Skip to Content

Día Internacional Da Educación

Día Internacional Da Educación

A educación é un dereito humano, un ben público e unha responsabilidade colectiva.

 A Asemblea Xeral das Nacións Unidas proclamou o 24 de xaneiro Día Internacional da Educación en celebración do papel que a educación desempeña na paz e o desenvolvemento.

 Sen unha educación de calidade, inclusiva e equitativa para todos e de oportunidades de aprendizaxe ao longo de toda a vida, os países non lograrán alcanzar a igualdade de xénero nin romper o ciclo de pobreza que deixa atrasados a millóns de nenos, novos e adultos.

Na actualidade, 262 millóns de nenos e mozos seguen sen estar escolarizados, 617 millóns de nenos e adolescentes non poden ler nin manexan os  rudimentos do cálculo; menos do 40 por cento das nenas do África Subsahariana completan os estudos de secundaria baixa e uns 4 millóns de nenos e novos refuxiados non poden asistir á escola. O dereito á educación destas persoas vese afectado e iso é inaceptable.

(texto recollido e traducido da páxina da UNESCO)



page | by Dr. Radut