Seguindo coa tradición e co traballo do millo, os nenos e nenas de Educación Infantil volveron a implicarse nesta tarefa tan propia da contorna.
Desta vez, tocou debullar o millo entre todos e todas. Foi unha actividade moi divertida, na que gozaron á par que tamén aprenderon moito.