliña faino sen ela, soprando directamente á bola.

 

 

 

RETO 3-   Transportar en cuadrupedia un libro durante 10 minutos. É dicir, debes poñerte a catro patas (pousando os xeonllos no chan), poñer un libro nas túas costas e desprazarte pola casa durante 10 minutos. Podes pedir axuda para colocar o libro nas costas. Se cae o libro, ou cada certo tempo tes que parar, e facer tres veces o seguinte: tocar o chan coas mans e dar no aire unha palmada. Podes facer os descansos que queiras pero lembra que tes que estar 10 minutosdesprazándote co libro  (sen contar o tempo que estás facendo os saltos). ÁNIMO!

 

 

#EuSonAtletaContraOVirus

 

Para mañá DOMINGO 5 de abril, non imos propoñer ningún reto e daremos tempo aos nenos e nenas para que recuperen algún reto dos tres que propuxemos esta semana ou que inventen os seus propios exercicios. Lembrade que na páxina web do Barrié colgamos un video exercicios para facer na casa e que vos poden dar ideas para crear os vosos propios exercicios. 

 

De todos os que mandedes, o que máis nos guste, propoñerémolo como reto para todos e todas.

 

Tamén vos animamos a que escribades nun papel o hastag #EuSonAtletaContraOVirus, vos saquedes unha foto con el e nola enviedes. Podedes escribilo, pintalo e decoralo como queirades. Moito ánimo! 

 

Aquí un vídeo dos retos que fixestes ata o de agora:

 

RETO 4.-"Colle unha almofada pona no chan e sáltaa 5 veces. Cando remates tes que ir correndo, coller o primeiro testemuño que estará a unha distancia determinada segundo a túa idade e deposítao nunha caixa preto da almofada que saltaches. Repite cinco veces este exercicio ata que completes 25 saltos e collas os 5 testemuños. Os testemuños poden ser bonecos, latas, froitas, zapatos… o que se che ocorra. Se aínda non estás canso ou cansa repite o exercicio saltando cos pés xuntos".

 

 

 

RETO 5: Coa axuda dunha vasoira transportar unha pelota a ras do chan durante 10 minutos polo espazo do que dispoñas na túa casa. Se podes pon algún obstáculo como unha cadeira ou un libro guindado no chan para facelo máis complicado. Podes utilizar calquera pelota que teñas ou unha feita con papel. Lembra que non se pode tocar a pelota cos pés.

 

 

RETO 6: Reproducir unha coreografía de baile diante da TV, do ordenador, da radio ou poñendo un CD. Para ilo tes que disfrazarte de calquera xeito, poñer unha perruca, un sombreiro, o disfrace do pasado entroido, pintar a cara, o que ti decidas pero algo diferente. Prepáraa e baila durante 15 minutos.

 

Para mañá XOVES 9 de abril, non imos propoñer ningún reto, así de novo daremos tempo aos nenos e nenas para que recuperen algún reto dos que propuxemos ata o de agora ou que inventen os seus propios exercicios. Lembrade que na páxina web do Barrié colgamos un vídeo de exercicios para facer na casa e que vos poden dar ideas para crear os vosos propios exercicios. 

 

Aquí tedes un resumo dos retos 4, 5 e 6 realizados por vós.

 

 

 

Reto 7: Camiña en liña recta 15 minutos desprazándose só de forma que o talón do pé se poña a continuación da punteira do outro. Se tes menos de 6 anos podes apoiarte nas paredes. Cada vez que te desequilibres,  teñas que dar a volta ou cada certo tempo, tes que tocar o chan coas dúas mans e dar un salto con palmada no aire (tres veces). 

 

Reto 8: Sube e baixa 10 veces un chanzo dunha escaleira, banco ou cadeira pequena. Cando remates fai no chan a “croqueta” (xira sobre ti mesmo/a guindado/a no chan). Repite estes movementos ata que completes 15 minutos de exercicio.

 

 

 

Reto 9: enviado por Xiana Rodríguez Pazos de 2ºB. Realiza 10 voltas nun percorrido motriz que ti mesmo/a creas con zapatos, rolos de papel, latas, roupa ou o que teñas por casa. Fai as idas desprazándote en cuadrupedia (a catro patas) e as voltas facendo zigzag. Como testemuño para contar as voltas podes empregar tamén calquera material que teñas por casa.

 

Reto 10: Imos facer ioga. Deixámosche distintas ligazóns para facer ioga con animais pero se prefires podes buscar outros videos ou titoriais dos moitos que existen na rede. Para superar o reto debes practicar estes exercicios durante 15 minutos. Vamos!

 

Moitas grazas por participar na dinámica para facer exercicio dende a casa #EuSonAtletaContraOVirus.

Como sabedes onte completamos os 10 retos que propuxeramos dende un principio. Imos deixar a xornada de hoxe para que nos enviedes algún reto dos que quedaron descolgados de atrás. Ao longo desta xornada, publicaremos na web e enviarémosvos indicacións dunha última tarefa que deben facer os nenos e nenas para completar esta dinámica.

Informar que xa superamos a barreira dos 300 videos recibidos e dado o éxito acadado e que esta situación de confinamento vaise prolongar no tempo imos valorar continuar con #EuSonAtletaContraOVirus para darlles aos pequenos e pequenas un aliciente máis para realizar actividade de educación física dende a casa.

 

Dádelle unha forte aperta aos nenos e nenas da nosa parte. Téñeno ben mereciudo.

Medalla "Eu son atleta contra o virus"

 

Como actividade final para superar a dinámica #EuSonAtletaContraOVirus propoñémovos a seguinte actividade.

  • Segue as instrucións do seguinte vídeo e fai unha medalla #EuSonAtletaContraOVirus
  • Saca unha foto coa medalla facendo un sinal de victoria (recomendable sacala nun sitio con fondo en branco).
  • Envíanos a túa foto por correo electrónico a cesarramos@edu.xunta.gal.
  • Recibirás no teu correo o agasallo “Atleta contra o Virus”.

 

 

Estamos recibindo xa as fotografías coa medalla pero aínda hai moitos e moitas atletas que non enviaron a súa.

É importante que nos enviedes unha fotografía coa medalla (a poder ser cun fondo branco e que se vexa de cintura para arriba).

Estamos elaborando os regalos para os pequenos e pequenas e para que cada un deles o reciba necesitamos a fotografía. Imos deixar uns días para que nolas enviedes, mentres tanto podedes animar aos pequenos e pequenas a continuar inventando retos ou repetindo os anteriores.

 

 

Un saúdo para todos e todas!!

 

DEIXAMOS AQUÍ UN CUESTIONARIO PARA QUE AVALIEDES A ACTIVIDADE QUE SE REALIZOU. NON LEVA NIN DOUS MINUTOS CUBRILO E FACILITA MOITA INFORMACIÓN PARA PODER SEGUIR REALIZANDO ACTIVIDADES SEMELLANTES. GRAZAS!

 

https://forms.gle/cWhYvDQBa8rH584G9

 

 

Tal como informamos con anterioridade todos os nenos e nenas que enviaron a fotografía coa medalla recibirán o seu merecido premio. A partir de mañá comezarédelo a recibir. Aínda podedes enviarnos a foto os que o teñades pendente. Se hai algún erro, e non os recibides ou tamén algunha errata nos nomes, por favor comunicádemo.

Xa temos os resultados da enquisa que vos enviamos, podedes descargalo dende aquí:

 

RESULTADOS ENQUISA

 

Como todos e todas demandades máis que vos parece se continuamos cos retos?

 

Aquí vos deixamos un resumo dos últimos retos, lamentablemente neste caso non puidemos incluílos todos porque recibimos moitísimos. Esperamos que vos guste.

 

 

A partir de mañá comezaremos a colgar na web os novos retos. Imos cambiar a dirección de correo onde tedes que enviarnos os retos. A partir de xa a dirección será:

 

Eusonatletacontraovirus@gmail.com

 

Para a consecución dos novos retos vale só con que nos enviedes unha foto ou un fragmento dun vídeo de non máis dun minuto de duración.

 

Moito ánimo a todos e todas.

 

#IstoSuperámoloEntreTod@s

 

Reto 11: Ás apalpadas. Distribúe cinco rolos de papel hixiénico polo corredor da casa. Pide a axuda dunha persoa adulta e tapa os ollos cun pano.  Desprazándote en cuadrupedia (a catro patas) tenta localizar os rolos e colocalos todos un enriba do outro sen mirar. Se tes dificultade podes pedir a alguén que che axude dando indicacións. Cando remates poderás sacar o pano e terás superado o reto.

 

 

RETO 12: Colle unha vasoira pona no chan e sáltaa 5 veces. Cando remates tes que ir correndo marcha atrás, coller o primeiro testemuño que estará a unha distancia determinada segundo a túa idade e deposítao nunha caixa preto da vasoira que saltaches. Repite cinco veces este exercicio ata que completes 25 saltos e collas os 5 testemuños. Os testemuños poden ser bonecos, latas, botellas, zapatos… o que se che ocorra. Se aínda non estás canso ou cansa repite o exercicio saltando cos pés xuntos.

 

 

Reto 13: Lanzamento de zapato. Colle cinco zapatos vellos e séntate no chan. Deberás lanzar os zapatos e metelos nunha caixa ou balde que se atopa a unha distancia determinada segundo a túa idade. Cada vez que encestes un, deberás tocar o chan e saltar dando una palmada no aire cinco veces. Cando encestes os cinco verás superado o reto.

 

 

Reto 14: Salto de altura e baixo altura. Coloca un pau de vasoira sobre dúas botellas de auga mineral. Deberás saltalas e pasar por debaixo sen que caia o pau 10 veces. Se che parece moi fácil podes repetilo saltando cos pés xuntos e pasar por debaixo desprazándote boca arriba.

 

 

Reto 15: Convértete nun troll e practica ioga. Deberás practicar un mínimo  de 15 minutos. Podes buscar na internet "ioga trolls", premer na ligazón de abaixo para seguir o vídeo ou se o prefires pon calquera outro vídeo de ioga para nenos e nenas.

 

 

Reto 16: Colle 5 zapatos ou zapatillas vellas, Tumbado boca arriba colle os zapatos cos pés e trata de metelos nun balde un a un situado detrás da túa cabeza. Se non eres quen de facelo podes xirar o teu corpo para poder meter os zapatos. Repite a operación ata que encestes en total 10 veces.

 

 

A partir de hoxe os nenos e nenas xa poden sair facer exercicio fora da casa así que propoñemos un reto final. Se antes fixeramos unha medalla agora queremos que fagades un trofeo e nos mandedes unha foto con el. Deixámosvos un video para podee facelo con material de refugallo:

Eu son atleta contra o virus

 

#IstoSuperarémoloXunt@s

 

Proxecto Deportivo de Centro

 



A administración sacou axudas para familias beneficiarias de comedor durante a situación de suspensión do servizo de comedor como consecuencia do COVID-19

(clic na imaxe para acceder)

Axudar comedor COVID-19

 

A dirección do centro elaborou un resumo que recomendamos revisar para  saber como tramitalas.

(clic na imaxe para descargar o resumo pdf)

axudas comedor resumo



Aprendemos en casa

O Ministerio de Educación e Formación Profesional (MEFP) xunto con RTVE lanzan a iniciativa "Aprendemos en casa"

Comezarán as súas emisións segundo o horario que segue o luns 23 de marzo de 2020.

Horario aprendemos en casa

Se queres máis información non deixes de ler este documento facendo clic na súa imaxe

Nota de prensa MEFP e RTVE

 

Ademais a CRTVG emitirá tamén contidos para apoiar aos estudantes galegos. Clic na imaxe para acceder á nova.

CRTVG contidos educación



Día Mundial do Síndrome de Down

A síndrome de Down sempre formou parte da condición humana, existe en todas as rexións do mundo e habitualmente ten efectos variables nos estilos de aprendizaxe, as características físicas ou a saúde.

 

 

O acceso adecuado á atención da saúde, aos programas de intervención temperá e ao ensino inclusivo, así como a investigación adecuada, son vitais para o crecemento e o desenvolvemento da persoa.

 

Nesta data son varias as entidades que propoñen distintas iniciativas.

DownEspaña aposta pola campama #LosVerdaderosInfluencers. Así, durante 24 horas, persoas con Síndorme de Down se porán no lugar dos maiores influencers do noso país. 

 

Por outro lado, dende a páxina oficial do world down syndrome day aléntannos a usar calcetíns de cores e subir fotos cos seus hashtags #LotsOfSocks , #WorldDownSyndromeDay e #WDSD20.

Día Mundial do Síndrome de Down

 

 Non deixedes de escoitar este conto sobre a Síndrome de Down



 Novo material de Educación Musical  novo


 

Material para 1º e 2º de EP

 Descarga aquí

Material para 3º e 4º de EP

Descarga aquí

Material para 5º e 6º de EP

Descarga aquí

  

 

 

TRABALLO MANDADO CON ANTERIORIDADE


Material para 1º e 2º de EP

 Descarga aquí

Material para 3º e 4º de EP

Descarga aquí

Material para 5º e 6º de EP

Descarga aquí

 

 Fai clic na imaxe para descargar o documento pdf

Educación Musical



Día Mundial do Autismo

LIUB

 

O autismo é unha afección neurolóxica permanente que se manifesta na primeira infancia, independentemente do xénero, a raza ou a condición social e económica. O termo espectro  autístico refírese a unha serie de particularidades. Un apoio e unha contorna adecuada e a aceptación desta variación neurolóxica permiten a aquelas persoas que padecen trastornos do espectro  autístico gozar das mesmas oportunidades e participar de maneira plena e eficaz na sociedade.



O autismo caracterízase principalmente por peculiaridades na esfera da interacción social e dificultades en situacións comunicativas comúns, modos de aprendizaxe atípicos, especial interese por certos temas, predisposición a actividades de rutina e particularidades no procesamento da información sensorial.

Ademais, queremos lembrar a non estigmatización das persoas  con Autismo. É a sociedade quen ten que ser repectuosa e non dubidar do bo facer das familias que saen coas súas fillas e fillos á rúa porque así o precisan. Non debería ser necesaria ningunha marca.

non

O índice de autismo en todas as rexións do mundo é alto e a falta de comprensión produce fortes repercusións sobre as persoas, as súas familias e as comunidades.

 

Algúns recursos


 



  Xogos de mesa: por que usalos e recomendacións

 

Guía sobre o Autismo

 

Información recollida da páxina das Nacións Unidas

 



Os vídeos de Eugenia Romero poden ser vistos en familia e participar de forma lúdica: deixamos algúns exemplos para que poidades organizar as vosas rutinas diarias. 

1.º  Vídeos: 


 As profesións


Estimulación da linguaxe e as súas compoñentes:




         


         

Para Xogar e cantar


 


Canal de Gallinita pintadita
Neste canal o alumnado pode cantar e as persoas lectoras seguir a letra das cancions estilo Karaoke.

Contacontos
Logo de escoitar a historias podedes realizar preguntas sobre ela, por exemplo, quen aparece no conto? Por que crees que pasou …? e así sucesivamente

Contos con pictogramas
De gran utilidade para amenizar horas mortas do alumnado con TEA

Xogo veo- veo

Podedes seleccionar os vídeos do voso agrado e traballalos. 

2.º Material para imprimir


 


Facilitamos distintas web na que podedes atopar diversos materiais para imprimir

ARASAAC

Unidades didácticas adaptadas

Pasapalabras

Orientación Andújar

9 letras

Material de Jesús Jarque

La eduteca

El sonido de la hierba al crecer

Ciencias Sociales

Asignaturas varias adaptadas

Autismo Navarra materiales adaptados diversas asignaturas

Juego Stop

Juego de la Oca

Sopa de letras

Sopa de letras II

Cuadernillo de Lengua

Fichas diversas asignaturas

Más fichas

Material para imprimir Miri-Blog


3.º Aplicacions e webs de xogos educativos




Vedoque

Jueduland

Mundo Primaria

Material de diversas asignaturas

Aula PT

Pictosonidos

Matemáticas

Otras asignaturas

Aplicaciones educativas con su explicación 

Juegos Genially

 

Material recopilado da entrada do blog de "Nubecitas de Sabiduría"



  • É recomendable que se lle lean contos a diario.
  • Aproveitar para pasar tempo en familia
  • Poden poñer en práctica receitas do proxectos dos cociñeiros no que están a traballar.

MATERIAL PARA EDUCACIÓN INFANTIL

(Clic na imaxe para descargar o arquivo pdf)

Novas Recomendacións EI

EXPERIMENTOS E RECETARIOnovo


 

 

Como esta situación se alonga, facilitamos uns PDF nos que podedes atopar fichas de  lectoescritura. Ademais tamén achegamos outro tipo de fichas de repaso con todo tipo de contidos para 3, 4 e 5 anos.

Fichas de lectoescritura Fichas para repasar
Letra ligada Repasamos 3 anos
Letra ligada 2 Repasamos 4 anos
  Repasamos 5 anos

 

Aquí tedes algunhas suxerencias de cousas para facer en familia:


(Clic na imaxe para descargar o arquivo pdf)

Listaxe de xogos 

Unha manualidade divertida: 

 CAMISETA ARCO DA VELLA

 

(Clic na imaxe para descargar o arquivo pdf)

 

70 ideas fácilas para xogar na casa

  • É recomendable que xoguen a xogos cooperativos na casa en familia
  • Tamén é un bo momento para traballar a autonomía persoal: colaborando na casa, na hixiene persoal, no vestido...

Ademais tamén se facilitan dúas actividades para poder xogar sobre o coronavirus para que comprendan mellor a que nos enfrontamos.

"ANTE TODO MOITA CALMA"

Clic nas imaxes para descargar os arquivos
xogo coronavirus 1

xogo coronavirus 2
calendario corentena EI

Contos Narrados por profesorado do centro

Contos Narrados

 

 Coronavirus no es un príncipe ni una princesa

IDEAS SENSORIAIS

IDEAS SENSORIAIS
 
RODAS DE CONCIENCIA FONOLÓXICA

 

Trátase de buscar os obxectos/anismais que comecen pola letra do centro da roda.

Non é preciso imprimir pódese descargar dende un teléfono ou táblet e xogar dende aí.

RODA CONCIENCIA FONOLÓXICA

RODA CONCIENCIA FONOLÓXICA

Audiocontos



INFORMACIÓN CORONAVIRUS

 

13 de marzo 2020


 


Novas Covid-19

 

 

12 de marzo 2020


 


INFORMACIÓN CORONAVIRUS

CLIC NA IMAXE PARA ACCEDER Á WEB DA XUNTA. AÍ SE PODE VER O VÍDEO ONDE SE INDICAN AS MEDIDAS QUE SE TOMARAN EN RELACIÓN AO COVID-19 ENTRE OUTRAS, AS QUE INFLÚEN TAMÉN NO PECHE DOS CENTROS EDUCATIVOS DURANTE 14 DÍAS.  

 

“…no ámbito da educación tomamos a decisión de suspender todas as actividades lectivas e  extraescolares en todos os niveis educativos para os próximos 14 días. Polo tanto, suspendemos as clases, se é posible a partir de mañá [día 13 de marzo de 2020], aínda que mañá permanecerán abertos os colexios, pero se é posible os pais e as nais que non leven aos seus nenos, as súas nenas, os seus fillos ás escolas infantís, ás escolas primarias, aos institutos de secundaria, de formación profesional, ás universidades, é dicir, a todos os niveis educativos  incluíndo tamén a formación profesional…”

INFORMACIÓN CORONAVIRUS

 

MÁIS INFORMACIÓN DE EDUCACIÓN



Semana da Prensa

Ao longo desta semana o alumnado do noso centro lembrará a importancia da prensa na sociedade.

Ademais, con motivo do 8 de marzo seguiremos centrando o foco das novas do noso mural en temática feminista.

(clic na imaxe para acceder á galería)

Semana da Prensa



Todo EI e 1º e 2º de EP escoitan a Caxoto Contacontos

Todo o alumnado de EI e o de 1º e 2º de EP hoxe puideron escoitar unha divertida historia da man de Caxoto Contacontos e a súa trastenda dos contos.

Cunha nena que quería ser pirata como protagonista, o alumnado descubriu que calquera pode ser o que queira e que non hai profesións de mulleres nin de homes, só de persoas.

(clic na imaxe para acceder á galería)

Todo EI e 1º e 2º de EP escoitan a Caxoto Contacontos



6º de EI visita o Ciclo de FPB de cociña e restauración

O alumnado de 6º de EI do noso centro hoxe tivo unha pequena visita o centro veciño IES Terra e Xallas.

Como sabedes o noso alumnado está a traballar no proxecto de "Somos cociñeiras e cociñeiros" e quen mellor para explicárllelo que o alumnado do Ciclo de FPB de Cociña e Restauración do citado centro. Deste xeito, puideron ver de primeira man como se prepara unha persoa para exercer tan necesaria profesión.

 (Clic na imaxe para acceder á galería)

6º de EI visita o Ciclo de FPB de cociña e restauración

 

 



8 de marzo, día Internacional da Muller

O Día Internacional da Muller é un bo momento para reflexionar acerca dos avances logrados, pedir máis cambios e celebrar a valentía e a determinación das mulleres de a pé que xogaron un papel crave na historia dos seus países e comunidades. 

 

Dende o noso centro quixemos dar voz e visibilidade a varias mulleres Xalleiras que destacan en distintos campos da ciencia e da tecnoloxía.

Grazas a todas as mulleres que acudiron ao noso centro para ser entrevistadas. Grazas por compartir o voso tempo, os vosos coñecementos e o voso cariño.

 

  • Rosa María Facal Varela (Arquitecta).
  • Fátima Sánchez Blanco (Arqueóloga).
  • Rocío Alonso Vieito (Delineante).
  • Olalla Maroñas Amigo (Científica).
  • María Dolores Cousillas Ferreiro (Enxeñeira Técnico Agrícola). 
  • Analía Míguez González (Estudante de Enxeñería Robótica).
  • María de los Ángeles Fariña Vieites (Policía Local).
  • María Mabel Antelo Collazo (Policía Nacional).

O alumnado preparou distintas cuestións para, hoxe día 6 de marzo, formularlle en diversas entrevistas dentro da radio do noso centro.

Se non puideches escoitarnos en directo... fai clic na imaxe para acceder á galería de imaxes, vídeos e podcast das entrevistas.

 8 de marzo, día Internacional da Muller

Ademais o alumnado de EI e de 1º e 2º de EP recibiu, para romper estereotipos de profesións asociadas a xénero masculino, a visita de dúas mulleres policias ás que tamén lles realizaron diversas preguntas.

Por úlitmo, non deixedes de consultar esta entrada da páxina da ONU que propón 12 pequenas accións con gran impacto para a xeración igualdade.

8 de marzo, día Internacional da Muller

 

8 de marzo, día Internacional da Muller

Parte da información desta entrada foi sacada da páxina da ONU



Mes do Ioga

Ao longo do mes de marzo o alumando do noso centro participará dun achegamento á calma e a quietude da man de Ana Prema, Pedagoga e Educadora Social cunha ampla formación en ioga, consciencia corporal, quietude e traballos grupais.

Esta actividade, que se encadra dentro do PDC do noso centro, ten entre outros os seguintes obxectivos:

  • Contactar coa capacidade de atención e concentración.
  • Tomar consciencia do propio corpo.
  • Desenvolver a socialización, crear sentimento de pertenza grupal e afianzar as alianzas de amizade entre as persoas participantes.
  • Aprender a canalizar as emocións e a xestionalas.

Non deixes de ver as fotos das sesións realizadas facendo clic na imaxe que segue. Iranse colgando ao longo de todo o mes según se vaian realizando.

(clic na imaxe para acceder á galería)

 

Mes do Ioga



Queima da Meca

E a Meca dixo adeus aos seus mandatos. O venres 28 prendemos lume a nosa Meca e desfrutamos dunha tarde de coplas do máis divertidas. Non te perdas a galería de imaxes e o vídeo facendo clic na imaxe que segue.

 



Queima da Meca

E a Meca dixo adeus aos seus mandatos. O venres 28 prendemos lume a nosa Meca e desfrutamos dunha tarde de coplas do máis divertidas. Non te perdas a galería de imaxes e o vídeo facendo clic na imaxe que segue.

 Queima da Meca



Día de Rosalía de Castro

O día 24 de febreiro celébrase o día de Rosalía de Castro.

O alumnado do noso centro leva semanas traballando en distintas creacións para honrar a unha das figuras literarias máis importantes do panorama galego.

(clic na imaxe para acceder)

Día de Rosalía de Castro

 

Canto sabes de Rosalía?



ENTROIDO NO BARRIÉ

O alumnado de EI e de EP do noso centro tivo hoxe un día de auténtica diversión. 

Realizamos un animado desfile pola nosa vila co apoio dunha marchosa charanga.

Máis tarde de novo en centro, desfrutamos de auténticos pratos tradicionais destas festas.

(clic na imaxe para acceder á galería de fotos e vídeos)

 

ENTROIDO NO BARRIÉ



Falamos cos noso compañeiros de China

O alumnado de 4º de EI B e o alumando de 3ºA de EP puideron hoxe saudar por videoconferencia aos seus compañeiros que se atopan en China.

Falamos cos noso compañeiros de China

 



A Meca manda

Esta semana a Meca manda! non esquezades seguir o seu mandato!

(clic na imaxe para acceder á galería)

A Meca manda

 

A Meca manda

A Meca manda luns

A Meca manda martes

A Meca manda mércores

A Meca manda xoves

A Meca manda venres



Carreira Solidaria

 “NON MÁIS BARREIRAS – DEÁMOSLLE A VOLTA AO CANCRO INFANTIL”

 

 

Hoxe tivo lugar a carreira solidaria para recadar fondos para ASANOG "Asociación de axuda a Nenos Oncolóxicos de Galicia". Por un circuíto circular de 500 metros foron correndo os nenos e nenas en quendas. Por cada volta percorrida cada neno ou nena ten distintos patrocinadores que se comprometen a doar unha cantidade de cartos (máximo 0,50 euros) por volta percorrida.

(Accede á galería facendo clic na imaxe)

Carreira Solidaria

 

Pola tarde foi a quenda na que participaron persoas adultas: mestres, mestras, pais, nais e persoal do centro.

 

Ademais, tamén participamos na dinámica #PaintGold que ten como finalidade visibilizar á loita contra o cancro infantil, polo que cada alumno ou alumna pintou na súa cara dúas liñas de cor dourada.

 

Carreira Solidaria 

 

A vindeira semana faremos o reconto de todo o recadado e organizaremos un acto de entrega de toda a recadación á dirección de ASANOG.

 

Pasámolo xenial, facendo exercicio e traballando por unha boa causa.

 

DEÁMOSLLE A VOLTA AO CANCRO INFANTIL!!!!

 


Entrada orixinal desta nova no blog do PDC, podes vela aquí



Día Mundial da Radio

 

NON TE PERDAS O NOSO PROGRAMA!

 

 

 O persoal da ONU explícanos que é este día:

A radio é un medio de comunicación único para celebrar a diversidade humana e constitúe unha plataforma para o discurso democrático. A radio segue sendo, ademais, o medio de comunicación máis usado en todo o mundo. Esta capacidade de chegar ao maior número de público posible convértea nunha ferramenta indispensable para dar forma á experiencia da sociedade na diversidade, e é o escenario perfecto para que todas as voces exprésense libremente, sentan representadas e poidan ser escoitadas. As emisoras de radio deben servir a comunidades diversas, ofrecer unha ampla variedade de programas, puntos de vista e contido, e deben reflectir a diversidade de audiencias nas súas organizacións e operacións.

 

 

No Día Mundial da Radio 2020, a UNESCO fai un chamamento ás emisoras de radio para que defendan a diversidade, tanto na súa sala de redacción como nas ondas.

Gif Día da Radio 

 

Esta edición do Día Mundial da Radio divídese en tres  subtemas principais:

 

  • Avogar polo pluralismo na radio, de modo que haxa unha combinación de medios públicos, privados e comunitarios.
  • Fomentar a representación na sala de redacción, onde os equipos estean integrados por diversos grupos da sociedade.
  • Promover a diversidade dos contidos editoriais e os tipos de programas para que reflictan a variedade dos públicos.

Día Mundial da Radio

 

Non deixedes de escoitar a nosa radio. Haberá moitas sorpresas!

Clic no boneco para acceder á radio

  

Texto traducido da páxina das Nacións Unidas



Día Internacional da Muller e da Nena na Ciencia

 

A ciencia e a igualdade de xénero son vitais para alcanzar os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible ( ODS). Nos últimos 15 anos, a comunidade internacional fixo un gran esforzo para inspirar e promover a participación das mulleres e as nenas na ciencia. Con todo, as mulleres seguen atopando obstáculos para desenvolverse no campo da ciencia.

 

Aquí podedes ver algún traballos realizado polo alumnado do centro:

 

(clic na imaxe para acceder)

 

Mulleres de Ciencia

 

A ciencia é unha disciplina colaborativa, pero tropeza co obstáculo da brecha de xénero.

 

Aquí tedes 11 mulleres que cambiaron a ciencia.

 

 

E aquí outras 26.

Mulleres de Ciencia

As nenas e os nenos obteñen os mesmos resultados en ciencias e matemáticas, pero só unha parte das estudantes opta por carreiras científicas na educación superior.

 

 Día Internacional da Muller e da Nena na Ciencia

 

Para estar á altura dos desafíos do século  XXI, necesitamos aproveitar todo o noso potencial. Ese esforzo esixe desmontar os estereotipos de xénero.

 

Hai que apoiar ás científicas e as investigadoras no exercicio da súa profesión. Aquí tedes algúns exemplos!

 

Esta científica axudou a acabar co Ébola.

 

 As mulleres fan que os equipo sexan máis fortes e creativos na NASA

 

 

Os Principios para o Empoderamento das Mulleres, establecidos pola ONU Mulleres, ofrecen orientación ás empresas e outras entidades.

 

Texto traducido da páxinas da Nacións Unidas



Día Mundial do Transplante

Durante varios anos España encabezou as listas como líder en doazóns de órganos, pero cunha cifra de 40,2 doantes por millón de persoas, un verdadeiro  record se o comparamos co resto dos índices mundiais.

 

 Día Mundial do Transplante

Ser doante é un dos actos máis humanos que existen, un xesto de solidariedade, amor e empatía. Moitas veces estas doazóns non están exentas de riscos ou molestias. E aínda así, a persoa toma a decisión de axudar a outra persoa que o necesita.

 

 

 

Texto traducido da páxinda díainternacionaldel.com



Día Mundial das Legumes

Que son os legumes?


 

Os legumes son as sementes comestibles das plantas  leguminosas que se cultivan para ser consumidas. Os feixóns secos, as lentellas e os chícharos son os tipos de legumes máis comunmente coñecidos e consumidos.

 

Están presentes nas distintas gastronomías de todo o mundo, desde o  humus no Mediterráneo (garavanzos), a un tradicional almorzo inglés ( feixóns brancos) ou o  dal da India (chícharos ou lentellas).

 

INFOGRAFÍA DOS LEGUMES BANDA DESEÑADA SOBRE OS LEGUMES 
Infografía dos legumes Banda deseñada sobre os legumes 

 

 

Os legumes non inclúen os cultivos que se cultivan verdes, como os chícharos verdes ou as xudías verdes, xa que estes clasifícanse como hortalizas. Tamén se exclúen os cultivos utilizados principalmente para a extracción de aceites, como a soia ou o cacahuete, e os cultivos  leguminosos que se utilizan exclusivamente para fins de sementa (sementes de trevo e alfalfa).

 

Por que é importante cultivar legumes?


 

Valor nutritivo

Os legumes conteñen moitos nutrientes e teñen un alto contido en proteínas, polo que son unha fonte ideal de proteína, en particular en rexións onde a carne e os lácteos non son moi accesibles, xa sexa física ou economicamente. Os legumes son, ademais, baixos en graxa e ricas en fibra, o que fai que poidan reducir o colesterol e axudar a controlar o azucre en sangue. Por todas estas calidades, as organizacións sanitarias recomendan o seu consumo para facer fronte ás enfermidades non transmisibles, como a diabetes e as enfermidades cardíacas. Tamén se demostrou que os legumes axudan a combater a obesidade.

 

Seguridade alimentaria

Para os agricultores, os legumes son un cultivo moi beneficioso porque poden vendelas e consumilas, o que lles axuda a manter a seguridade alimentaria dos seus fogares, ao mesmo tempo que xera estabilidade económica.

 

Beneficios ambientais

Os legumes teñen a capacidade de fixar o nitróxeno atmosférico nos chans, o que mellora a fertilidade do chan, e por tanto, aumenta a produtividade das terras de cultivo. Así mesmo, usando legumes para os cultivos  intercalados e de cobertura, os agricultores poden promover a biodiversidade agrícola e do chan, mantendo baixo control as pragas e enfermidades nocivas.

 

Así mesmo, os legumes poden contribuír á mitigación do cambio climático, reducindo a dependencia dos fertilizantes sintéticos utilizados para achegar nitróxeno ao chan. Durante a fabricación e aplicación destes fertilizantes libéranse gases de efecto invernadoiro e o seu uso excesivo pode ser prexudicial para o medio ambiente.

 

Texto traducido da páxina das Nacións Unidas



Día Mundial da Educación Ambiental

Todos os anos celébrase o 26 de xaneiro o Día Mundial da Educación Ambiental, unha efeméride que busca sensibilizar ás persoas sobre a delgada liña que existe entre o desenvolvemento humano e a conservación do planeta.

A educación ambiental pretende crear conciencia en todas as persoas sobre a importancia de coidar o medio ambiente, de protexer a flora e a fauna das súas localidades e sumarse ás iniciativas mundiais. Pero tamén busca facer presión aos gobernos para que cren políticas que resgarden as contornas naturais e dean solucións ás problemáticas ambientais do seu país.

Día Mundial da Educación Ambiental

 

Principais obxectivos do Día Mundial da Educación Ambiental:

  • Facer que as persoas tomen conciencia e sensibilícense con respecto aos problemas ambientais da súa contorna, para que poidan buscar, protexer e brindar solucións aos mesmos.
  • Educar á sociedade para que entendan que é o medio ambiente, a súa importancia e o delicado equilibrio que existe entre home e natureza.
  • Sementar valores ambientais.
  • Axudar aos grupos sociais a desenvolver as habilidades necesarias para buscar solucións aos problemas ecolóxicos da súa contorna inmediata.
  • Levar as estatísticas da realidade en materia ambiental e ensinarlle ás persoas para avaliar a evolución do proceso, ben sexa para evidenciar a melloría ou detectar unha problemática que se lles está indo das mans.
  • Incentivar a participación da sociedade na procura de solucións aos problemas do medio ambiente e a que eles teñen o deber de esixirlle aos gobernos que tomen medidas.



Día da Paz

Con motivo da celebración do Día Escolar da Non Violencia e da Paz no noso centro vanse levar a cabo, ao longo desta semana, varias actividades.

No día de hoxe o alumnado de EI e EP experimentou de primeira man algunhas das causas que adoitan romper a Paz no noso planeta: a desigualdade e o reparto inxusto.

Levouse a cabo unha dinámica en distintas estancias do centro na que o alumnado, previamente clasificado en tres zonas, dispoñía de distintos materiais para poder xogar. Atopáronse lugares cunha gran cantidade de materiais e espazo, outros con menos recursos e outros sen nada.

Tras unha hora de dinámica reflexionaron en aula, co profesorado titor, sobre que aspectos levaron a que se rompese a paz e as posibles solucións aos conflitos.

Dinámica Día da Paz

 Vídeo Día da Paz



Día Internacional Da Educación

A educación é un dereito humano, un ben público e unha responsabilidade colectiva.

 A Asemblea Xeral das Nacións Unidas proclamou o 24 de xaneiro Día Internacional da Educación en celebración do papel que a educación desempeña na paz e o desenvolvemento.

 Sen unha educación de calidade, inclusiva e equitativa para todos e de oportunidades de aprendizaxe ao longo de toda a vida, os países non lograrán alcanzar a igualdade de xénero nin romper o ciclo de pobreza que deixa atrasados a millóns de nenos, novos e adultos.

Na actualidade, 262 millóns de nenos e mozos seguen sen estar escolarizados, 617 millóns de nenos e adolescentes non poden ler nin manexan os  rudimentos do cálculo; menos do 40 por cento das nenas do África Subsahariana completan os estudos de secundaria baixa e uns 4 millóns de nenos e novos refuxiados non poden asistir á escola. O dereito á educación destas persoas vese afectado e iso é inaceptable.

(texto recollido e traducido da páxina da UNESCO)



Papá Noel no Barrié

O noso centro non para de recibir visitas incribles!

 

Hoxe o noso alumnado coñeceu nin máis nin menos que a Papá Noel!

Non deixes de ver a galería de imaxes.

(clic na imaxe para acceder)

Papá Noel no Barrié

 

Non deixes de ver o vídeo:

Papá Noel no Barrié



O CEIP PLURILINGÜE BARRIÉ DE LA MAZA QUERE FELICITAR ESTAS DATAS COA POSTAL DO CENTRO.

BO NADAL E SOSTIBLE E FELIZ ANINOVO

(clic na imaxe para descargar)

 Postal Nadal 2019_20

 

Árbore decorada con elementos realizados polo alumnado con material de refugallo

 

Bo Nadal



Noitevella no Barrié

No CEIP Plurilingüe Barrié de la Maza hoxe despedimos con antelación o ano. 

 

Despois de cantar panxoliñas tocou o reparto de cotillón e, vestidas de gala, todas as persoas comemos as uvas.

 

Ademais, tal e como manda a tradición, rematamos a nosa festa cun estupendo chocolate con churros.

 

Queres compartir con nós estes momentos? fai clic na imaxe que segue para acceder á galería dos eventos. 

Noitevella no Barrié

Non deixes de ver os vídeos da Noitevella e da chocolatada:

Noitevella no Barrié

 

Noitevella no Barrié

 



Imos ao cine

Hoxe tivemos realmente un auténtico Nadal de Cine. Todo o alumnado e profesorado do CEIP Plurilingüe Barrié de la Maza acudiu ao cine de Cee para ver a película Frozen 2.

Aquí tes o trailer da película:

Podes ver a galería de imaxes do evento facendo clic na imaxe que segue:

Imos ao cine

 

Mira aquí o vídeo:

Imos ao cine



Viñeron as Carteiras Reais

Hoxe todo o alumnado do CEIP Barrié de la Maza estibo de parabéns!

Con moita ledicia entregaron as cartas escritas con toda a ilusión as Carteiras Oficiais das Súas Maxestades de Oriente.

Ademais o alumnado non deixa de sorprendernos e de ensinarnos a importancia de manter a inocencia e a ilusión.

Non deixes de ver a galería de imaxes do momento.

(clic na imaxe para acceder)

Viñeron as Carteiras Reais 

Tamén podes ver os vídeos:

 

Viñeron as Carteiras Reais

 



Entrega chapa e decálogo xoguetes non sexistas

Tal e como estaba previsto, ao longo da xornada de hoxe o alumnado de 4º de EP participante na iniciativa "Que non te enganen con falsas ideas", repartiu polas aulas do centro unha chapa e un decálogo para lembrar a importancia de non escoller un xoguete en base a ideas sexistas.

(clic na imaxe para acceder á galería)

chapas e decálogo xoguetes non sexistas

 



Ao longo da historia da humanidade, a migración foi unha expresión valente da determinación individual de superar a adversidade e buscar unha vida mellor.

 

Na actualidade, a globalización, xunto cos avances nas comunicacións e o transporte, incrementou en gran medida o número de persoas que teñen o desexo e a capacidade de mudarse a outros lugares.

 

Esta nova era creou retos e oportunidades para sociedades en todo o mundo. Tamén serviu para subliñar o vínculo que hai entre migración e desenvolvemento, así como as oportunidades que ofrece para o  codesenvolvemento, é dicir, para a mellora concertada das condicións económicas e sociais tanto no lugar de orixe como no de destino. 

Día Internacional do Migrante

"Todos os  migrantes teñen dereito a igual protección de todos os seus dereitos humanos. Neste Día Internacional, insto os líderes e ás persoas de todo o mundo a que dean vida ao Pacto Mundial, para que a migración funcione para todos."

Antonio Guterres (Secretario Xeral da ONU)

 

Queres coñecer historias reais? fai clic na imaxe que segue:

 

Día Internacional do Migrante

 Tamén podes ver este vídeo para entender mellor toda esta cuestión:

 



Carta das súas Maxestades

As súas Maxestades de Oriente, enviaron unha carta ao noso centro. Non deixedes de botarlle un ollo á misiva que trae suculentas novas!

Carta das súas Maxestades



Contacontos Ula-Lúa?

Hoxe no CEIP Barrié de la Maza tivemos a visita dunha contocontos moi especial: Celtia Figueiras e a obra Ula Lúa?.

 

O alumnado dende Educación Infantil ata 3º de Educación Primaria, desfrutou desta bonita historia.

 (Clic na imaxe para acceder á galería)

Contacontos Ula-Lúa?



25 N

 

Hoxe no noso centro foi un día de lembranzas. O alumnado colocou no mural as noticias recollidas coas súas familias sobre mulleres vítimas dunha das grandes lacras da sociedade, a violencia contra a muller. 

25 N

Non deixe de ver a galería de imaxes da construción do noso mural

(clic na imaxe para acceder á galería)

25 N

 

Por que debemos eliminar a violencia contra a muller?

A violencia contra mulleres e nenas é unha das violacións dos dereitos humanos máis estendidas, persistentes e devastadoras do mundo actual sobre as que apenas se informa debido á impunidade da cal gozan os  perpetradores, e o silencio, a  estigmatización e a vergoña que sofren as vítimas.

 

Non deixes de ver o vídeo que segue facendo clic na imaxe así como outras animacións con datos destacables sobre este día. Vídeo 25N

En forma xeral, a violencia maniféstase de forma física, sexual e psicolóxica e inclúe:

 

1.- Violencia por un compañeiro sentimental (violencia física, malos tratos psicolóxicos, violación conxugal,  femicidio).

 

2.- Violencia sexual e acoso (violación, actos sexuais forzados, insinuacións sexuais non desexadas, abuso sexual infantil, matrimonio forzado, espreita, acoso na rúa, acoso  cibernético).

 

3.- Trata de seres humanos (escravitude, explotación sexual).

 

4.- Mutilación xenital.

 

5.- Matrimonio infantil.

 

Accede á páxina da ONU facendo clic na imaxe que segue.

25 N

 

No es no

Podes ver máis material para traballar a igualdade neste apartado da nosa web.

 (texto traducido ao galego da páxina da ONU)



O noso centro participará na CodeWeek a través dunha actividade na que simularán ser robots e programadores. A actividade, deseñada polo italiano Alessandro Bogliolo e posta en marcha polo equipo de TIC do noso centro, permite introducir ao alumnado no pensamento computacional e na resolución de problemas dunha maneira divertida. 

CodeWeekQueres ver como se fai? Mira o vídeo que segue.

 



Non máis princesas, contacontos con Pedro Brandariz

Alumnado de EI e EP do noso centro puido desfrutar dun contacontos moi especial. Non máis princesas, así era o título proposto por Pedro Brandariz para acoller unha iniciativa inspirada en contos cunha clara mensaxe de igualdade e que avogan por romper con estereotipos asociados ao xénero.

(non te perdas as fotos e o vídeo na nosa galería facendo clic na imaxe)



Comeza o curso escolar

Hoxe  no CEIP Barrié de la Maza pasamos un día de moita ilusión e nervios. Comezou un novo curso escolar e non puido ser de mellor maneira. O alumnado do noso centro desfrutou das cancións e bailes do Capitán Garfo e estivemos cociñando música. Ademais, o noso profe de música tocou con el!

Non vos perdades a galería de imaxes e vídeo (clic na imaxe para acceder)

Don Garfo cociñando música

Queres escoitar de novo ao Capitán Garfo?

 



Os nenos e nenas de Educación Infantil celebramos a Semana da Prensa elaborando o noso propio xornal.

Grazas a esta tarefa, puxémonos na pel dos que están detrás das noticias que recibimos a diario. Tamén aprendemos a valorar a importancia da información que nos chega a través de diferentes medios de comunicación: xornais, radio, televisión, internet…

Á hora de elaborar este xornal fixemos unha división estratéxica do traballo, que nos axudou a recoñecer as distintas profesións relacionadas co medio; uns encargáronse de buscar a noticia e escribila (redactores), outros sacaron a mellor foto (fotógrafos), outros elaboraron os debuxos (debuxantes) e por último, pero non menos importante, outros encargáronse da publicidade (publicistas).

Aquí vos deixamos o resultado final do noso traballo cooperativo, desexamos que vos guste!


 



Seguindo coa tradición e co traballo do millo, os nenos e nenas de Educación Infantil volveron a implicarse nesta tarefa tan propia da contorna.

Desta vez, tocou debullar o millo entre todos e todas. Foi unha actividade moi divertida, na que gozaron á par que tamén aprenderon moito.



En días pasados realizouse no centro para os nenos de 4 e 5 anos a actividade do Hospital de osiños. Consistiu en montar un hospital ficticio no centro ao que debían levar os seus osiños de peluche. Este centro hospitalario foi creado e atendido por estudantes da carreira de Medicina da USC que montaron os diferentes departamentos do mesmo: consultas, cirurxía, raios... Os nenos e nenas de Ed. Infantil aprenderon un montón de cousas sobre hábitos saudables, hixiene, coidados persoais, primeiros auxilios... grazas ao traballo realizado por estes estudantes. Unha actividade moi bonita e moi divertida.

Aquí vos deixamos unhas imaxes da mesma e premendo neste enlace podedes acceder á galería de fotos.

 



O pasado venres 6 de maio o alumnado de Ed. Infantil realizou a saída de fin de curso ao Centro ecuestre O Ventoso en Laracha. Pasamos un día moi completo no cal puidemos montar a cabalo, achegarnos aos ponis, fixemos pan coma se fosemos panadeiros... Pasamos un día moi completo e divertido todos xuntos! Aquí podedes ver algunhas fotos desta saída.

 

 



As nenas e nenos de Ed. Infantil do noso colexio participamos no sorteo que a Asociación de Empresarios de Santa Comba realizou no noso centro. Gustounos moito participar e todos saímos a sacar bolas e, ademais, recibimos un agasallo por colaborar nesta actividade.

Noraboa aos premiados!

 

 

 



O pasado venres 22 de maio todo o alumnado de Ed. Infantil fomos de excursión de fin de curso ao Ezaro-Pindo. A Confraría do Pindo organizou para nós actividades moi entretidas nas que aprendemos diversas artes de pesca, montamos nunha gamela, fomos de roteiro polo Pindo e a ver A Farola... Pasamos un día moi divertido que rematou coa visita á Cascada do Ézaro e a comida no parque que alí ao lado se atopa.

Aquí podedes ver algunhas fotos do ben que o pasamos ese día:

 

 



O día 23 de abril os nenos e nenas de Ed. Infantil fomos de excursión á Coruña a ver o concerto "Jazz animados" no Palacio da Opera da cidade. Ademáis, aproveitamos para facer unha saída saudable que consistiu nunha camiñata polo parque de Santa Margarita antes de chegar ao concerto. Esta "Saída saudable" está enmarcada dentro do Proxecto Deportivo de Centro, premendo nesta ligazón, accederedes ao Blog do proxecto onde atoparedes moita máis información do mesmo.

 



 

Felices festas para todos e que disfrutedes moito co noso lipdub!

Puxémoslle a máxima ilusión e traballo.



Aquí tedes a galería cos fotos das actividades que realizamos o último día antes de Nadal: peliculas, visita de Papá Noel, proxección do lipdub e dos "cantos de reis", chocolatada, panxoliñas...

Foi un día moi intenso

Premendo neste enlace podedes ver máis imaxes.



O número premiado no sorteo da cesta de nadal foi o 7052 sorteado ante os nenos no comedor.

Aquí temos á premiada recollendo a cesta.

 



 

 Xa temos gañador da cesta de Nadal das rifas dos nenos de 6º: número 820.

Noraboa ao premiado/a.



vida saudable

O noso centro acaba de ser galardoado co "Sello de Vida Saludable" polo Ministerio de Educación.

Publicación do BOE



Impreso autodeclaración Comedor Escolar Curso 2024-25

Xa está á disposición das familias o impreso de autodeclaración para comedor escolar do curso 2024-25.

Nos documentos tedes o modelo a cubrir e as aclaracións para o cálculo da renda anual familiar. 

Entregarse na secretaría do centro en horario de 10 a 13:00h.ata o 8 de xullo sen cita previa e a partir do 9 con cita previa no número 654 15 77 13 (Agosto mes inhábil)

O prazo remata o 11 de setembro

 

Modelo autodeclaración

Instrución 1/2024

autodeclaración instrución comedor 23-24

Clic aquí para descargar as aclaracións

 

 



Horario xuño

Lembramos que o luns 3 de xuño comezamos co horario de xornada en sesión única de mañá.

O horario será exactamente igual ao que tiñamos no mes de setembro.

A entrada do alumnado (tanto transportado como non transportado será entre as 8:50 e as 9:00 horas polo portalón).

A entrega do alumnado usuario de comedor e non transportado farase pola porta principal a partir das 15:15 h.

Podedes revisar o horario neste enlace



Resultados votación xornada única 23/24

Resultados da votación xornada única.

Censo: 339.

Votos emitidos: 281.

Votos a favor: 213.

Votos en contra: 65.

Votos en branco: 2.

Votos nulos: 1.

Maioría absoluta: 197.

 

Acádase polo tanto a xornada única para o noso centro cun total de 213 votos a favor.

 



Do you want to learn about Easter in the United States? Clic on the image below.

Easter in the US



  

O 15 de febreiro celébrase o Día Internacional do Cancro Infantil co obxectivo principal de que todos os nenos en calquera lugar do mundo teñan acceso a un diagnóstico e tratamento preciso e a tempo, incluíndo atención psicolóxica. E á súa vez tamén para sensibilizar e concienciar sobre os desafíos aos que se enfrontan os nenos con cancro e as súas familias.

 

Dende o noso centro propoñemos que ese día, todo o alumnado acuda á escola cun pano na cabeza.

 

 

O obxectivo é concienciar e dar visibilidade a esa efeméride tan dura que poden chegar a padecer as nosas e os nosos pequenos.

 

Nena en hospital

Día Mundial do neno/a con Cancro

 A morte de nenos con cancro é evitable cun diagnóstico temperán, dispoñibilidade e acceso a tratamentos e coidados apropiados, así como as medicinas esenciais alcanzables. O obxectivo deste día é conseguir reducir este número ao máximo posible traballando en conxunto.

 

Aprende máis con este vídeo:

 

 



Miniatura dereitos humanos

O Día dos Dereitos Humanos celébrase cada 10 de decembro, coincidindo coa data en que a Asemblea Xeral adoptou a Declaración Universal de Dereitos Humanos, en 1948. Trátase dun documento histórico que proclamou os dereitos  inalienables inherentes a todos os seres humanos, sen importar a súa raza, cor, relixión, sexo, idioma, opinións políticas ou doutra índole, orixe nacional ou social, propiedades, lugar de nacemento, nin ningunha outra condición. É o documento máis traducido do mundo e está dispoñible en máis de 500 idiomas.

Dereitos humanos

 

Genially

 

Clic na imaxe para ver o documento orixinal 

 

Día dos Dereitos Humanos

 Aprende máis con este vídeo

 

 Clic na imaxe para ver unha versión ilustrada os dereitos.

Día dos Dereitos Humanos

 

Para máis información clic na imaxe para acceder á páxina da ONU 

ONU Dereitos Humanos

 



miniatura xornada única

Xa foi realizado o sorte das persoas que formarán parte da mesa electoral. A administrativa do centro está xa contactando con elas para informalas. Deixamos a captura da imaxe cos números correspondentes coa lista do censo de familias. 

números censo familias

 

Lembramos ademais que mañá 7 de maio terá lugar no noso centro educativo a charla informativa sobre a xornada para as familias en dous horarios, 16:30 e 18:00.  Lembrar tamén que se pode acudir a calquera das charlas.

 

Sorteo público das persoas que van compoñer a mesa electoral: luns 6 de maio ás 11.15 no noso centro.

 

O martes 14 de maio de 2024 terá lugar a votación da xornada única.

Previo a esa data dende o centro vanse dar dúas charlas informativas para as familias no seguinte día e horas.

  • 7 de maio de 2024 
    • 16:30 
    • 18:00
  • Lugar comedor do centro educativo.

Nota: pódese acudir a calquera das charlas ofrécense dúas horas para facilitar a conciliación.

  


   

Xa tiñamos colgado o proxecto da xornada. Non deixedes de consultar ese documento e os outros que poden ser do voso interese. 

 

Moi boas familias, facendo clic nos textos que seguen podedes acceder a:

 

 

 



EDUCACIÓN INFANTIL

 

REUNIÓNS, NOTA INFORMATIVA E MATERIAIS

Terá lugar unha reunión coas familias de Educación Infantil o xoves 7 de setembro ás 12:30 h.

 

NOTA INFORMATIVA EDUCACIÓN INFANTIL CURSO 2023-24 

 

MATERIAIS 3 ANOS

3 anos

MATERIAIS 4 ANOS

4 anos

MATERIAIS 5 ANOS 

5 anos

 

 



Impreso autodeclaración Comedor Escolar Curso 2023-24

Xa está á disposición das familias o impreso de autodeclaración para comedor escolar do curso 2023-24.

Nos documentos tedes o modelo a cubrir e as aclaracións para o cálculo da renda anual familiar. 

Entregarse na secretaría do centro en horario de 10 a 13:00h.ata o 10 de xullo sen cita previa e a partir do 11 con cita previa no número 642 37 46 55

O prazo remata o 11 de setembro

 

Modelo autodelcaración

Instrución 2/2023 

autodeclaración instrución comedor 23-24

Clic aquí para descargar as aclaracións

 

 



HORARIO DE VERÁN

Teléfono para solicitar cita previa ou consulta telefónica a partires do 11 de xullo e ata o 31 de xullo:

642 37 46 55 

Horario de solicitude de cita previa ou consulta telefónica de 10:00 a 13:00 h. de luns a venres.

 horario verán 2



día mundial do medio ambiente

 

A Terra enfróntase a unha tripla emerxencia planetaria: o clima está quentando a un ritmo demasiado rápido para que as persoas e a natureza se adapten; a perda de hábitat e outras presións sobre a natureza levaron a que 1 millón de especies estean ameazadas de extinción; e a contaminación segue envelenando o noso aire, terra e auga.

 

Saír deste atolladoiro implica transformar as nosas economías e sociedades para facelas máis inclusivas, máis xustas e máis respectuosas coa natureza. Debemos pasar de danar o planeta a curalo. 

Unidade didáctica para 5ºe 6º de EP: enlace aquí

 

Recursos de SOGAMA

SOGAMA

 

Aprende cos Bolechas 

  Para máis recursos podes consultar este Genially.

 

 

 

 



Publicouse no DOG do venres 19 de maio de 2023 a orde para solicitar as axudas para libros do alumnado de 1º e 2º de Primaria, o fondo solidario de libros para o alumnado de 3º e 4º de Primaria e as axudas para mateiral escolar do alumnado de toda primaria. Poden descargar o DOG pulsando aquí.

Para o curso 2023/2024 os alumnos de 5º e 6º de Primaria non teñen fondo de libros xa que están incluidos no proxecto E-dixgal e recibiran un ordenador ao principio de curso.

As solicitudes presentaranse preferentemente vía telemática a través da aplicación Fondolibros da Consellería de Educación. O plazo de presentación de solicitudes é do 20 de maio ata o 21 de xuño ambos incluidos. Tamén se pode presentar presencialmente no colexio.

Poden descargar as follas informativas que realizou o colexio pulsando en cada unha delas:

Tamén poden descargar a solicitude pulsando aquí e presentala presencialmente.

 



becas neae 23-24

Neste apartado podedes atopar a documentación que vaia sendo publicada en relación coas axudas para alumnado NEAE para o curso académico 2023-24

O prazo de presentación de solicitudes estenderase dende o 8 de maio do 2023 ata o 20 de setembro de 2023



instrucións votación xornada mixta

Moi boas familias, facendo clic na imaxe que segue podedes acceder á folla de información sobre a votación da xornada mixta.

Será preciso identificarse para poder votar (DNI, NIE, carnet de conducir, pasaporte etc...) 

nota previa a día da votación 22_23

Descarga aquí a nota en castelán

 

Deixamos tamén a papeleta por se desexan traela xa da casa. De todas formas tamén se disporá de papeletas no centro educativo.

(clic na foto que segue para descargar a papeleta, tamén disporedes delas no centro para cubrir)

papeleta



Votación xornada mixta 22-23

Moi boas familias, facendo clic na imaxe que segue podedes acceder á folla de información sobre a votación da xornada mixta.

(clic para descargar)

Información xornada mixta



texto postais nadal 22-23

Estamos moi orgullosas e orgullosos de anunciar que o noso alumno Pedro de 4ºB vén de gañar o primeiro premio do concurso de postais de Nadal, organizado polo Concello de Santa Comba, deste ano 2022.

Tamén queremos felicitar a Venus de 4ºC por facerse cun accésit no citado evento.

PARABÉNS!

Postal Nadal gañadora concurso 22-23



Agradecemento ACNURR

O CEIP Plurilingüe Barrié de la Maza vén de recibir o agradecemento de ACNUR pola doazón realizada.

Podes ver o diploma facendo clic aquí



DÍA DA INFANCIA E 25 N

FAI CLIC NA IMAXE PARA DESCARGAR O DOCUMENTO

 RECURSOS 25N DÍA INFANCIA



axudas mascarillas 21-22

A Consellería de Educación vai repartir mascarillas entre o alumnado matriculado en primaria. Vanas recibir directamente o alumnado beneficiario das axudas de material escolar. O alumnado que non solicitou a axuda de material escolar tendo dereito a ela pode entregar unha solicitude no colexio desde o 15 de novembro ata o 26 de novembro en horario de 9:40 a 13:30.

Alumnado destinatario:

  1. Alumnado beneficiario da axuda para adquirir material escolar neste curso (NON TEN QUE PRESENTAR SOLICITUDE)
  2. Alumnado que non foi beneficiario (por distintas razóns) e pertence a unha familia con renda per cápita igual ou inferior a 6.000 € (PRESENTAR SOLICITUDE)
  3. Alumnado matriculado en Educación Especial, baixo tutela ou garda da Xunta de Galicia, ou teña unha discapacidade igual ou superior ao 65% (PRESENTAR SOLICITUDE)

Poden consultar a documentación desta axuda nos seguintes enlaces:

SO TEN QUE ENTREGAR A SOLICITUDE O ALUMNADO QUE NON SOLICITOU A AXUDA DE MATERIAL ESCOLAR



 Día Mundial da Saúde

 

No ano 1948, a Asemblea Mundial da Saúde proclamou o 7 de abril como Día Mundial da Saúde. Esta data foi escollida en conmemoración á fundación da Organización Mundial da Saúde (OMS) e coa necesidade de crear conciencia sobre as enfermidades mortais mundiais e crear hábitos sans nas persoas.

A celebración deste día leva a cabo desde o 7 de abril de 1950 e anualmente escóllese un tema que estea baseado nas necesidades e suxerencias que realizan os Estados membros.

 

Aprende máis con este Genially

 

 



Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller

 

O 25 de novembro celébrase o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller, para denunciar a violencia que se exerce sobre as mulleres en todo o mundo e reclamar políticas en todos os países para a súa erradicación.

 

A Ley Orgánica 1/2004, de 28 de diciembre, de Medidas de Protección Integral contra la Violencia de Género, no seu artigo 1.1 define a violencia de xénero como aquela que, “como manifestación da discriminación, a situación de desigualdade e as relacións de poder dos homes sobre as mulleres, exércese sobre estas por parte de quen sexan ou foran o seus cónxuxes ou de quen estean ou estiveran ligados a elas por relacións similares de afectividade, aínda sen convivencia” e “comprende todo acto de violencia física e psicolóxica, incluídas as agresións á liberdade sexual, as ameazas, as coaccións ou a privación arbitraria da liberdade”.

 

Desde o CEIP Plurilingüe Barrié de la Maza queremos propoñervos unha serie de recursos para traballar esta conmemoración.

 

Dunha banda, ofrecemos esta guía didáctica para traballar a eliminación da violencia contra a muller durante todo o mes de novembro.

 

Guía didáctica para traballar a eliminación da violencia contra a muller

 

Na última páxina desta guía didáctica recóllese un enlace para accedera máis recursos propostos polo Equipo de Dinamización da Lingua Galega, aos cales podedes acceder tamén facendo clic na seguinte imaxe.

 

Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller

 

 

Finalmente, desde o Equipo de Biblioteca Escolar propoñemos unhas lecturas adecuadas aos distintos niveis educativos para traballar esta temática, ás cales podedes acceder facendo clic na imaxe seguinte.

 

Enlace á web da biblioteca escolar



 Como buscar no catálogo da biblioteca?

 

Facendo clic AQUÍ accederedes á sección do catálogo

de libros do blog do Bibliorrato Xalleiro.

 

Aquí atoparedes un vídeo onde se explica paso a paso

como buscar un libro na biblioteca escolar do CEIP

Plurilingüe Barrié de la Maza. 



 Samaín no Barrié 20_21

Este ano é diferente aos anteriores. Non podemos poñer caixas misteriosas polos corredores para descubrir a cegas o que hai no seu interior, non podemos colgar adornos polos corredores creando un ambiente terrorífico, non podemos ir polas clases dando sustos nin reunirnos todos xuntos para ver unha película no ximnasio ou na Biblioteca. Pero si podemos seguir celebrando a festa do Samaín doutras formas. Por iso, desde aquí queremos facilitarvos unha chea de recursos que estivemos preparando para que sigamos disfrutando desta festa.

 

Dunha banda, no blog do Equipo de Dinamización da Lingua Galega atoparedes os seguintes recursos:

  • Podcasts de Samaín: aquí atoparedes as historias de medo contadas polo alumnado do CEIP Plurilingüe Barrié de la Maza, ás cales poderedes acceder a partir do venres 30, despois da súa primeira emisión en directo ás 11:40 horas a través da emisora da nosa radio escolar: Barrié nas Ondas

 

  • Curtametraxes de medo: recóllense nesta sección diversas propostas de curtas para proxectar nas aulas o día 30 pola tarde. O profesorado escollerá unha curtametraxe ou varias, mais na casa podedes ver todas con máis tempo.

 

  • Recursos de Samaín: nesta sección podedes acceder a unha presentación de Genially cunha chea de recursos para traballar o Samaín (cancións, contos, manualidades, receitas, unidades didácticas, etc.).

 

 Facendo clic na imaxe podes acceder a todos estos recursos:

 

Samaín no Barrié

 

 

Doutra banda, desde o blog do Bibliorrato (da Biblioteca Escolar), podedes acceder ás recomendacións de lecturas con temática da festa do Samaín que vos propoñemos desde o Equipo de Biblioteca Escolar.

Fai clic na imaxe para descubrir todos os títulos!

 

Recomendacións de lecturas

 

Dende o CEIP Plurilingüe Barrié de la Maza queremos desexarvos un

FELIZ SAMAÍN!



Este 24 de outubro celébrase o Día Internacional das Bibliotecas Escolares e dado que este ano non se poden levar a cabo moitas das actividades que se estaban a desenvolver, estamos preparando novidades no blog do Bibliorrato para ofrecervos moitos recursos.

 

Así, queremos celebrar este día estreando dúas seccións do blog:

 

Unha delas é o catálogo da Biblioteca. Dunha banda pódese consultar no proxecto MEIGA todos os fondos da Biblioteca do CEIP Plurilingüe Barrié de la Maza. Doutra banda, contamos tamén cun catálogo máis visual segundo a temática, que iremos actualizando pouquiño a pouco.

Podes consultar o catálogo facendo clic AQUÍ.

 

Outra das seccións novas é QUE PODO LER? Nesta recóllense recomendacións semanais de libros que se atopan na biblioteca. Unhas semanas serán máis adecuados para os máis pequenos e outras para os máis maiores.

AQUÍ podes atopar cada semana unha nova recomendación.

 

Que podo ler?

 

Ademais, aproveitamos a celebración do Día Internacional da Biblioteca Escolar para compartir con vós a exposición da Biblioteca sobre a temática do Samaín. Podedes consultar estes fondos a través do blog do Bibliorrato facendo clic AQUÍ.

 

Samaín no Barrié



Charla saúde bucodental

O alumnado de 5 anos de Educación Infantil e o alumnado de 1º e 2º de EP tiveron no día de hoxe unha charla. Aprenderon a importancia de coidar a saúde das súas bocas.

(Podes ver fotos facendo clic na imaxe.)

Charla saúde bucodental



Día Mundial da Neve

O 19 de decembro celébrase o Día Mundial da Neve (World  Snow  Day) co obxectivo de promocionar os deportes brancos e o goce da natureza. Este día foi proclamado pola Federación Internacional de Esquí, e celébrase en todas as estacións de esquí do mundo, con actividades que convidan a estar en contacto co branco elemento.

 

Pero ademais de celebrar o deporte e a natureza, o Día Mundial da Neve tamén debe servir para concienciar sobre os perigos dos aludes e grandes nevadas en cotas baixas que poden producir incidencias nas estradas.

 

E por suposto, o máis importante. A neve é moi beneficiosa para o medio ambiente, xa que forma parte do ciclo da auga. A neve que se acumula durante o inverno en zonas de montaña funciona como un almacén de auga que se libera na primavera co desxeo e que vai parar aos encoros e aos ríos.



Hoxe o CEIP Barrié de la Maza deu auténtico medo. Todo o alumnado e o profesorado pasou un día verdadeiramente arrepiante. Non faltaron os sustos pero sobre todo tamén as risas.

 

Ademais puidemos desfrutar a bonita película de Coco, unha longametraxe chea de mensaxes positivas.

 

Non te pergas a nosa galería de imaxes e vídeos facendo clic na foto que segue.

SAMAÍN



Neste día unifícase a celebración de todos os patróns dos distintos niveis educativos, polos beneficios organizativos e pedagóxicos que a devandita unificación implica.



 

Día da biblioteca

O noso alumnado despexou todas as dúbidas. O misterio que se estaba tramando no CEIP Barrié de la Maza era que a biblioteca do centro estaba a piques de abrir. Ao longo dos días pasados todo o alumnado estivo investigando este gran misterio. Por fin está resolto! Hoxe 24 de outubro celebramos o Día internacional das Bibliotecas.

Día da biblioteca



Anacos de vida

Podes ver o episodio completo facendo clic na imaxe que segue:

Anacos de vida

O xoves 31 de outubro ás 20:30 no auditorio, edificio de multiusos de Santa Comba, terá lugar a pre-estrea do programa "Anacos de vida".

No episodio en cestión participou alumnado do noso centro e persoas maiores da vila de Santa Comba. 

Anacos de vida



Anacos de vida

O xoves 31 de outubro ás 20:30 no auditorio, edificio de multiusos de Santa Comba, terá lugar a pre-estrea do programa "Anacos de vida".

No episodio en cestión participou alumnado do noso centro e persoas maiores da vila de Santa Comba. 

Anacos de vida



O venres 20 de setembro alumnado de EI e de 1º de EP do noso centro visitou e desfrutou dunha obra de teatro na Biblioteca Municipal do noso Concello.



No día de hoxe Pablo Seoane visitou o CEIP Barrié de la Maza. Deu a coñecer a súa labor de ensino da música tradicional galega con alumnado do noso centro.

 (No vos perdadeas a galería e imaxes e o vídeo)

Pablo Seoane no noso centro

Distribuir contido


by Dr. Radut