O noso centro participará na CodeWeek a través dunha actividade na que simularán ser robots e programadores. A actividade, deseñada polo italiano Alessandro Bogliolo e posta en marcha polo equipo de TIC do noso centro, permite introducir ao alumnado no pensamento computacional e na resolución de problemas dunha maneira divertida.
Queres ver como se fai? Mira o vídeo que segue.