A síndrome de Down sempre formou parte da condición humana, existe en todas as rexións do mundo e habitualmente ten efectos variables nos estilos de aprendizaxe, as características físicas ou a saúde.
O acceso adecuado á atención da saúde, aos programas de intervención temperá e ao ensino inclusivo, así como a investigación adecuada, son vitais para o crecemento e o desenvolvemento da persoa.
Nesta data son varias as entidades que propoñen distintas iniciativas.
DownEspaña aposta pola campama #LosVerdaderosInfluencers. Así, durante 24 horas, persoas con Síndorme de Down se porán no lugar dos maiores influencers do noso país.
Por outro lado, dende a páxina oficial do world down syndrome day aléntannos a usar calcetíns de cores e subir fotos cos seus hashtags #LotsOfSocks , #WorldDownSyndromeDay e #WDSD20.
Non deixedes de escoitar este conto sobre a Síndrome de Down