A Consellería de Educación vai repartir mascarillas entre o alumnado matriculado en primaria. Vanas recibir directamente o alumnado beneficiario das axudas de material escolar. O alumnado que non solicitou a axuda de material escolar tendo dereito a ela pode entregar unha solicitude no colexio desde o 15 de novembro ata o 26 de novembro en horario de 9:40 a 13:30.
Alumnado destinatario:
- Alumnado beneficiario da axuda para adquirir material escolar neste curso (NON TEN QUE PRESENTAR SOLICITUDE)
- Alumnado que non foi beneficiario (por distintas razóns) e pertence a unha familia con renda per cápita igual ou inferior a 6.000 € (PRESENTAR SOLICITUDE)
- Alumnado matriculado en Educación Especial, baixo tutela ou garda da Xunta de Galicia, ou teña unha discapacidade igual ou superior ao 65% (PRESENTAR SOLICITUDE)
Poden consultar a documentación desta axuda nos seguintes enlaces:
SO TEN QUE ENTREGAR A SOLICITUDE O ALUMNADO QUE NON SOLICITOU A AXUDA DE MATERIAL ESCOLAR