CONVIVE-T
3. CONVIVE-T.
A escola, como unha das grandes institucións sociais que é, ten a obriga de ser un ámbito de convivencia pacífica, democrática e respectuosa dos dereitos de todos os seus integrantes, pois só así adquire significado a tarefa educativa. En consecuencia, todas as accións que se poñan en marcha para xerar un clima de seguridade, respecto e confianza no contexto escolar logran que se fomente no alumnado unha mellora da convivencia, promovendo un sentimento e interese pola diversidade de calquera índole.
![ciberseguridade](/centros/ceipbarriemaza/system/files/u60/texto%20ciberseguridade.png)
O alumnado de 5ºB puido gozar dunha charla de ciberseguridade. Esta charla online e gratis foi grazas a Fundación ABANCA.
![ciberseguridade](/centros/ceipbarriemaza/system/files/u60/Captura%20de%20pantalla%202022-01-13%20a%20las%2018.06.31.png)
Se queres ver a mesma charla fai clic na imaxe que segue
![ciberseguridade](/centros/ceipbarriemaza/system/files/u60/Fundacio%CC%81n%20ABANCA.png)