Skip to Content

Día das Letras Galegas - Ricardo Carballo Calero

 Día das Letras Galegas - Ricardo Carballo Calero 

AS PITAS BAIXO A CHOIVA

Ola familias!

Desde o Equipo de Dinamización da Lingua Galega traemos una nova proposta de actividade de cara a celebración das Letras Galegas 2020. Recordade que podedes consultar datos sobre a biografía e as obras de Carvalho Calero no blog do EDLG, mais esta vez a idea é afondar un pouco nunha das súas obras: As pitas baixo a choiva.

A actividade consiste no seguinte: subirase á páxina web do centro unha breve representación desta obra para que a partir da súa visualización o alumnado faga unha representación gráfica do conto, que pode ser un debuxo, a creación das personaxes con obxectos que teñan por casa, a representación dalgunha escena, un collage formando o título da obra e o nome do autor, etc.

Facendo clic na seguinte imaxe podedes ver o conto e as fotografías que vaiades enviando ao enderezo electrónico nerea.einfantil@gmail.com

Agueiro DLG

 

 

A continuación móstranse algúns exemplos que podedes ter en conta, pero lembrade que o importante é dar liberdade á vosa imaxinación.

Exemplo 4 Exemplo 3
Exemplo 2 Exemplo 1

 

Lembrade ademais, que facendo clic na imaxe inferior tedes acceso a moitos máis recursos.

Recursos DLG



page | by Dr. Radut